Primeiro, coma fan os moi retóricos, falemos da sala: é un restaurante pequeniño (6 mesas, 3 de elas grandes, con sitio para máis de 8 persoas), decorado de xeito un pouco retro, moi cuquiño. De todos os restuarantes galegos que teño visitado, é o que máis me lembra un restaurante parisino clásico: un sitio pequeno, acolledor, sen moito ruido, e no que tes ó cociñeiro pasando ás veces xunto á mesa para ver coma estás contento. Coma moitas veces a experiencia de comer tamén é a experiencia de estar, coido que é moi recomendable (demoslle xa un punto).
En canto ó menú, trátase de cociña imaxinativa cun certo toque tradicional. Eu diría que un pouco 80s ou 90s (ou canda menos o que eu penso que se levaba en esta época, porque non andaba de aquelas eu de restaurantes - aqueles eran os meus anos de churrascadas no monte, e bocadillos de lomo en Viños). Un segundo, non quero que parezca que estou dicindo que é cociña anticuada. ¡Para nada! Que non pareza negativo o meu comentario. O que quero incidir é que non é tanto coma se leva agora de antepoñer a innovación e a fusión ó sabor e a materia. Non sei se con esto se aclara mellor o que quería dicir. (En calqueira caso, para os amantes do moderno, había esferificacións - ¡¡yippi!!).
Coma fun eu só, non poiden ir ó menu sorpresa (35€ - para unha mesa completa) no que o cociñeiro escolle dependendo do día (non é un menú fixo). Pero así aproveitei é puden escoller de carta os platos que me tiran máis. [Moitas veces lendo as críticas gastrónimas dos periodicos, acabas descubrindo cales son as preferencias do crítico: había un de El Mundo que sempre - fose a un indio, a un asador ou a unha terraza - pedía cordeiro] No meu caso as miñas preferencias, se as hai son: peixe pequeno e arroz. E en este caso había para o meu gusto....
Tomei:
- Arroz negro con chocos e setas (trompetillas)
- Sardiñas (Ao Xeito) sobre verduriñas
- Mouse de xelado de turrón con chocolate
O postre xa non me entusiasmou tanto. Acompañeino (porque fora bo, e non tomara viño) cun Porto VLB. Un bó final para unha comida moi xeitosa.
O menú de antes dito, máis auga (moita auga, que vai calor), máis unha copa de Porto, máis o pan saiume por uns 45€.
Restaurante La Oca
Calle de Purificación Saavedra, 8,
36207 Vigo, Spain
(ó lado do Mercado de Teis)
Tel. 986 371 255
(Atención, non abren as fins de semana: Luns a venres, mediodía e noite)