viernes, 11 de agosto de 2023

Enoteca Vini e Spiriti (Bérgamo)

 

Esta breve viaxe miña por Lombardía e Veneto foi moito de meterme en Enotecas. As Enotecas italianas son o equivalente ás nosas Vinotecas. Son locales que funcionan como tendas pero que tamén funcionan coma lugares de tomar viños e en moitas de elas tamén teñen opcións de xantar. 

Eu ía este ano con moito interés de probar viños, así que escoller Enotecas funcionaba ben, pero por outro lado tamén lles vin outras avantaxes: son lugares un tanto máis informais en comparación cos restaurantes (Osterias ou Ristorantes), funcionan máis para os italianos (sen ter ningún problema cos sitios turísticos) e logo vin que de comida ... están moi ben. 

O que si, é que na comida tenden a ser simples (menús máis curtos) e en algún caso e dependendo da hora, pois teste que atingir a cousas frías e picoteo (que tamén e moi interesante porque así podes probar as cousas típicas da zona). 

Neste caso en Bérgamo, moi perto da estación de trens (que xa sabedes en Europa que os barrios da estación adoitan a ser máis ben lugares de comida exótica) estaba esta vinoteca. Moi agrande, moi amplia e moi xeitosa. 

En canto á bebida tirei por probar un viño da rexión de Lombardía (producido á beira de Bérgamo, pero na parte que xa tira cara a chaira):

O de Bio non era intencionado (só coincidiu que era o viño de Valcalepio que tope interesante). Pero si teño observado que en Italia as adegas pequenas e que buscan facer viño coidadoso, pois habitualmente xa se pasaron ó Bio. 
Iste ven sendo o viño tinto básico de esa adega, pero a ver ... o de básico é só porque os outros son máis selectos e máis caros. Para nada algo de batalla. O Valcalepio DOC, tira das mesmas uvas ca o Burdeos (Cabernet Sauvignon y Merlot), así que xa medio podedes imaxinar que carácter ten... pero claro, o terroir e o clima é diferente. Si que estamos cun viño intenso, froitos vermellos e especias. Intenso, pero elegante cun punto de frescura. Con algo de madeira e tempo (6 anos tiña xa esta colleita) para asentar. 

Por certo, que coma pasa en Italia, cando pides un viño (ou un aperitivo - un vermu, un spritz, ou algo máis cargado) sempre traen un aperitivo, algo de comida para picotear: 



Iso sí, para ter pedido un tinto con carácter, fixen unha maridaxe un tanto extraña, pois tirei pola pasta, e neste caso dúas pastas que non levan carne. 
Por certo, que os da Enoteca foron super simpáticos. Eu non me daba decidido entre un tipo de pasta e outro, e coma pedir dous platos de pasta ía ser moita comida, ofreceronme eles mesmos darme metade e metade para que poidera probar as dúas! Que simpáticos. 


Istes son os Scarpinocc. Son típicos da zona das montañas que esta xusto ó norte de Bérgamo. Trátase dunha pasta rechea, á que se lle da unha forma que asemella a zapatos (de ahí o nome, son coma escarpíns). E o que teñen de específico ademáis da forma é que non se fan con carne, son vexetarianos. Levan dentro queixo e herbas. (Disque porque veñen dun lugar onde non había demasiadas opcións de conseguir carne e por tanto eran así coma humildes). E en canto ó aderezo é (coma teño visto no norte de Italia habitualmente para as pastas con compango) moi sinxelo, manteiga, queixo e salvia. Está curioso o da salvia, porque se ben sempre a topas nas tendas xunta cas outras herbas aromáticas, pero logo non hai tantas receitas que a usen... supoño que porque ten un sabor ben forte. Aquí cos scarpinocc a idea era dar ese sabor forte. 



E logo outra pasta que non é típica do norte, porque é típica de Bari, na bota de Italia: Orecchiette con le cime di rapa. A "cime di rapa" son grelos. Sí, no sur de Italia usan moito os grelos. A diferencia dos galegos, alá non a usan para acompañar a carne de porco salgada, se non que neste caso faise con pasta e aromatizada con anchoas. E a combinación pega moito. Eu xa fixera na casa cos grelos a combinación esta vendo videos de cociñeiros italianos e quería ver coma era alá, e sí, quedalles coma me quedara  min. 

De postre pois algo que xa todos coñecedes e que vai sobre seguro, un tiramisú: 


E co café, nos restaurantes italianos sempre traen un dixestivo. De agasallo da casa. Neste caso era "grappa". Unha señora grappa nin máis nin menos de 

Niste caso era grappa de Piamonte, de uva Barbera, en Asti, onda producen os famosos viños. 


E bueno, quedei contentísimo. Saín un pouco polo aire, porque tomei unha botella de viño eu só, pero coma non tiña que conducir (viaxaba en tren) pois todo perfecto. 

Vini e Espiriti