Esta era unha historia que levaba preparado dende fai máis dun ano (id est, que a cata xa foi há un ano), pero que nunca dera publicado. Tanto tempo pasou que namentras ata houbo o peche das conservas Miau (e Guau): case que o sinal do fin dunha época. Pero obxetivo inicial era escribir sobre Conservas Albo así que de momento esto vai seguir así.
Para min as conservas de peixe teñen un sitio sempre nos meus recordos culinarios. Os españois, cando marchamos ó estranxeiro botamos a menos a comida do país. E nas nosas equipaxes sempre van (ben o saben os aduaneiros do mundo enteiro) cousiñas típicas que en outros países non se poden topar. A maior parte da xente que coñecía andaba a carrexar embutidos e xamón. Eu o que levaba sempre na equipaxe eran unhas latas (tamén levei xamón e chourizo, de feito en Chicago chegamos a xuntar tanto xamón que chegamos a dicir "en España nunca comín tantos días seguidos xamón").
Tampouco nos eganemos, no mundo globalizado a conserva de lata faise xa case toda no estranxeiro. Pero incluso no tema da conserva, as cousas non son alá fora coma aquí: é moi chamativo que en Europa do Norte ou nos EEUU, o atún en lata non ven en aceite se non que o prefiren en auga (aquí o venden coma máis sano, pero eu prefiro tomar menos atún e poder disfrutar do fabuloso sabor e textura do que ven en aceite - de oliva). Outra cousa que me chamou a atención é que sardiñas en lata (neste caso sempre en aceite) por fora de España vendense (en algúns casos) sen pel e sen espiña (co cal quedan bastante desfeitas). E o que sí, zamburiñas, mexilóns, berberechos e cousas de estas: non chas hai.
De todas as marcas que hai en Vigo, eu sempre tiven unha certa preferencia por Conservas Albo. Por duas razóns:
- O deseño externo das caixas de latas é todo un exitazo: non pasa o tempo por el. Dun só golpe é moi identificativo, deixa ver claramente o producto e tamén amosa a orixe (ese mapa do nordeste de España). ¿Coma se podía facer mellor?
- Mentras que outras marcas non cambian moito do tema de en aceite/escabeche/¿tomate?, en Albo sempre tiñan productos con combinación moi exóticas (aínda que cada vez son máis díficiles de ver estas variedades nos hipermercados, que van arrinconando os productos non maioritarios).
Veña, así que aquí vai a miña pequena revisión por algún has latas:
Mejillón en Salsa Gallega
¿Que é a salsa gallega esa? Pois unha allada: aceite, pimentón en allo. Ou un intento de allada. Non me convenceu demasiado.
Bacalao a la Vizcaina
O primeiro que me diredes é ¡pero se non é Albo! Pero asegúrovos que hai un Bacalao a la Vizcaina Albo. Pero non o din topado o día que escollera para ir mercar. Así que tiven que coller co único bacallau que din topado (PayPay tamén é de Vigo).
Ista conserva é ben curiosa, porque é máis ben un plato precociñado enlatado. (Facer unha conserva con bacallau desalgado é un pouco coma a cuadratura do círculo). Nunca a tomara, se ben a tiña visto unha chea de veces.
Cando a abres xa ves que todo está moi organizado: 1 peza de bacallau, unha aceituna negra, un pemento morrón, e unha zanahoria, con aceite. O bacallau tiña espiña, pero o curioso do caso é que non sei se pola inmersión no aceite, ou que, as espiñas do bacallau parecían cartilago.
Estabache moi bó, a verdade estou a pensar que viríame moi ben ter un par de latiñas de esto na casa, para facer cunhas pataquiñas, e xa teño unha comida para casos de emerxencia.
Sardinas "Picantonas"
Iste é un clasicazo (coido ter visto que algunha outra conserveira tentou copiar) dos de Albo. Eu son un verdadeiro adicto a estas sardiñas. Coma no caso anterior é todo unha maravilla de loxística: en cada lata sempre veñen 3 sardiñas, un cachiño de zenoure e un pepino en vinagre (ten que estar envasado a man, se non non se explica).
Tratase dunhas sardiñas en aceite con salsa picante (non son coma as sardiñas en aceite cun cacho de cayena que fan outras marcas, nen tampouco un tipo de escabeche picante). A min parecenme fantásticas.
Agujas en Aceite
Inicialmente falei que isto trataría de conservas inusuales e vou e agora vou a mencionar algo tan tradicional coma agullas en aceite. Pois canda menos na miña opinión, as agullas sonvos algo bastante inusual, nen en Madrid, nen en Barcelona (nen no estranxeiro) teño visto conservas de agulla.
Aquí pola zona de Vigo, en cambio non faltan en nengunha tenda. Son un clásico moi ben considerado.