domingo, 30 de junio de 2019

El bingo taquero

Tengo un amigo que va a ir de viaje a Ciudad de México. Y me pidió que le recomendase que tacos debería tomar. Y yo le preparé una lista ilustrada de todos los tacos que considero que debe probar.
La idea es que vaya con la lista de tacos y vaya probando todos hasta conseguir completar la lista.
Aquí va:



Antes de que ustedes se me pongan agresivos voy a aclarar: 
  • Faltan algún de taco (el de tripa es el más obvio). Tambien faltan los tacos placeros, los tacos acorazados (pero al final son un tipo de taco de guisado). 
  • No hay garnachas, ni quesadillas ni gorditas. Esas se merecen su propio bingo. 
  • Las fotos podían ser mejores pero son mis fotos y son con las limitaciones que tengo.  

sábado, 29 de junio de 2019

Falemos dos neobistrots parisinos

Non sei se algún de vos caerna nesta páxina buscando información sobre un bistrot parisino chamado Le Petit Varenne. Eu diría que non, porque hoxendía a xente xa non busca restaurantes nos blogs (acaban no GoogleMaps, TripAdvisor e moitas outras redes/apps). Pero bueno, se por un casual caedes aquí, pois mira hai fotos e información de Le Petit Varenne.

Hai xa uns anos, a finales dos 90 en París púxose de moda o de abrir restaurantes pequenos por cociñeiros novos. Por ser pequenos, os cociñeiros podían permitirse o coste de abrir un restaurante por si mesmos (París é unha cidade imposiblemente cara), e tamén podían traballar con pouco personal (que tamén supón moito custe ós restaurantes). Adicionalmente, estes cociñeiros tentaban alonxarse do luxo da alta cociña e da sofisitación e complexidade da nova cociña. Querian voltar a facer platos sinxelos, pero "con toques modernos". Outra cousa que fixern foi reducir a carta ó mínimo, ofrecendo casi un menú do día con 2 ou 3 opcións, e coma moito ... algún extra de cando en cando (iso sí a idea era que este menu diario fora cambiando e tivera cousas novas).  A todo isto chamarono: NEOBISTROT

E o choio estivo funcionando moi ben en París. E foi espallando tamén polo mundo (ou non, en España nunca admitiríamos que seguíamos seguindo modas francesa ... pero os gastrobares viñan sendo unha idea parecida). Bueno, xa pasaron casi 20 anos. E incluso en Paris chegaron e foron moitas outras modas no medio...

¿Que pasou cos Neobistrot? 


Pois sigue habendoos. Eu fun a investigar.


Pequena descripción do Neobristrot:


Local pequeno tirando a moi pequeno.

Mesas moi arrimadas porqu o local é pequeno:
A carta ven sendo reducida.

Normalmente funciona coma unha "formula" (que é coma chaman en París a os menús do día):

  • Primeiro e segundo 
  • Primeiro e segundo e postre 
E as opcións adoitan a ser: 
  • 2 ou 3 primeiros 
  • 2 ou 3 segundos
E habitual que haxa algún plato especial entre os primeiros e os segundos. E se pides estes "especiais", pois pagas un pouco máis sobre a formula orixinal. 





Por exemplo esto que pedín de primeiro era un plato "especial". Blinis con salmón gravlax. (Non, non é salmón afumado: o gravlax é salmón salgado e con eneldo, por tanto, non afumado).



De segundo pedín unha cousa que chamaban filete Jackie Chan. Que viña sendo un filete feito á plancha, pero que lle puxeran enriba os acompañamentos típicos do pho: ceboliño, hortelá e pemento: (e salsa de vinagre de arroz)

E iste foi un viño borgoñés que pedin por copa ... e era de caro coma un dos primeiros platos (para que vexades coma andan as cousas de caras por París, pero eu andaba manirroto e por outro lado, era de estes viños que se non pides, non probas nunca). Pero paseime un rato.

Pero se ben, lembro ben coma era o viño, non apuntei o nome da adega así que non vos podo dicir cal era. (Vaia desastriño son).

