jueves, 23 de agosto de 2012

En verán é o momento da Saison

Gracias a un vello amigo da familia, apaixoado das cervexas e artesán na fabricación da cervexa soupen do grupo 'Cervexeiros' (cervexeiros.com) que existe en Vigo. Con tan sorte que nada máis coñecelos organizaron unha cata, e puiden asistir. Recomendovos a todos os interesados na cervexa e con curiosidade de probar cousas máis aló das poucas marcas de cervexa de calidade que chegan a Galicia, que visitedes a súa páxina e sobre todo o seu grupo no Facebook: Cervexeiros en Facebook

Isto permitiume un reencontro co meu pasado. A miña primeira paixón gastronómica foron as cervexas, hai uns 20 anos: comecei a preocupar de percorrer tendas a buscar cervexas que non tiña probado ainda, e ter conciencia de consumo, coma evitar ir por sitios onde tiveran unha cervexa detestable. O mundo da cervexa era perfecto para uns rapazolos: podíamola consumir a partir dos 16 anos, e por outro lado, era medianamente asequible para o xustiño que andas de cartos nesas idades.

Ainda podo lembrar os meus primeiros momentos: o Café UF (que segue aberto, ainda que vai tempo que non vou frecuentemente) e o Bass Pale Ale (de aquela época podías tomar en barril en Vigo, e hoxendía é ben dificil de conseguir - mesmo en UK). E tamén a película de David Lynch, Blue Velvet.


CATA FANTASMA DE CERVEZAS

O modus operandi era o seguinte: o grupo conseguía (encargando no estranxeiro unhas caixas) uns lotes de cervexas, anunciabase no grupo a data da cata, o prezo e a xente apúntabase ata encher as plazas. Neste caso incluíanse 4 cervexas de diverso tipo e máis comida para acompañar as cervexas.

A cata sería a ocasión de probar 4 cervexas sorpresa (non tan sorpresa porque sabíamos que serían belgas e que habería ocasión de probar a lexendaria cervexa Fantôme: 99 puntos no ratebeer.com)

Struise Witte - 5º 

http://struise.noordhoek.com/eng/


Tratase dunha cervexa de trigo belga, do estilo da 'branca de Bruxas' (a versión comercial máis extendida é a Hoegaarden). O curioso é que ainda que o seu nome é 'branca' (witte), é unha cervexa de cor tostada, con corpo e moi especiado. Sorprendende e orixinal.

Dupont Biolegere - 3.5º


Noten que se trata dunha cervexa 'biolóxica' e 'sen aditivos químicos'. Hai un señor de Murcia, bioquímico ou profesor universitario el, que da moito por saco con que a agricultura ecolóxica é un timo, que todos os productos teñen químicos, e tal.... pois que disfrute tomando Cerveza Aurum, que é moitísimo máis barata e pode que ata esté composta das mesmas moléculas.

Esta tratase dunha cervexa con moi pouco alcohol, ácida, lixeira, refrescante e con moitísimo gas.

Fantôme Pissenlit - 8º

http://www.fantome.be/fr/gamme.htm


Tratase dunha cervexa tipo Saison, feita con aromas de dente de león. Unha cousa realmente sorprendente: aromas e sabores que un nunca tiña probado en outra cervexa, forte, con moi corpo. Moitos comentamos que nos tiña certa semellanza incluso cunha sidra natural

Fantôme - 8º

http://www.fantome.be/fr/gamme.htm
Esta é a cervexa lexendaria (a que ten a puntuación máxima na web de cata de cervexas). Aproveito para comentar o tema  de en que consiste a Saison: son cervexas preparadas para durar o verán. Antigamente, sen sistemas de refrixeración, había que facer cousas especiais para que non se perdera: ten un contido alto de alcool (desinfectante) e tamén un contido moi alto de lúpulo (desinfectante tamén). É tamén está feita para que sexa axeitada para beber ca calore: é moi amarga e áceda (refrixerante).

E un tipo de cervexa que só se prepara nunha parte moi específica de Valonia, e que case se perdera. A Fantôme e outras son coma pequenas cápsulas do tempo e permitennos probar coma era a cervexa hai moitos, moitos anos, antes de que se industrializase todo.

