En A Estrada son todo un clásico: os callos de Os Peares, que esta no centro, pegado ó Mercado. ¿E que tal están?
Pois están moi ben. Incluso a min, que non me gustan os callos, metinlles o dente e quedei convencido. Sonvos un pouco diferentes do habitual ... a salsa é moi espesa e bastante especiada. Os garbanzos estaban firmes, non moi sobrecocidos. Igual ca o callo, que non estaba xelatinoso como en moitos sitios. A min e os acompañantes gustounos moito (e semella que a maioría de A Estrada tamén).
O Bar Os Peares é de estes lugares traen lembranza de fai tempo. A súa porta de madeira cun cartel pintado de hai anos.
De este sitios onde tes a carta pintada nunha pizarra.
Teñen viño da casa en cuncas:
Ademáis dos callos, probámoslle as croquetas. Coma podedes ver son da casa, claramente (non hai 2 que teñan o mesmo tamaño).
Tamén teñen richada.
E de postre teñen unhas filloas, que si son filloas (e non crepes coma en moitos sitios). Grandes, finiñas ...
E teñen a tarta de queixo coma a que facía a túa nai.
Moi bo sitio, totalmente recomendable.
martes, 5 de febrero de 2019
lunes, 4 de febrero de 2019
Cociña acolledora do Bar Estrada
Xa vos lin moitas veces, que xa estades canso de tantos lugares modernos, de tantos platos de fusión multicultural, de camareiros tatuados ... Pero da igual, porque o final ides ir igual, así que non insistades tanto.
Pa quen queira sairse do choio, ainda quedan alguns lugares máis tranquiliños. Cada vez menos e cada vez máis lonxe do centro. O Bar Estrada por exemplo está cerca de Bouzas, pero non ides dar con el (bueno, estan no Google Maps e en outras redes así que sí que ides dar con el).
O encanto do sitio é que so traballan con producto fresco, e principalmente con peixe fresco. Así que hai que ir a ver o que teñen, ou chamar anticipadamente para saber o que hai: 986 20 12 21.
Entre o que teñen case sempre adoita a estar unha empanada de xoubas moi xeitosa, e outro clásico que teñen case sempre estan os calamares encebolados:
Outra cousa que teñen que é para ir exprofeso é o budín de mazá. Tratase dun budín feito con pan e leite, que esta suaviño suaviño, e que notaslle o sabor de mazá. E logo tes un carameliño. A min servironmo morno, co que ainda esta máis rico. Un triunfo.
Tamén teñen peixe da ría, e eu adoro poder tomar un simple peixiño fritido. Neste caso tomei un coruxo.
Ou uns riquísimos chinchos en escabeche:
Ou tamén este postre caseiro, que ven sendo un bizcoito borracho con moito coco raiado:
Coma vedes, todo é clásico (pero co seu toque persoal), todo son platos sinxelos, a materia prima é boísima. E todo feito con moito xeito, e teñen todo moi luminoso e acolledor (ainda que pequeno). Así que se un dia queredes volver a tomar comida que xa non é tan fácil de topar na restauración de Vigo, mira aquí tedes un sitio.
(E teñen máis cousas cas que vos comento aquí, se vedes as fotos no Google Maps veredes que tamén teñen marisco: centolas, cigalas, navallas,... Outros peixes. Tamén teñen chinchos e mexilón en escabeche feito por eles. E eu tamén lles vin preparando perdices de caza e lamprea na época. Así que coma vedes teñen bastante variedade).
Os prezos son acorde ca calidade dos productos. Podedes topar outros sitios máis económicos, pero non será tan bóa coma a comida de aquí.
Veña, xa volo contei. Agora non o poñades de moda e que non se poda entrar nel ...
Bar Estrada
Suscribirse a:
Entradas (Atom)