Mostrando entradas con la etiqueta italia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta italia. Mostrar todas las entradas

sábado, 4 de abril de 2026

Esta pascua: Casatiello napolitano!

 Pois nesta Semana Santa deume por facer unha cousa que seica é moi, moi típica de Nápoles en pascua: 

Que un ó do ver ós ovos arribas pensará que iso semella moito a Bola de Pascua que se estila por moitos sitios do Salnés. A verdade é que si. 

Bueno, eu descubrín de maneira moi curiosa a existencia do Casatiello ... foi de visita en Nápoles (e non era Pascua, estaba en febreiro), nunca Salumería moi típica e auténtica tiñan varios pasteles (salgados) para mercar e levar e escollín un que parecía unha rosca, e non lles din entendido coma se chamaban. E ... sorpresa, levaba un ovo dentro e tiña algo de carne salgada dentro. E gustoume. 

Co paso do tempou soupen que iso era un Tortano (ou igualmente un Casatiello, porque usan os nomes moi alternativamente). E o que levaba dentro eran ciccioli, que son uns rixóns que estilan en Italia. E que se gardan e se venden de maneira moi parecida ós chicharróns prensado da parte de Lugo.  E un pouco por isto, porque en Galicia podese conseguir algo moi semellante ós ciccioli, pois quedei ca receita por se podía facer. 

E bueno, e cuadrou que este mes tiña uns chicharróns na casa e tempo e... alá imos! 


E coma sempre, eu para cociñar máis que libros busco moito nos videos de Youtube. De todos os que din chistoume iste dos de Giallo Zafferano. Que seguín bastante excepto porque non lle metín nen queixo nen salami (porque o Tortano que eu tomara en Napoli non levaba esas dúas cousas, e porque bueno, xa me parecía bastante meterlle tanto chicharón): 


Non vou detallar moito o dos pasos nen as cantidades que xa din no video. Só poño as fotos do proceso e tal para que vexades coma foi e que non é moi complicado.






Aquí vai unha pequeña curiosidade e unha pequena trapallada caseira. Coma non teño unha forma de rosca... poiso que fixen foi coller unha bote de lata usado e metino no medio para que fixera do centro. E a cousa funcionou ben eh. 



E despois para comer isto é parecido a coma facíamos ca Bola de Pascua: sacas o ovo, cascalo e rillalo co pan. 



jueves, 22 de enero de 2026

Risotto ai finocchi (con fiuncho bravo)


Pois ista receita está un pouco relacionada ca pasta con peixe e fiuncho que fixen o outro día.  De feito o fiuncho é o meso. As ramas foron para o outro plato, e para este quedei cas raices. 

Neste caso as raices de fiuncho sí é algo que teño visto en algun supermercado e froitería aquí por Galicia. Non é moi popular (canda menos non é tan popular coma en Italia), pero si se podería dar mercado. (Unha das cousas para que se consume moito en italia é en ensalada: ensalada de hinojo y naranja)



Vale, que eu non tiña estes fiunchos gordos, os meus eran pequenos, pero ó final, canos de fiuncho seguían sendo:

En canto á receita do risotto, pois baseime en esta:

Que polo visto é veneciana (e fan de maneira un pouco diferente ós risottos lombardos). Eu seguín as súas instruccións o mellor posible. En canto ó caldo vexetal, eu seguín a tradición italiana de facer un caldo con apio, zenoura e cebola. 


Coma vedes a miña versión non é tan purista, porque eles estan usando a parte branca do fondo do fiuncho, pero estes fiunchos bravos non blanquearan casa neada por abaixo. Outra cousa que na súa receita non sae, pero que eu si que quixen (de outras veces que teño feito risottos, faiseme que lle da un toque moi xeitoso, eu puxen un vasiño de viño - neste caso un albariño). 


Por certo se vedes nos ingredientes, se non fose polo queixo e a manteiga que leva, o prato case podería ser vegano. Non sei ben coma quedaría sen o queixo, nen que pode sustituir á manteiga. Pero se alguén ten curiosidade pe probar xa sabe. 

Esta combinación gustoume moito. O fiuncho queda ainda crocante. Contrariamente ás ramas, que si saben moi moi anisadas, o cano só ten un lixeiro sabor a fiuncho así que non teñades tanto medo. Quedo pendente de mercar un día a raiz esa que venden no super e repetir, pero esta receita gardo para facer máis veces. 

domingo, 18 de enero de 2026

Bucatini con xurelos e fiuncho (bravo) á Siciliana


Xa levaba eu cun certo te tempo con ganas de probar esta receita que seica fan en Sicilia (digo o de seica porque nunca fun por alí, pero en realidade teño visto tantos videos e referencias á esta receita que teño clarísimo que iso é tipiquísimo de alá. 