(Nota, as caracteristicas de alcohol forte e moito lúpulo son moi semellantes ás da cervexa  inglesa  que chaman Indian Pale Ale - nota, coidado con esta páxina da Wikipedia, afirman algunhas cousas discutibles. Chamame a atención como en dos lugares separados, de maneira independiente chegaron á unha solución parecida. Nota: ainda así non quere dicir que unha Saisón sexa equivalente unha IPA, eh!)

lunes, 20 de agosto de 2012

Caín na trampa

Hoxe pasei polo Lidl (permitideme mencionar a marca abertamente, dado que non é en sentido promocional se non por cuestións meramente informativas). Coma sempre nunha parte do medio do supermercado teñen o lote de restos de algunha promoción, que moitas veces nen teñen xa cartel co precio...

Vin esta botella de viño e decidín comprala, tiña curiosidade e seguramente viría ben para acompañar a cea (ainda que non tiña idea do precio).


Finalmente o nome augurou o precio, pois costaba case 3€. A etiqueta e o formato da botella (borgoña) é mo do estilo de viño destinado á xente xove e de gustos heterodoxos en viño. Non sei se asegurar que asegura un acerto ou un erro, pero o certo é que o que sí que tes por seguro que non vai ser un viño ós vellos feitos. Ah, o nome ven de "Out the Ordinary" ( eu non lle vexo que leve 3 'O', e por outro lado, sen ser un experto en inglés coido que lle falta unha preposición para ser gramaticamente correcto), co que reforza ainda máis a proposta de sairse do establecido.

Ainda que eu na vista rápida quedei co de syrah, é unha combinación de esta uva e tempranillo (non se pon en que proporción), e de 13º. Provinte da denominación de orixe de Manchuela (en Albacete), que está a darse a coñecer pouco a pouco.

Mereceu a pena? Pois eu diría que sí, é un viño ben curioso, cunha cor tremendamente violacea (expertos en viño, ride con tal descripción tan chafalleira), e no sabor un chamativo gusto inicial á groseia negra, un toque aterciopelado e un final aspero de tanino. Entra moi ben de comezo e deixa moi bo sabor ó final.

Eu non vos sei, non fagades nengún caso a un indocumentado coma min, pero bueno, por ahí por Internet algún que outro fixo unha cata seria ó viño:

O³ Syrah Tempranillo 2010

lunes, 6 de agosto de 2012

cociña manca

tiven un pequeno resbalon na choiva do sabado e escangallei a mano dereita. aproveito para facer uns cantos posts do dificil que e cociñar cunha soa mau - a mau da que non tenho destreza, ainda peor. habera moitas mais fotos ca texto porque costame moito escribir cunha mau - e non hai maiusculas porque e un lio

wraps de polo con verduras asadas

  • o de hoxe esta basado en que vin na tenda pan lavash de oferta - non sei canto costa normalmente, seguramente cain nunha oferta trampa
  • descubrin que ca esquerda non dou cortado cousas, na proxima, productos xa cortados
  • saiume careiro (8€), e a escadivada non molou moito, moi sosa


pasta con pesto genovese e ensalada de leituga

coma dixen descubrin as bravas que non corto ben ca esquerda asi que probei con algo que non se corta. a salsa e comprada, pero da mais decente que hai

comida de nai

finalmente claudiquei e fun a casa da miña nai, que cociñe ela. iso si miña nai non cociña para mancos e fai o que lle da a gana, chuletas, sardiñas... unha chea de cousas que necesito que me axuden para comer ... bueno, tamen fixo pulpo, que xa ven cortado

miércoles, 1 de agosto de 2012

Xornadas degustación da Carne de Boi en Allariz

Hai un dito galego: "Se non é boi, é vaca". Usar usase para outros contextos, pero neste caso podemos aplicalo directamente. Case toda a carne dita de boi que aparece nos restaurantes e nas tendas non é boi (o dito xa explica que é en realidade). En Galicia críanse ben poucos bois (e no resto de España non moitos máis). Tal é o escaso de esta carne que chega a precios exhorbitados, por riba de 150€ o chuletón (e o por riba seica pasa de 300€ do mellor posible). Vamos que eu coidaba que nunca había tomar carne de boi auténtico.

Bueno, pois mira, sorpresa, si que houbo ocasión. E comentoo por se algún lector ten esta curiosidade e interés, ainda ten ocasión. Actualmente, esta semana está tendo lugar en Allariz unhas xornadas de degustación da Carne do Boi. No programa vedes que hai un programa variado: a posibilidade de tomar pinchos de boi durante a semana, un xantar popular o sábado con boi á brasa, e o domingo tedes unha comida pantagruelica de 16 platos (10 de eles con carne de Boi). Este é a opción que recomendo se é que queredes matar as ganas de probar carne de boi. (Meus, ides quedar sen ganas de boi para un par de anos!!)

