viernes, 16 de julio de 2021

Choubisnesfood (na casa)

Pasaron moitas cousas no 2020, pero ademáis de todo o malo houbo algunha sorpresa moi agradable. Moitos en Vigo tiñamos moitas lembranzas de Diego (ex-OhSushi, ex-Barrabasada). E de repente... ¡apareceu Choubisnesfood

Cunha pequena peculiaridade porque non é un restaurante se non que traballa habitualmente facendo comida para levar (ainda que tamen arraxa brunchs e alguns xantares en plan pop-up de estes). E tampouco ten web, se non que comunica todo e xestiona todo con Instagram (que non deixa de ser unha bóa idea ainda que eu inicialmente pensaba que era un fastidio que non tiveran web, ó final, as webs dos restaurantes no móvil non son sempre son cómodas). 

Pero o principal é que a proposta gastronómica segue incidindo nas combinacións arriscadas e moi orixinais.


Hai uns meses atreveuse cuns "picantones" lacados estilo pekin co seu arroz frito e unha ensalada de repolo con fiuncho: 



E de postre unha crema de coco con lichis.... fantástica. 




E algunhas de estas ideas que a un non se lle ocurrirían coma xarda afumada, pero en lugar de comer nun prato, a idea e tomala nun bolo coma de hotdog:


Esta caralludo. 

E tamén teño probado un ceviche alucinante que fan (isto xa é algo máis ortodoxo). 


Pescado con salsa satai y arroz



Banofee pie en tarrina


Poke de salmon e kimchi.