Mostrando entradas con la etiqueta ourense. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ourense. Mostrar todas las entradas

miércoles, 12 de septiembre de 2018

Pistas: A Adega Das Caldas (Ourense)

Perdín o tren. Así, literalmente: tiña que pillar un tren a Madrid en Ourense e cheguei tarde. Conseguin un billete no tren nocturno (o último billete que quedaba). Así que co cambio de planes, tiña que buscar onde cear en Ourense.

Estaba no barrio de A Ponte. Ben podería ter cruzado (a ponte) e ir mirar que había no centro en Ourense, pero chistoume o que había no barrio, especialmente a Adega das Caldas. Ainda ... que cando vin a súa entrada pensei que era máis ben estilo "mesón". Esa é a primeira sorpresa. Pides de ir ó restaurante, e levante atrás: o sitio é enorme e ten un xardinciño (con mesas no xardín - con teito). Moi chulo.

A comida é realmente bóa, cunha variedade de viños bastante xeitosa. Os prezos son tirando a careiros, acordo ca bóa calidade de todo. O servicio, de luxo. O ambiente é formal, pero moi acolledor.

Aquí van os exemplos do que puden probar:


As ameixas "á mariñeira". Este plato entusiasmoume especialmente: as ameixas eran moi bóas, e sobre todo, a salsa era unha innovación sobre a tradicional: tiña un chisquiño (moi discreto) de picante.



O arroz con chocos, estaba no punto (prato abundante, para compartir).





E o outro momento espectacuclar era o postre. Teñen a súa versión da "Tarta de Santiago", que ten un interior líquido (de amendoa). Fantástica!

En resumen, unha interesante descuberta en Ourense. Recomendamola. 

Adega das Caldas
Av. das Caldas, 11,
(Barrio de A Ponte)
32001 Orense, Ourense
Teléfono: 
988 61 58 84


Por certo, aquí vai un video do cociñeiro:


domingo, 4 de diciembre de 2011

Restaurante do Hotel/Spa Vilavella (A Mezquita)

Para todos os do sur de Galicia, sempre coidamos que Galicia (administrativamente) remataba en A Gudiña, porque ese era o típico sitio onde paraban os autobuses ou a gasolineira onde saíamos a estirar as pernas. Pero, non, logo ven o concello de A Mezquita, e en realidade o último pobo antes de Zamora é Vilavella.

Xusto a medio camiño entre Verín e Puebla de Sanabira, faise un bó sitio para parar a xantar, sobre todo porque a poboación vese directamente dende a Autovía. No medio do lugar vese un cartel grande anunciando Hotel/Spa Vilavella. Evidentemente supoño que o Hotel está máis enfocado no turismo rural e en escapadas de fin de semana, pero estando ahí no camiño, e abrindo todos os días do ano, ¿porque non usar o restaurante?

Unha noite chuviosa e desapacible do pasado inverno animeime a parar e probar o lugar. O feito que o hotel esté nun lugar tan pequeno (e que case todo o lugar esté ás escuras) e o día inclemente que me tocou para parar deume un certo aire misterioso....

Exterior do Hotel/Spa
... pero para nada que esto se entenda coma unha crítica. Supoño que de día, sobre todo cun bó día soleado, aquelo será precioso.

Pero coma xa hai centos de comentarios sobre o hotel, eu o que quero falar e do tema do Restaurante, para os viaxeiros que transitedes por ahí, que valoredes unha opción máis a parar en A Gudiña.

Chipiróns na súa tinta con ensalada
Coma esperaría un no hotel dun restaurante de 4 estrelas, non é barato (28€ o menú de degustación de aquela época), eso inclue 3 platos, postre, viño e auga (non lembro se a auga a paguei a parte ou ma incluiron no menú).

En canto ó menú, tivo momentos moi prometedores: no primeiro era unha infusión de tomate con berberechos, que ven sendo un dos platos máis sorprendentes que teña tomado en Galicia (e teño tomado uns cantos): unha sopiña transparente (que sabe totalmente a tomate, pero sen ter nengún do seu color), fría, cuns grandes berberechos. (Se cadra a algún podería parecerlle moi ariscado e desagradalo a combinación de sabor a tomate, frío e berberechos, pero a min encantoume).

Por contra o seguinte plato estivo francamente mal: os chipiróns na súa tinta, non estaban mal, pero estaban salgadísimos. Tanta sal facíaos moi malamente comibles. Un despiste pode telo calqueira cociñeiro, pero é moi decepcionante, e deixa a un bastante fastidiado.

E entre o sorprendentemente innovador e positivo e o sorprendentemente negativo, houbo un bacallau sabroso e un postre xeado moi correcto.

Valorade por tanto a opción de parar a comer ou cear no sitio, tendo en conta o prezo, o enfoque da cociña (combinando cousas innovadoras e outras máis tradicionais), e sen que lles parezca mal ós do restaurante eses pequenos erros que cometen algunha vez... Tamén tede en conta que o restaurante está nun sitio moi chulo, e que non ten nada que ver co típico sitio de estrada, non é ruiodoso e tal (digoo porque hai xente - coma min - que valoramos esto da tranquilidade, e que sexa un sitio agradable cando e de comer por ahí).

(De todas formas estou interesado en coñecer comentarios de algún de vos que teña parado por alí, para ver se o do meu menú foi algo excepcional, se a cousa mellorou, se a cousa empeorou, ou se non gustades do sitio)

Hotel/Spa Vilavella (Restaurante)
(mapa)
Lugar de Vilavella, s/n.
A Vilavella. 32549.
A Mezquita. Ourense
T. (+34) 988 59 42 42