Primeira cousiña: para esta festa se encargaron e cebaron 3 bois. Non son bois de Allariz, se non coidados no Courel pola gandería O Rego. Estas xornadas van servir de pulo para promocionar a cria de bois en Allariz. E esta puntualización e meramente xeográfica: a calidade dos bois degustados é excelsa e ben recoñecida. Ocorresevos algún sitio millor para criar bois cos montes do Courel?... bueno, si, nun futuro Allariz (xa se verá e se comparará en anos proximos).

Pois veña a info:
  • Data: Domingo 5 de Agosto
  • Lugar: Sala de Convencións do Hotel AC Allariz
  • Prezo: 59€ (bebidas incluidas, ribeiro branco Gran Reboreda, e tinto mencía Crego e Monaguillo)
  • Reservas en: informacion@allariz.com  988442008
O menú é preparado por Flavio Morganti ( do restaurante Galileo en Ourense e mil e outras actividades que fai o home )

Imaxino que vos xurdiran algunha dúbidas: entendo que estamos falando de 59€ e son moitos cartos, pero coma comento anteriormente, a carne de boi auténtico é moi cara, e neste caso ides probar carne a eito, non ides quedar con fame algunha. A peso, esta é unha ocasión unica para ter boi a prezo accesible. O outro pero que teredes é que non ides ter intimidade porque este é un xantar en grupo aberto (coma unha boda), pero tamén é certo que se non fose gracias a ser a grupo non habería ocasión de ter este prezo e moito menos poder dispoñer da carne de 3 bois. O terceiro problema é que non ides poder topar cun 'laconeiro': porque xa estivemos o domingo pasado, para poder confirmar e informarmos de que consiste o xantar.

Bueno, e agora acaba a escritura e comezan as imaxes:

WARNING: o que segue é BOI PORN


Empanada Caseira con fariñas autóctonas e delicia de boi


Carpacho de boi con parmesano e campiñóns


Ensalada tibia de carne de boi ó caldeiro


Tártare clásico picado a coitelo


Concentrado natural de carne de boi


Gulashch con pimentón da Vera


Albóndigas con tomate aromatizado


Estufado en concentración de mencía e alfábega


Hamburguesa gourmet de boi


Roast Beef con sulsa e ensalada de tempada


Chuletón e lomos á prancha con patacas fritas


Queixo do Rexo (de ovella) con confit de marmelo


Arroz con leite


Bicas de Allariz


Amendoado de Allariz


É curioso que agora mesmo mentras estou vendo as fotos da comida, estanme entrando ganas de repetir algún destes pratos, coma o chuletón ou o roast beef (espectaculares), cousa que se pode facer (o camareiro indicounos que podíamos pedir máis) pero que en aquel momento, logo de 12 pratos non había maneira. Carallo si que me debeu gustar este xantar que só de ver as fotos estame entrando unha fame...

Por aclamación popular da mesa destacamos os seguintes pratos:
  • O carpacho de boi con parmesano (arrasou unanimemente entre os comensais)
  • O Tártare (non era moi purista - levaba aceite e non estaba moi especiado - pero a xente rillou del cousa mala)
  • O Gulasch (non quedou nada)
  • O Roast Beef (deixounos apampados a todos)
  • E por suposto o que todo o mundo viña xa no punto de mira: o Chuletóu ou Lomo á plancha
Eu destaco tamén que me gostaron:
  • O caldo de boi: algunha xente non se animou a tomalo para deixar sitio para a carne, pero eu sonvos un fan das sopas e consomés, e a min sentoume fantástico para dar rematado todo o xantar (nota: outros reventaron antes ca min, así que o caldo non fixo mal)
  • As empanadas tiñanvos un xeitazo (sobre todo na masa, non me gustou moito o compango)
  • A ensalada tibia de carne ó caldeiro foi unha maneira moi orixinal de presentar a carne cocida
  • Nas albóndigas o sabor do tomate era espectacular era o mellor do plato (a albondiga en si, xa non tanto)
  • E reincido no do Goulash: de campeonato, e sobre todo porque o acompañaron cun puré de patacas excelente (non sei se coñecedes o dito francés, pero a calidade dun restaurante mídese polo ben que lles sae o puré; según o criterio francés, Flavio é impecable)
  • Os postres moi bós, sobre todo os amendoados (da pastelería de Fina Rei) e as bicas. A bica foi a mellor que teña probado ata o momento, EVER.