miércoles, 26 de febrero de 2020

Cousa de Cuba: Os bocadillo son "Pan Con …."

Xa falamos dos "panes" en Cuba, cando falei do Pan de Lechón. Pero por suposto que hai moita máis variedade. Bueno, ou non tanta variedade ... pero si que hai uns cantos tipos. Aquí imos a falar de algúns:


Finalmente, coido que o meu bocadillo favorito de Habana (e dos máis baratos) ven sendo o que eles chamaban pan con tortilla. Que é un bocadillo de tortilla francesa (con pepino). Si que é curioso porque en Cuba fan as tortillas francesas coma se fosen filloas.

 En realidade o bocadillo máis popular en Cuba ven sendo o pan con jamón. Pero non me gustou o jamón cocido que teñen. En realidade era algo que parecía máis choped ou algo así.

Coma vedes todos os bocadillos en Cuba van grellados e quedan así esmagados.




domingo, 16 de febrero de 2020

Cousas de Cuba: Pan con Lechón




Unha das cousas máis interesantes que comín en Cuba foi neste posto da rúa, onde vendían Pan con Lechón.  Que era basicamente un leitón asado ó forno, do que iban cortando cachiños (carne e sobre todo pelexo crocante) e facían uns bocadillos.

 ¿Coñecedes o Sande de Leitao portugués? (Pois se non o coñecedes, xa tedes tarefa para a vosa próxima visita a Portugal ... é un dos mellores bocadillos do mundo, tedes que probalo).
Pois este pan con lechón ven sendo a mesma idea. E neste caso esta baratísimo: 5 pesos, que ven sendo coma 20 centimos de Euro.

Interesante bocadillo, con bóa carne (non moi abundante), pero o pan era (coma resultou ser todo o pan en La Habana) bastante malo. Coma xa dixen antes, todo o pan era coma pan de hamburguesa.


viernes, 7 de febrero de 2020

Cousas de Cuba: os favoritos nas rúas


De maneira maioritaria os favoritos a comer na rúa son:
  • Pizza. Non pasas 10 minutos sen ver a un cubano comendo unha pizza ou levando unha na man. Andan super apaixoados co tema da pizza. Pizzas cubanas que son moi peculiares: son pequeniñas (individuais), non teñen moitas máis cousas ca queixo e habitualmente doblan pola metade e comenas así. Son probablemente a pizza máis chusqueira que poidades imaxinar, pero son o hit en Cuba. 
  • Algún tipo de doce ou pastel. Os cubanos gostan moito de doces. É moi habitual velos caminar pola rúa con estas caixas de cartón pequeniñas. Nun principio non sabíamos que era, pero pronto descubrimos que todas as pastelerías (dulcerías) usan a mesma caixa. E os cubanos gostan de mercar un ou dous pasteis e comelos mentres andan (non son para levar a casa, cando levan a casa, collen unha caixa máis grande e máis pasteis). 
  • Panes. Os bocadillos en Cuba son "pan con algo". "Pan con hamburguesa", "Pan con jamón", "Pan con queso",.... Case todos os bocadillos estes teñen un punto en común: o pan é pan circular e blandiño coma o de hamburguesa. E case todos os bocadillos metense nun grill e dancho aplastadiño. 
  • Xelados. Outra das pasións dos cubanos son os xelados. Hai case tantas "cremerías" coma outros tipos de negocios. Curiosamente non é moi habitual ver a xente tomando xeados na rúa: os cubanos prefiren tomar o xelado sentados dentro dun local. 

Hai outros tantos pratos populares:
  • As croquetas. Si!! Os cubanos tamén adoran as croquetas. Hai xente vendendo croquetas e xente papando en elas pola rúa. Tamén fan bocadillos con croquetas.

martes, 4 de febrero de 2020

Cousas de Cuba: Duas moedas, un prezo ou dous?

