miércoles, 15 de abril de 2026

Ingredientes e comida de todo o mundo en Vigo

 Pois mira, estes días andiven mirando en tendas de productos exóticos, mirando o que teñen e tal (estaba buscando unhas cousas para cociñar e tal). E pensei que bueno, supoño que moitos coñecedes xa algúns, pero non está mal deixalo compartido na rede. A ver se axudan a algo. 

(Nota, non vou a listar todos, nen vou a incluir os de comida latina, porque hai moitos e non hai maneira sinxela de incluir a todos. Vou tirar por cousas máis exóticas).


Pak Frutas


Pois está en Torrecedeira e supoño que os que vivides pola zona xa o tedes coceñido. Polo nome xa podedesi imaxinar que o dono é de Pakistán. Ainda que é unha tenda que vende de todo (especialmente moita fruta e productos frescos, está moi ben ainda que non queirades cociñar exótico)... o interesante son as cousas de outras orixes que ten. 
Ten moito producto latino (peruano, colombiano e cousas brasileiras), pero sobre todo e é obvio... ten productos de Pakistán e India. Dende arroz basmati a granel, coma legumes e outras cousas tamén a granel. Especias, sementes e ... 
Ademáis ten moitos ingredientes necesarios para cociñar comida do Industán (ghee por exemplo). 

🗺️ Pak Frutas 





Supermercado Rebeca 

Pois outro mega clásico de Vigo. Xa leva unha chea de anos, pode que máis de 10. E supoño que se convertiu xa nun lugar de referencia. 
Sei que hai moita xente que vai polos productos xaponeses e coreanos, pero eu estou moi a tope ca cociña china así que eu vou sobre todo para mercar cousas de orixe china. 
Ademáis de ter todos os ingredientes posibles (dende arroz a sacos de 10 kilos) todo tipo de noodles, setas secas, miles de tipos de salsas, ten tamén moitas cousas conxeladas (o cal é unha bendición). 
Pero o que sempre se me fai interesante é que ten vexetais dos que lles chistan os chinos (as suas berenxenas, repolos, bimi, setas, pak choi, raices de loto ou taro...), todas moi bóas e a precios moi axustados. 
Ademáis de todo isto, tamén vende productos latinos (sobre todo andinos, de México e Centroamérica non tanto). 


E abre os domingos así que o fai ben convinte! (Incluso para cousas que non sexan exóticas). 

Elharari Carnicería 

Iste está na Rúa Pino, por onda Os Choróns. Sei que hai outras carnicerías e tendas de productos halal e do norte de África, pero mira esta tenda ten unha chea de cousas e non é tan coñecida.

Aquí o dito, hai moitísimos productos das cociñas do Norte de África (os propietarios son marroquies), pero tamén vendense moitos productos de moitas outras partes de África. E moitas máis cousas (coma sempre tamén teñen productos latinos).

Ainda que fora poña que é unha carnicería, é realmente un supermercado e non é tan pequeno. Para os que gustedes dos doces árabes, ten unha sección de panadería dentro que mete moito medo. 

Logo no demáis, pois hai dende especias, salsas, froitos secos, ata cousas moi interesantes como peixe seco. 

No hay comentarios: