Relacionado cun post anterior, e tamén en A Coruña outro lugar que funciona con varios enfoques. De feito eles mesmos autodefinense coma "cociña-bar". Que en resumen quere dicir que podes, ir a tomar unhas cervexas ou uns viños, e que tamén podes ir a comer ou cear. Por ter, ata ofrecen coctelería. Vamos, que teñen de todo.
E é un lugar recomendable, tanto para pedir platos a compartir coma para que cada un escolla o seu prato. Da parte de beber coido que tamén, pero ahí xa non experimentei tanto.
Aquí van uns exemplos:
Ameixas ó "fino" (ó viño de Xerez). Unha variación das tipicas ameixas á mariñeira, só que en lugar dun viño branco calqueira, fixose con xerez. As ameixas eran bóas, estaba cociñadas ó punto (non pasadas coma fan en moitos sitios).
Tomates confitados con espuma de queso San Simon. Iste é un clasico do local. Os tomates teñen un sabor fantástico, ainda que non estivesemos en tempada.
E fomos directo ós postres:
Coco-Pasión: pois eso, fruta da pasión (maracuyá) e tamén crema de coco. Moi tropical.
Outro clásico da casa: a tarta (que en realidade é unha crema) de queixo con lima (a base de galleta vai espolvoreada por riba).
En xeral a todos gustounos moito a comida. Recomendaría que chamasedes para reservar, porque o lugar enche rápido. Vese que ten horario bastante amplio, o que o fai moi conveniente.
Culuca Cociña-Bar http://culuca.com/
Avenida Arteixo 10 Bajo
15004 A Coruña
Teléfono: 981 97 88 98
Mostrando entradas con la etiqueta coruña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta coruña. Mostrar todas las entradas
viernes, 3 de mayo de 2019
martes, 16 de abril de 2019
O Lagar da Estrella - Viños, cañas, pinchos e algo máis
O Lagar da Estrella esta nunha zona de tapeo e picoteo da Coruña. Na "rúa Estrella" son todo taperias e lugares de viños. Pero ademáis de ir a tapear e racións, hai a posibilidade de reservar algunha das mesas que estan ó fondo e comer ou cear de maneira relaxada.
Ahí van os meus tips e comentarios de maneira breve:
Veña, xa tedes información.
Aquí van ilustracións do que papamos.
Ahí van os meus tips e comentarios de maneira breve:
- Ó Lagar da Estrella pódese ir en plan de viños e pedir algúns platos para picotear.
- Pero a cociña esta o suficientemente interesante e o menú é bastante completo coma para ir en plan de comida/cea. Neste plan eu recomendo, reservar e pedir nas mesas (baixas) que están ó lado da cociña. Ahí cómese máis cómodo.
- Insisto, se ides a tiro fixo: reservade!
- Coma bo lugar de chateo funciona moi ben en plan de platos a compartir, pero eu tamén aconsellaría animarse a ir a pedir indivualmente os platos principais e que cada quen pida o que mellor lle apeteza.
- O menú é corto pero ten un pouco os "usual suspects": algo de peixe con aires xaponeses, peixe mariñado, baos (off course), carrillera, presa ibérica, foie ... Para todos os gustos. No menú tamén hai algúns platos especiales do día. (E outros dos platos cambian un pouco segundo a tempada).
- É interesante que teñen unha bóa sección de arroces e fideuas estilo levantino. Fannas con bastante xeito, cun "didet" de arro (e coma nos bós sitios, tardanse un pouco porque fanas dende cero, así que pedideas xa de principio).
- A carta de viños non é moi extensa, pero tamén ten cousas interesantes. Nos tiramos polo Ribeiro branco, porque somos moi fans, pero había moitas outras cousas.
- A atención foi moi bóa e a pesar que houbo un momento en que o lugar estaba cheo a rabiar, non tivemos retrasos na comida. (Tamén axuda que coma dixen, pedimos as mesas que están pegadas á cociña).
- En canto á comida, gustounos moito os platos de peixe (que coma vedes casi foron todos). O arroz tamén estivo moi ben. Os chícharos pareceronnos un pouco cocidos de máis, pero as ameixas estaban ben.
- Ah, reservade sitio para o postre. Estan realmente moi ben.
- De prezos esta careiro, pero asequible. Relación calidade/prezo xusta.
Veña, xa tedes información.
Aquí van ilustracións do que papamos.
| Usuzuki de pez limón con ajada |
| Caballa ahumada y marinada |
| Ameixas con chícharos novos. |
| Arroz Negro con choquiños e alioli |
| Robaliza salvaxe con arroz con berberechos (¿era un risotto?, probablemente) |
| Falso Tomate (era o postre) |
| Milhoja de vainilla y praliné de avellana |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)