Bueno, Cuba esta funcionando agora mesmo con 2 monedas diferentes (isto quere dicir 2 tipos de billetes e moedas diferentes). Ambas monedas levan escrito "pesos" (para facelo máis complicada). Pero son diferente moeda e teñen diferente valor.

Por un lado están a "Moneda Nacional" (ou CUP). E por outro lado están o que chaman "divisa" ou CUC. Aparentemente os CUC son para os turistas, namentras que os CUC son para os locales. Por exemplo, nun caixeiro dun banco, un cubano vai e saca Pesos Cubanos. Eu vou detrás del e doulle a sacar e a min saenme CUCs.

Na realidade todo é máis permeable. Nos os turistas podemos pagar con CUCs, pero tamén podemos ir a un sitio como de ahí enriba e mercar algo que ten prezo en CUPs e pagar con CUCs (e voltanche CUPs). O único que sí che piden é que non lles pagues cun billete grande porque eles non terían cambio para tanto (por exemplo un billete de 10 CUCs son 240 CUPs).

Así que se vas mercando cousas pola rúa rematas tendo tanto CUCs coma CUPs, sen problemas.

En realidade o tema do dobre prezo non é tal porque como digo podes mercar tanto en lugares de turistas coma mercar cousas en lugares cubanos. En principio non hai nengún problema legal porque ninguén nos dixo nada.

Onde si que hai diferencia é que hai sitios onde só se pode pagar con CUCs (ou divisas). Nese caso si que é certo que a eses productos non ten acceso un cubano que teña moneda nacional. Pero non hai tal dobre prezo, se non que é un prezo para productos que non se pode pagar na outra moeda.  O que si que é certo é que as cousas que só se venden en CUCs son careiras. E os lugares para turistas son máis caros. Ahí si que é certo que hai dous niveis de prezo.

lunes, 3 de febrero de 2020

Cousas de Cuba: O "cafecito"

Os cubanos prefiren tomar o café moi concentrado (coma un expresso en España e Portugal). O choio é que non teñen moitas cafeteras expresso. Normalmente o que fan e preparar cafés moi concentrados nunha cafetera moka.

Moitos dos lugares da rúa que venden pizzas e panes, teñen tamén un termo e unhas cuncas cativas (ainda máis pequenas cas dos cafés sólos en Galicia). Vas, e pagas un peso cubano (coma 5 centimos de Euro), sirvente o café, tómalo dun grolo con elegancia, e a seguir ás túas cousas. É importante dicir que moitas veces o café expreso cubano xa vai azucarado (si, teñen este hábito de poñerlle azucre xa cando o fan).



Coma resumo, sobre a cultura cafetera cubana, quedade cas 3 cousas: termos, taciñas pequenas e café que xa leva azucre. E xente tomando café a calqueira hora do día.






#coffeeislife in Cuba. Have a little cafecito to start the day. Continue the day. Greet your neighbor. On the street. After dinner. Such is the Cuban way. #alocubano #thisiscuba . . . . . For expertly-curated, immersive, custom itineraries send us an 💌: hola@absolutelycuba.com. Follow us on Facebook (www.facebook.com/absolutelycuba) and remember to tag your pictures with #AbsolutelyCuba for a feature! {All rights and image credits are reserved for Absolutely Cuba™️, unless otherwise noted} .................................................. .................................................. Follow us @absolutelycuba . .................................................. .................................................. . . . . #absolutelycuba #porlacultura #fortheculture #explorecuba #authenticcuba #authentictravel #travelcuba #cuba #cuban #havananights #travelhavana #explorehavana #havana #lahabana #culture #coffee #coffeeculture #cafecito #unlimitedcuba #incuba #travel #travelwithus #immerseyourself
Una publicación compartida de Absolutely Cuba (@absolutelycuba) el

En calqueira caso é importante destacar que os cubanos teñen unha paixón moi grande polo café, ainda que teñan o problema de que o café non é fácil de conseguir en Cuba (ainda que Cuba produce café). A principal diferencia que poderían ter cun italiano ou un portugués e o tema do zucre.