Este ano se producía o 2 aniversario da Xantanza Blogo-Gastronómica (ou un nome parecido, que non é tan importante o nome específico se non o
'concepto'). Todo xurdiu aló polo ano 2006, cando
'o Gourmet' (que para designar con propiedade habería que engadir o de
'de Provincias y del Perro Gastrónomo', pero que nos cariñosamente abreviamos en
'o Gourmet'), publicou un post que ía marcar un fito:
I Reunión Gallega de Blogogastrónomos. De él foi a idea (grandiosa creemos aquí) de organizar unha convocatoria aberta para se reunir
blogeiros interesados en gastronomía.
Daquelas
Laconada levaba ben pouco tempo funcionando coma blog, pero xa estivo presente en aquela xornada en
Yayo Daporta, que tivo algunha que outra cousa de especial: foi a primera vez que nos coñecíamos todos, xuntamonos xente provinte de moi diversas partes de Galicia (ainda que Santiago é a máis representada, e Lugo e Ourense continúan a non ter presencia ¿ou sí?), e eu por exemplo nin fun capaz de levar cámara e saquei as fotos co móvil.
Pero o mellor recordo que podemos ter de aquela reunión é que se xerou un bo feeling (sobre todo porque hai unha afición moi grande entre os
Xanteiros pola polémica) e que continúan a suceder as
Xantanzas unhas cantas veces o ano, ata esta VII edición.
Nesta ocasión a Xantanza estaba enfocada en dous conceptos:
- A gastronomía da caza (para algo estamos en Outono)
- Unha visita á provincia de Lugo (a única que ainda non acollera unha Xantanza).
- Unha pequena homenaxe a o queixo do Cebreiro
E outra ocasión máis, tocoume respresentar a
Laconada na reunión, da que temos aquí a (casi) foto commemorativa (falta
Geiko, que tivo que fuxir escopetada por mor dun
Wedding Pressent).
Agora vai o xogo, quen queira que localize na foto a:
'o Gourmet',
Delokos,
Manolo,
Sole,
Foucellas (non ese
Foucellas),
Moraima,
Makeijan,
o Viticólogo,
Borralleira e
Cesar. E Chus, e Ana, e Isabel. Os espabilados e con cálculo axil se darán conta que tamén tiñamos a un
visitante do norte de Galicia (do outro lado do Gran Sol, pero do norte de Galicia igualmente). Os máis avispados botarán en falta na foto a
Colineta, pero non puido acudir neste caso, unha pena.
E ainda que non presente na foto, nen na Xantanza, pero que hai que mencionar a
Cesarín que foi quen nos deu as pistas da zona de As Nogais que coñece moi ben.
(Ah, a reportaxe gráfica do acontecemento ó máis puro estilo das páxinas de sociedade de
El Correo ou
Diario de Pontevedra na
galería de fotos da VII Xantanza).
O programa da xanta foi tal que:
Visita a unha das dúas queixerías da denominación de Orixe de Queixo do CebreiroQue serviu para confirmar que a fabricación do Queixo do Cebreiro continua a ser maiormente artesanal. No meu caso tamén me serviu para comprender porque este tipo de queixo continua a ser tan escaso e díficil de encontrar: a producción leiteira na zona é moi cativa. Pero parece haber novas positivas, pois semella que poderían abrirse algunha queixería máis. Tede por seguro que foi todo un espectáculo ver coma os BlogoGastrónomos chegaron coma un reximento a
Nullán, e atacamos a preguntas á nosa anfitriona. E logo de nos enteirar que estamos na mellor época para o
queixo do Cebreiro (lectores, aproveitade estas datas para probar o queixo), foi todo un detallazo que nos desen a proba de este queixo tan especial.
Xa empezamos a comer demasiado cedo, e aínda tiñamos que nos enfrentar co prato principal:
Unha comida de caza (perdiz, corzo e xabarín) na Casa Rural A Lareira.
Ben esta dicir que non só foi caza, de feito esa foi a causa da nosa desfeita (non fumos quen de dar acabado ca comida). Porque xa os entrantes foron demasiado (para o que nos viña logo) abundantes:
queixo de cabra con cebola caramelizada,
empanada de troita,
tortilla de patacas guisada e
ensalda con froitas. (Todos con moi bo xeito).
E logo chegou a caza:
xabarín con castañas,
corzo con cogumelos e
e perdices guisadas. (Case estou seguro que confundo o xabarín co corzo). A min me gustaron sobre todo o
xabarín, e (será que sempre me encantan os detalles sinxelos) as patacas fariñentas que os acompañaban. Non fumos quen de poder con toda esta carne, pero puxemos bó empeño, tedeo por seguro.
Ah, e isto non era o final, porque tiñamos o postre e uns postres ben chulos
: queixo artesano con marmelo,
queique de castaña (fantástico),
piña sorpresa e
tarta de queixo.
Por suposto que necesitamos dunha boa sobremesa para facer ben a dixestión e tiñamos unha fabulosa lareira na que nos sentar ó redor onde poderíamos falar das nosas cousas. Que tede algo seguro, se ós Blogastrónomos lles gusta comer, aínda lles gusta máis falar. ¡¡Que chea de conversasións houbo esta tarde!!