Pois en Sicilia fan espaguetis con sardiña (ou peixiño azul, coido que con bocareus tamén), pero o choio especial é que usan ramas de fiuncho. E aquilo chamoume á atención ¿coma será isto de combinar peixe e fiuncho? ¿Terá un sabor moi forte? ¿A peixe ou a fiuncho? 

E mira para conseguir o fiuncho, non sei se en Sicilia sementan o fiuncho, pero aquí en Galicia o fiuncho crece bravo. Así que sain de paseo e cando vin un mato de fiuncho arrinqueino enteiro, de raiz (o da raiz vai para outra cousa, xa contarei).  

Receita que usei: Pasta con le sarde, profumo di Sicilia

Neste caso para a pasta o que se fai primeiro é lavar o fiuncho, e cociñase en auga fervendo durante 10 minutos (parecía un pouco de tempo de máis, pero finalmente si vin que o fiuncho contrariamente a outras verduras vese que é bastante rabudo). E non tiredes a auga. Esa mesma auga servirá para cocer a pasta. (Outra cousa a deixar feita é coller as uvas pasas e metelas en auga para que hidraten.) 

E antes de comezar co resto, pillei a tixola quentei aceite e torrei o pan raiado (mollica), e gardo para o final (este choio de torrar en aceite pan raiado para poñer enriba dos pratos de pasta é algo que teño visto en moitas receitas e videos dos italianos). 



E bueno e logo o resto do choio ven sendo o clásico de compa preparan a pasta os italianos. De feito na receita que vos compartín arriba esta ben explicad cada paso cunhas fotos caralludas (xa sei que está en italiano, pero todos os navegadores traen a opción de traducir). A ver se cadra o único detalle que lle fixen eu é que non lle metin tanto azafrán, en lugar de picar moi finiño a cebola deixeina coma vedes así en tiras grandes, e que non tiña xoubas/bocareus se non uns xurelo un chisco grandes así que fixen filetes e corteinos en tiriñas. E dinlle un toque picante porque metín co allo a dourar uns "peperoncino" secos ben rabudos que temos na casa. 



E bueno, o choio máis importante e que máis dúbida me quedaba cando comecei o choio era .... ¿que tal sabe esta combinación de peixe con fiuncho? 

Pois a parte interesante é que ó fervelo como que perde parte do forte do arrecendo do fiuncho (ainda que sí que o prato vai saber a fiuncho a dor) (e non vos preocupedes porque se coza a pasta na auga dos fiunchos, non se lle notou tanto)... Pero o máis interesante e que o sabor forte do peixe azul co fiuncho pegou moi ben. Coido que as dúas cousas por separado serían coma moi intensas, pero xuntas coma que se compensan. 

Pois en resumo, unha receita que apunto e que penso repetir en algunha ocasión máis. O único problema é que obviamente, como o fiuncho non se vende en tendas pois teño que facer por localizar. (E si, xa sei que hai moito fiuncho por ahí, pero coma adoita a crecer en sitios baldíos ou pegado a camiños non sempre esta en moi bó estado ou non sempre se dá con el). Pero se vexo un mato de fiuncho case seguro traio para casa e tomo con sardiñas ou algun outro peixe. 

E coma final, iste video foi un dos que me deu ganas de probar isto da pasta con sardiñas:


sábado, 8 de marzo de 2025

Scrippelle ‘mbusse (daquela maneira)

Tiña caldo dun lacón e ía facer unha sopiña cando pensei que tamén tiña ganas de filloas e lembrei que vira uns videos de unha sopa típica dos Abruzzo italianos: Scrippelle ‘mbusse. E decidín probar. A cousa coma vedes é simplísima. E parece que non vai ser gran cousa, pero ... less is more. E o do queixo maduro (Galmesano neste caso) co caldo de lacón funcionou. 

 Así que son uns "scripelle 'mbusse" un pouco agalegados. Eles (coma estilan en Italia) fan o caldo con carne, apio, cebola e zenoura (a sua base para sopa). Eu fixena con carne de porco salgada así que é un pouco pasarme do choio, pero en realidade calqueira caldiño sabroso coido que sirve. 

Eu nos videos vin que deixaban as suas "scripelle" pouco cociñadas así que cociñeinas pouco (que foi unha boa idea porque así coma podedes ver, cortanse ca culler). Deixo este video como exemplo, que deixa todo explicado moi sinxelo: 

Pois parece unha tontería, pero quedo ca receita para outra ocasión (hei repetir).

viernes, 17 de mayo de 2024

Surprise! Antica Salumeria Malinconico dal 1890


A intención era comer un choio diferente cada día. Coma xa fora a unha salumeria en Sorrento... Pois estaba buscando outra cousa (de feito estaba buscando onde tomar unha pizza a portafoglio ou uns fritti nun cucucurcho). E tamén querendo sair un pouco da zona de Dante e de Montesanto que xa coñecía, metinme costa arriba sen saber ben a onde ía. 

