Pero hai un plato moi típico de Ciudad de México (e outros sitios) que é moi fácil de preparar, porque os ingredientes tamén os hai aquí: as quesadillas de papa (pataca) con longaniza (chourizo). Non ten demasiada historia facelas en España:
A ver, un par de consellos para darlle máis autenticidade:
- O chourizo mexicano esta moi pouco curado. Así que se queredes conseguir a textura adecuada, o mellor sería que mercarades chourizos de esos para asar ou freir, que veñen crús.
- O chourizo mexicano adoita a ser máis picane ca o noso así que cando preparedes as patacas podedes meter na tixola un pouco de guindilla, un pouco de cayena ou pementón picante.
A historia é así de sinxela. Preparas este guiso. Deixalo nun lado e logo cando queres facer as túas quesadillas pois:
- Colles unha tixola ou plancha e metela a lume forme (espera a que esté quente, moi quente)
- Pos a tortilla por un lado, e deixala uns segundos.
- Daslle a volta, meteslle a tua mezcla de pataca con chourizos
- Podes poñer queixo na quesadilla ou non (o queixo é opcional nas quesadillas en Ciudad de México)
- Doblala (ademáis de quesadillas o outro nome que teñen é dobladilla) e deixala facer un rato ata que a tortilla se poña crocante
- Daslle a volta e deixala outro tanto
- Sacalas e apartalas (as quesadillas quedarán ca forma doblada)
- Cando as vaias a comer, se gostas do picante podes abrir a quesadilla e poñer salsa. Logo volvela a pechar e a comer nela.
A ver agora van un par de notas para os que queirades poñer o voso toque orixinal:
¿Podo poñerlle Valentina (ou calqueira outra salsa de botella)?
NON. Non deberías. A ver, os mexicanos poñenlle a Valentina a todo: pombiñas de millo, ás patacas fritas, á fruta, ó peixe, á pizza, ás hamburguesas, ós bocadillos.... Pero non lla poñen ós tacos nen as quesadillas. Para isto deberías mercar unha salsa mexicana, ben verde, ben vermella das que veñen en latas ou tarros. Se non cun pouco de tomate e chiles podes facer ti unha na casa. Non é dificil. Os tacos e as quesadillas fanse con salsas frescas que levan tomate.
¿Podo usar o queixo de gratinar ou os tranchetes para as quesadillas?