Coma vedes, outra cousa dos neobistrots, é que as cantidades non son excesivas. Non é un restaurante de empachar.

O postre era un financier (un pastel de amendoas moi parisino) pero neste caso tamén con pistacho (amendoas e pistacho), con iogur xeado e frutos vermellos:



Pois coma vedes o choio saume case por 50€. Coma comentei, son prezos que comparados cos de Galicia fansenos carísimos, pero en realidade en París este prezo é tirando a habitual.  Obviamente é alto (e aquí non ven a comer a xente de día a día, se non que é máis ben un lugar para que os empregados e viciños da zona veñan a darse un capricho), pero permite comida bóa e sen entrar xa nos prezos dos restaurantes que son ainda máis caros. 

Resumo

  • O neobistrot está pensado para parisinos non para turistas (ainda que moitos teñen clientela internacional). 
  • Por iso o seu funcionamiento é sobre todo durante os días de semana (mediodía e noite).
  • Tamén por isto, os menús son cortos: primeiro, segundo, e postre, e non van de menú degustación. Tamén en racións, sen ser enormes ... son grandes. 
  • E cando digo que está feito para parisinos, tamén quero dicir que esta feito para xente con cartos (vivir en París non é barato).  Son máis baratos ca un restaurante, pero son bastante careiros. 
  • O ambiente é tirando a máis informal ca nos restaurantes, pero coma dixen antes, a xente vai elegante (porque son xente molona). 
  • En realidad a razón e ser dos neobistrots é o local. Porque coma case todo o centro de París é patrimonio protexido, non se construen novos edificios e reformanse poucos, así que para abrir restaurantes centricos hai que aproveitar cafés, antigas tendas e baixos cativos. Por iso adoitan a ser todos pequenos e con certas incomodidades (baños no subterraneo e cousas así). Moidos dos neobistrots canbian a cociña e conservan a decoración retro do local, outros danlle un novo toque.  
  • O a parte neo- é que fan cociña con aires modernos.  Tampouco é que vaian no plan de facer cociña experimental, pero si que teñen moita fusión con outras cociñas do mundo, e as cousas son moderneiras. Un bistrot dos antigos tiraría máis a cociña francesa clásica (guisos, carnes, e cousas de esas). Pero ainda así case todos os bistrots seguen mantendo algunha reinterpretación de cociña francesa. 
Eu penso que son interesantes. E coido que se ides por París deberíades incluir un NeoBistrot (por exemplo para comer entre semana) na vosa visita:
  • Moitos de eles teñen algúns dos mellores cociñeiros da cidade (que cansados pola presión e tensión da alta cociña, e ca avantaxe de non ter que traballar nas fins de semanas, pasaronse ó neobistrot). 
  • Por outro lado, coma o publico é maiormente parisino, podes ser moi interesante para os que vaiades a turistear: para ver (e non digo que vos vaia gustar nen que vos sintades a gusto) coma son os verdadeiros parisinos. 
  • Finalmente, porque moitos manteñen platos tradicionais franceses, así que para probar algo de comida local funcionavos. 


Pois ata aquí é todo. Así conto un pouco o choio dos neobistrots. 

lunes, 3 de junio de 2019

Grandpa Kitchen

Cain de casualidade no canal de esta xente de Kerala (India) que fan videos de cociña: Grandpa Kitchen. sempre en cantidades industriales, sempre cociñan ó aire libre, e sempre fan todo ben felices e contentos.

Ainda que vai ser dificil reproducir moitas das súas recetas, a verdade é que é moi, pero que moi interesante.



Aqui fan un Biryani Mongol...

Pero máis interesante ca ese, é que fan o Biryani en ola de barro. Eu teño probado en varios sitios (incluindo en Pakistán) o arroz feito na ola de barro, e é unha cousa moi especial. Gostame moito. Dalle un punto que non se consegue nen na paella, nen nos cazos, nen na vaporera.



Un Poori de Pataca (tortiñas de pataca, moi típicas da India)

E unha das miñas favoritas ... o Keer de fideos: