miércoles, 1 de julio de 2020

Sopa de fideo seco estilo mexicano.

Moitas veces hai xente que quere facer receitas mexicanas pero pensa que os ingredientes son díficiles (ou caros). Algúns platos coma esta sopa de fideo son accesibles en Galicia en calqueira tenda. O único que ten un pouco de historia é que os frijoles (os feixóns) sexan dos negros, porque a gracia é que lle den color ó plato (ademáis do tomate).



Esta é unha sopa de fideo seco, pero a versión con frijol (o calabacín non existe na receta orixinal, pero eu quien poñerlle algo máis).
E un primo moi lonxano da fideuá ... Que se ben non se parece en nada, ten unha orixe medio similar: usase o fideo coma subsituto do arroz. No caso da sopa de fideo seco, é unha versión do "arroz rojo" mexicano, sen arroz. Esta versión é máis especial porque leva puré de frijoles, co que tes, fideos, frijoles, tomate, un pouco de chile, un pouco de queixo. E un plato vexetariano, e feito de sobras pero moi interesante.

Comparto aquí 2 videos explicando a preparación. Eu fixeno un pouco libremente, porque coma vedes polo color puxen máis feixón que tomate.

En canto ó queixo que lle poñen ... un bó queixo fresco (non usedes o "queso fresco 0%" ese que venden para ensaladas). Que sea queixo do que ten algúns buratiños dentro, que se note que fermentou un pouco ...

A crema que lle poñen é equivalente ó que en algúns supermercados podedes topar como "creme fraiche". Se non queredes ou non topades ... un iogur natural batido .... medio pode servir. E se non lle queredes poñer crema, pois nada.


Versión simple e curta:

Versión cun pouco máis de rollo pero mira, tamén vedes que fácil é de facer porque non hai cortes nen edicións. Todo é máis sinxelo:



Aquí van as fotos de eu preparando: