domingo, 12 de noviembre de 2023

A festa de San Martiño en Moaña e os seus furanchos

Soupera de esta festa e tiña moita curiosidade por coñecela, e aproveitando que ía comer cos meus pais en Cangas, pasei a pasear, pillei a procesión, e tamén os furanchos de mediodía.




Aparte do ambientazo (estaba complicado conseguir sitio nos furanchos) o que me chamou moitísimo a atención é que teñen algunhas cousas ben curiosas no menú dos furanchos coma o bandullo (non é algo tan inusual, pero sí non o teño visto case nunca en hostelería), o pinchovo (ovos fritos con chourizo, segundo me explicaron) e sobre todo as xoubas afumadas.


As xoubas afumadas son xoubiñas salgadas e logo afumadas. E logo servironmas cun toque e tixola, aceite e cebolas. Unha cousa que sabe... moi forte (sabor moi intenso a peixe fermentado) afumado e moi salgado (tira co viño). Hai que querelas eh! Pero logo queda un sabor moi gustoso (repiten a dios, coma pasa sempre cas sardiñas) e xa marcha o salgado e queda o sabor a peixe e fume. Moi ricas. Teño que voltar só por elas.




O bandullo que me deron tamén era moi especial. Non o podo asegurar pero coido que é bandullo de pan millo. Parecer, non parecía de pan de trigo. Era moi marelo e tiña coma miga grauda. Tamén moi ben.



Recomendo moito esta festa de San Martiño. E se tedes ocasión de ir un ano... ides disfrutar. 

viernes, 3 de noviembre de 2023

Unha de queixos galegos "modernos"

 

Hai uns meses para o cumpleanos do noso Javi Polo, pois aproveitamos para quedar xuntos e o meu agasallo foron 6 queixos galegos.... Que tomamos facendo maridaxe con cervexas belgas (porque Javi é moi de cervexas belgas, e ademáis tiñamos a curiosidade de que hai toda unha tradición belga de maridaxe de cervexas e queixo). 

 

E mirade, así aproveitamos para falar das novas tendencias galegas de queixo. Porque xa hai máis cousas ca o Arzua/Ulloa, o Tetilla, o San Simon da Costa, o Cebreiro e o (ou os) Requeixos

Moitos dos queixeiros e gandeiros galegos están investigando e facendo queixos un tanto diferentes. Haberá xente que lles pareza mal porque non eran tradicionais de aquí, pero a min pareceme moi ben que teñamos variedade de queixos, e sobre todo algúns de estes queixos conseguen transmitir o sabor dos nosos pastos e da nosa terra de maneira igual de intensa ca os queixos tradicionais.

Aquí van os que probamos. 



Meniña de Donicio.

A gandería de Donicio esta xusto en Arzúa (A Coruña), e non fan queixo típico. De feito este Donicio que probamos é de cabra. E non é o "típico rulo", se non que é un queixo de estes pequenos e moi untosos, con codia de barolo. É super cremoso e moi graxo...  Donicio fan outros queixos, de cabra, de ovella e tamén de vaca. Teñen moita variedade pero eu non teño probado ainda todos.

https://www.casadonicio.com


Néboa de Quintian

Os de Quintián están no Páramo en Lugo. Fan queixo máis tradicional (pero non tanto) chamado Agarimo, un queixo fresco (iste non ten nome) e tamén venden leite fresco. Neste caso mercamos o Néboa, que é o seu queixo máis "afrancesado". Inicialmente tiña dúbidas de se mencionar semellanzas de estes queixos galegos con queixos estranxeiros, porque coido que ainda que podan usar as mesmas técnicas, xa só de estar en Galicia saelles un queixo diferente. Pero bueno, para que vos fagades unha idea de todos estes queixos o Néboa asemella a un Brie. Pero máis fresco e suave, e cun sabor ben herbaceo. 

https://www.ganderiaquintian.com


Xiros de Bisqato

O queixo Xiros é da zona de Guitiriz. Fano a xente de Bisqato, que coido que teñen un dos nomes máis preciosos xamais dunha empresa. Coma en todos os casos anteriores, fan queixo con leite crú (sen pasteurizar previamente). Isto é algo importante en coma queda o queixo despois, porque ó non estar pasteurizado, os queixos fermentan cas bacterias do lugar. Por tanto non van ser nunca iguales os de Quintian ou os de Bisqato porque son partes de Galicia un tanto diferente.

Bisquato fai varios queixos, os dous redondos, os dous con barolo na codia, pero ¡son diferentes! O Lúa é máis firme e non sei se dicir máis maduro (porque ás veces no mundo dos queixos máis tempo deixa o queixo máis brando e outras veces faino máis intenso e máis firme).

O que tomamos nós e o Xiros. Eu son un grande fan do Xiros, coido que é un dos meus queixos galegos favoritos, porque é moi moi graxo, manteigoso, cun miolo un chisco graudo... moi intenso (no seu sabor fresco, que é dificil explicar). Se coñecedes os queixos franceses eu compraríao cun Brillat-Savarin. Eu recomendo que se tedes ocasión probedes o Xiros porque é (na miña modesta opinión) unha das cousas máis orixinais que estan a facer en Galicia. Case ninguén fai queixos así en España. 

https://www.bisqato.com


Terra de Arias Moniz 

Veño de falar dun queixo que non fan en outros lados, pero o que realmente non ten equivalente ven sendo o Terra. Porque en parte pola leite (de vacas Jersey) coma polo barolo negro que leva fora, fai que sexa un queixo cun sabor moi intenso e unha cor marela no interior ¡que non ves en outros queixos! É un queixo graxo e intenso, cun toque forte da codia. Queixo para xente de gustos intensos. É moi especial.

Arias Moniz son de Chantada en Lugo. E tamén fan o famoso queixo azul Savel, manteiga e coido que algunha cousa máis porque non paran de facer cousas.
 

https://airasmoniz.com


Da Josefa

Diste se cadra non fai falla contar moito porque xa o teredes visto por Internet. Faise en Palas de Rei, que é xusto a comarca da Ulloa, pero non está na Denominación de Orixe, pero non por malo, se non por bó. É un queixo afinado durante máis tempo. Por iso ten este choio especial de estar moi "manteigoso". É un queixo do país, o seu toque ácedo e suave, pero cun sabor intenso.

Por non ter nen teñen web. Pero podedes ler sobre coma traballan o seu queixo. Podese comprar bastante fácil en queixerias e incluso en tendas online.

Marianne de Cortes de Muar

Ei, finalmente un que é un tanto diferente ós outros, nen barolo (bueno si que hai algo) nen miolo brando. Neste caso o queixo lembra ós queixo alpinos (un Gruyere, ou un Comté). Ten un sabor doce, coma a froitos secos... E coma vedes, e coma nos alpes ten buratiños!! Iste queixo foi o que máis lle gustou ós nenos e a todos. É un acerto. Se o podedes probar xa me dicides.

Cortes de Muar traballan en Silleda, Pontevedra. Ademais do Marianne fan o Marigold (que pode asemellar así polo tamaño e polo exterior pero é diferente). Tamén fan o Mimosa que é do estilo máis tradicional de queixo do país. Pero non paran ahí, tamén teñen o Marquesa. 

https://cortesdemuar.com