Pero isto é un punto de vista moi restrictivo: hai moitos restaurantes moi bós onde ir comer cocido, e para ir cos amigotes non é bóa idea ir á casa da sogra.
Neste caso vou falar moi ben un sitio de Lalín onde fan un cocido que merece moitísimo a pena.
Foto cortesía de @sevepez | Foto cortesía de @opaco |
- O lacón estaba perfectamente desalgado, tenriño, non excesivamente febroso, de cor viva (no primeiro plano da primeira foto). O chourizo igualmente: todo carne, ben afumado, ben seco: coma na casa ou mellor
- O truco de que coceron as patacas na salsa dos chourizos: estaban vermellos e saborosos. (Esta idea vouma apropiar cando faga os meus cocidos). (Vese na segunda foto)
- A grande variedade de carne desplegada: lacón, cachucha, touciño, galiña, falda, lingua salgada, rabo de porco, costilla salgada, vertebra de porco salgada,... (e ainda me debín deixar algunha atrás).
E non menos hai que mencionar os postres, caseiros, e a encher: queixo da casa con membrillo idem, leite frito, filloas con ovo-ovo, cañas con crema, e flan de café.
Cocido, bebidas, e postres a fartar: 25€
Bodegón Curras (mapa)
Rúa Monte do Faro, 4
36500 Lalín
986 781 251
Ver Laconada en un mapa más grande
No hay comentarios:
Publicar un comentario