sábado, 24 de marzo de 2012

A Xantanza do Ata Outra ( Ateneo de Piñor )

Este pasado mes de Marzo tivo lugar unha Xantanza ( a número XVII ) moi especial. A tradición é que hai unha xantanza por tempada (4 ó ano): inverno, primaveira, verán e outono. E nesta ocasión adiantamos a xantanza de primaveira a febreiro (sí, esto é un post con varias semanas de retraso)

A razón do adianto é que o blogastrónomo coruñés Manoel Foucellas marcha a Santiago.  Non a Santiago de Compostela, a Santiago de Chile:
A todo isto retraseime tanto en contar o de esta xantanza que actualmente Foucellas está xa en Santiago de Chile, coma podedes seguir no seu twitter:

Coma despedida decidimos facer un tributo á lexendaria capacidade de papar do señor Foucellas (18 pratos e repetiu a fabada e o arroz con leite!) e á cociña tradicional galega (que é o que máis lle ha costar disfrutar en Chile) e escollemos o famoso Restaurante Ateneo en Piñor.

Xa ven sendo o terceiro artigo que lle adicamos ó Ateneo en Laconada. Vai parecer que temos especial interés en promocionar o sitio. Non fai falla que lle fagamos nengunha promoción. Ateneo sirve 100 servicios ó mediodía e outros tantos pola noite todos os días da semana (excepto os martes, que pechan por descanso). Non necesita nengunha axuda nen promoción. Neste caso é a inversa: sodes vos os que estades perdendo por non ter parado nunca no Ateneo. 
 Para que despois non digades que os Blogosgastrónomos somos sofisticados o menú foi algo moi habitual:
  • Entrantes: Empanada
  • Cocido Galego a fartar
  • Postres típicos de entroido: filloas, orellas e rosquillas (que non son típicas de Entroido, pero son especialidade da cociñeira, Erundina)


Empanada de Zorza
Vou a destacar especialmente na comida a empanada. Erundina ten un cariño especial polo forno e a repostería (todos os bizcoitos, galletas e melindres que se serven na cafetería do Ateneo están feitas a man por ela: insisto neste punto, porque se ben pode que non queirades parar a xantar, pero un café no Ateneo permite probar estes postres. E incluso podedes comprar para levar. Deliciosos).

E notase: a empanada de Erundina (tomamos esta de zorza, e tamén fixonos para levar unha de bacallau e outra máis de zorza) ven sendo unha das mellores empadas que teña tomado en anos. Ten esta arte especial de facer o pan crustillante, pero sen ser graso. E os recheos: viciosísimo. Mirade que de carne levan.

Hai que parar no Ateneo a probar a empanada: digo.


Cocido ca súa cacheira, o seu lacón, grelos, chourizos (normal e de cebola), e con garbanzo (que parece que xa está definitivamente asentado coma opción preferida do cocido)


Filloas con crema, Orellas, Rosquillas
Para a xente de dente doce: ¡mirade que postres! Aparte nótase que as filloas e a crea están feitas con ovos da casa: mirade que cor. Todos os bizcoitos, galletas e melindres que se serven na cafetería do Ateneo están feitas a man por ela: insisto neste punto, porque se ben pode que non queirades parar a xantar, pero un café no Ateneo permite probar estes postres. E incluso podedes comprar para levar. Deliciosos. (¿Que o dixen xa? Pois insisto, para que vos enteiredes).

A comida tamén serveu para a reivindicación do viño tinto galego. Que sí, que hai (cada vez máis) tintos galegos (e cada vez mellores). 

VX Cuvee Caco segundo a opinión dun aficionado en Chicago
"Coto de Gomariz had some interesting whites, though all of us felt that the best red of the evening was the VX Cuvee Caco, a blended red of Sousón, Caiño, and Mencía, with flavors of cherry, violet, soft tannins, and good acidity. Overall, it was a well-balanced wine that reminded my of some of my Portugese favorites."
Tarabelo - Bodegas Eladio
"En boca muestra una estructura media con notas frutales. Astringencia punzante."

Tintos de Ribeiro: Tarabelo & VX Cuvee Caco
Ah, e para insistir en que os Blogogastrónomos non somos uns grupo sofisticado, e que as nosas xantanzas son máis festa ca outra cousa. Máis ben somos un pouco impresentables.

De feito ó rematar de comer sacamos un radiocasé e estivemos animando con música os cafés e os chupitos. ENTROIDOOOOO!!!


lunes, 19 de marzo de 2012

Filloas (dun xeito, que haiche moitos outros)

Este domingo xuntámonos toda a familia a celebrar o San Xosé e a miña madriña trouxo filloas.




Chama a atención dúas cousas:
  1. Son moi amarelas: é obvio que levan moito ovo, ovo da casa, de ahí a súa cor. Isto debe ser unha tendencia moi en moda, porque este mes de marzo tomei filloas en distintos sitios (2 de eles restaurantes) e todas tiñanche unha cor ben viva. Para o postre, eu coido que lle presta moi ben que teñan tanto ovo.
  2. Teñen buratos case coma se foran de encaixe. En canto a isto, as irmás da miña madriña coidaban que era cousa de ter tanto ovo. Eu estiven facendo experimentos con esto de facer as filloas e se ben pode que teñan parte de razón no tema dos ovos, o que eu vin é que se fas as filloas a lume moi forte e moita grasa na tixola aparecen moitísimos buratos, coma estas. 
 ¿Cal é a vosa opinión sobre estas dúas cuestións?
  1. ¿Estades a favor da filloa con moito ovo?
  2. ¿ Dadesme a razón de que o segredo de tanto burato é facelas a lume moi forte?

domingo, 4 de marzo de 2012

Curras / Cocido / Lalín

Onde comer o mellor cocido? Principalmente en 2 ou 3 sitios: a casa da abóa, a casa da outra abóa, a casa da sogra...

Pero isto é un punto de vista moi restrictivo: hai moitos restaurantes moi bós onde ir comer cocido, e para ir cos amigotes non é bóa idea ir á casa da sogra.

Neste caso vou falar moi ben un sitio de Lalín onde fan un cocido que merece moitísimo a pena.

Foto cortesía de @sevepezFoto cortesía de @opaco
Aquí van os facts:
  • O lacón estaba perfectamente desalgado, tenriño, non excesivamente febroso, de cor viva (no primeiro plano da primeira foto). O chourizo igualmente: todo carne, ben afumado, ben seco: coma na casa ou mellor
  • O truco de que coceron as patacas na salsa dos chourizos: estaban vermellos e saborosos. (Esta idea vouma apropiar cando faga os meus cocidos). (Vese na segunda foto)
  • A grande variedade de carne desplegada: lacón, cachucha, touciño, galiña, falda, lingua salgada, rabo de porco, costilla salgada, vertebra de porco salgada,... (e ainda me debín deixar algunha atrás). 
En resumo, un cocido á vez sofisticado, ó mesmo tempo coma o da casa, e a fartar.

E non menos hai que mencionar os postres, caseiros, e a encher: queixo da casa con membrillo idem, leite frito, filloas con ovo-ovo, cañas con crema, e flan de café.

Cocido, bebidas, e postres a fartar: 25€

Bodegón Curras (mapa)
Rúa Monte do Faro, 4
36500 Lalín
986 781 251


Ver Laconada en un mapa más grande