lunes, 13 de junio de 2022

A Casa dos Presuntos O Xico, en Heroismo

 A Casa dos Presuntos "O Xico", o Porto que ainda deixa de lado o Turismo.




Pero xa lle queda pouco, porque apenas a 100 metros xa esta o Bonfin totalmente xentrificado cos seus cafés vexetarianos, comida vietnamita e "ateliers" de artistas.

Pero bueno, imos falar de "O Xico". Está fácil de encontrar, porque esta pegado a Metro Heroísmo, enfrente do cuartel da policía (esta cercanía asegurou a pervivencia do negocio, porque ... cada pouco entraba un policía a comer ou beber algo).






A historia do restaurante non é moi complicada, por un lado teñen embutidos de varios xeitos que venden para levar e logo tamén podes pedir racións ou sandes (bocatas). No meu caso eu tirei polo (non moi orixinal) de presunto, pero ostras ¡é o lema do sitio, hai que probar o seu producto estrela! Coma vedes os "sandes" levan mooito compango e son en boliños pequenos (iso é un clásico de Porto, e que en Galicia usamos barra).




E logo pedín leitao... que tiñan alí á entrada mirando ca cariña. O leitao é a mesma idea coma fan en castela, cociñado ca súa pel crocante. O interesante en Portugal, é que non tes porque encargalo nun restaurante, se non que esta xa listo e podes pedir en ración (máis económico). Viña cunha salsa de pementa e unto de porco ben picante, moi rica.




Isas dúas cousas (sande de presunto, ración de leitao), un "principe" de SuperBock, un "copo" de vinho verde novo (atención isto non é o vinho verde embotellado, é outro choio máis rustico e máis interesante) paguei 9€ e saín mantido.




O sitio ten máis opcións, máis embutidos diferentes (coma vedes na foto), queixos manteiga, e tamén ten guisos nunhas perolas que estaban a ferver. Hai que regresar para tomar máis cousas.

Apuntade o sitio, e ide por Heroismo!