Pois da Emoción dos Viños de este ano, trouxen moitas lembranzas pero tamén 6 botellas.
Os viños que viñeron para a casa tiñan que ser de adegas que ofrecían viño para mercar na feira (non todas fan), e logo dinlle prioridade a viños que non serían tan fáciles de conseguir en Vigo... ainda que Reboreda e Cañiza están a un tiro, pero apetecía telos xa na casa e acá viñeron.Pois empezamos co Zoar, que é unha aventura interesante de albariño cun chisco de branco lexítimo invitado (vai para garda!).
De Portugal son os Salta Muros, recuperando viñas antigas en Beira Interior (pegados xa a Salamanca). Uns rapaces espectáculares que ... teñen un pequeno drama porque os lumes de este verán fixeronlles perder moitas de esas vellas viñas.
E tamén non moi lonxe de esa parte de Portugal, en Miranda do Douro, La Espeziosa axuda a conservar viñas ben antigas en lugares onde xa non dan en facer viños. Traballando alí en fincas prestadas, facendo viaxes eternos desde Lisboa, moito esforzo para facer uns viños moi xeitosos . Eu trouxen o Antonio (que é o dono da finca).
Nesta ocasión xa máis para o centro do pais, un viño de Lisboa, ainda que a súa localización xa cae en Leiría. Estamos a falar da Quinta da Serradinha. Trouxen o seu tinto de cepas vellas.
E aquí xogandolle un pouco ó arriscado aproveitei para traer un experimento que fixeron en Torgo, que non saben moi ben se vai gustar. Eu non son tan apostalo todo polo natural, pero coma o puiden probar e gustou, non me importa que podan dicir, ven para a casa e iste si que non vou gardar, nunhas semanas e a darlle!