E fun dar ó Quartiere Avvocata,  e mirando a ver onde se podía comer, pois non daba decidido ben (porque tampouco había sitios así de comida para levar que tiveran bóa pinta). E mirei no móvil e saiume coma moi ben recomendado un sitio que tiña un nome máis longo ca nada no mundo. E entre que tiña bóas valoracións e que tiña ese nome tan raro pois cara ahí fun (quedabame perto e non quería desandar todo o camiño). 




 Pinta de tenda si que tiña (ahí tedes uns tomates e uns grelos na porta) pero... non tiña eu moi claro que ahí deran de comer. 




Entrei e fun mirando e descubrín que cara o fondo (moi ó fondo) e hai uns mostradores con salumi e queixos e comidas xa preparadas. E todo unha pintaza. 



Ademáis para que eu comenzara a sospeitar que aquel sitio era moito máis do que aparentaba, pois apareceron uns señores napolitanos (que se notaba que non vivían ó lado e que viñeran exprofeso a mercar aquí) e comenzaron a mercar queixo e embutidos e a falar de comida e tal. 


Teñen para comprar e levar, pero tamén gostan moito de ofrecer panini e que a xente quede a comer alí (a min non me coincidiu, pero é un lugar de reunion da xente de Nápoles para comer alí dentro da tenda). Por certo que son extremadamente amables e moi pacientes cos que non falamos italiano. 

Explicaronme as diferentes opcións de panino e cada unha das cousas que tiñan para vender. Eran tan enrollados que me deixaron unha mesa que tiñan para levar a contabilidade para que eu poidera comer o meu panino de polpette con friarielli e queixo provola afumado. 



E tamén lles levei un Casatiello que é un pastel salgado que leva chicharrons e un ovo cocido enteiro.




E ademáis de outras cousas, enfrende da pasticceria hai unhas vistas preciosas de Nápoles. ¿Ou non? (Bueno, esta esa torre alta que fastida un pouco a visión, pero polo resto está ben). 




Con posterioridade de ter comido alí cando fun mirar algo sobre o negocio descubrín que é un sitio moi famoso (a onde eu fun dar de casualidade).

domingo, 5 de mayo de 2024

Unha salumeria sempre é unha bóa parada (Il Bocconcino).

Supoño que cando ides de viaxe por ahí sodes coma min e gostades de ir ós mercados e ás tendas da vella escola (e tamén os supermercados, non deixa de ser curioso ver coma mercan e que comen en outros sitios).



Eu estaba de paseo por Sorrento e en Via San Cesareo, entre as tendas de souvenirs, bolsos e roupa, había unpa quenena tenda que detrás das galletas e os limoncellos que tiña na entrada viase que vendía queixos, salumes e incluso viños.



(Aquí comento que Sorrento decepcionoume un pouco, vina moi turistificada, pero coma en todos os sitios, buscando sempre das con algo que se sae do choio, coma esta tendiña).

E alí parei e fun mirar. E falei un pouco co señor que atendía (ainda que eu non me solto moito co italiano). Pregunteille unhas cantas cousas e tamén aproveitei e fixeronme un panino, porque tiña que probar as súas cousas.

E mira, tamén tiven a ocasión de tomar un vasiño de viño tinto de sorrento (que tiña para vender a granel). Planazo.

O sitio, que se paseades por Sorrento ides dar con el sen problemas chamase Il Bocconcino.  


Antica Cantina Sepe - Sanità - Nápoles

Para probar viños en Nápoles: Antica Cantina SEPE. En Sanita (Metro Cavour).

Tratase dunha pequena tenda de viños (se mirades dentro tedes dous tanques de aceiro onde venden o viño a granel), pero tamen poñen unhas mesas fora onde podes tomar viños (ten horario de tenda, pechan as 21h).


E aparte do seu viño teñen botellas de viño, cervexas e licores, especializados en viños da provincia de Campania. E unha parte interesante para os turistas e os paseantes pola zona é que poñen unhas mesas fora onde podes tomar algún dos seus viños e das súas outras bebidas. 


É moi interesante porque ofrecen moitas botellas por copa, co que permiteche dunha maneira moi comoda probar e comparar varios viños!!

O meu plan era probar un dia os brancos e o seguinte tintos, pero polo horario non puiden os tintos. 😭

- Asprinio d’Aversa - Az. Vitematta

- Greco DOC - Vigna Cicogna

- Lacryma Christi - Az. Romano

Os tres viños espectaculares, e ben diferentes (non todo é volcanico en Campania).

Quedei especialmente encandilado do Asprinio (buscade coma son as vides😲). Habitualmente en Aversa fan spumante, pero eu tomei o tranquilo.

Antica Cantina SEPE: 

https://www.facebook.com/p/Antica-Cantina-Sepe-100057442210246/ (Si, ainda funcionan no Facebook, así de auténticos son). 

https://www.instagram.com/antica.cantinasepe/

Antica Cantina Sepe: The Maradona of Wine