martes, 27 de diciembre de 2016

Moi grande: Tortas El Recreo (Originales del Vaquita)

Moi bóas, meus queridos lampantíns galegos. Xa sei que vos coidades que coma se come en Galicia (dimension: cantidade) non se come en ningún lado. Pois apuntade na vosa lista México, porque sonvos tamén de coidado.

O lugar chámase Tortas El Recreo. Pero coma na cidade de México tomanse moita liberdade á hora de copiar o nome de outros sitios (hai 12 Tacos El Paisa ou 9 ou 10 Tortas/Tacos Beto sen negunha relación entre eles), pois engadenlle un sufixo, así que queda cun nome ben longo: Tortas El Recreo Las Originales del Vaquita.


Están situados un pouco en terra de ninguén: Itzacalco, a delegación máis pequena de Cidade de México. Non é precisamente a zona máis visitada da cidade, ainda que esta perto do Mercado de Jamaica (que si que xa é unha zona culinariamente máis coñecida).

A historia deste lugar é de maneira resumida: "había un tenderete na rúa que tiña un señor (el Vaquita) onde facían unhas tortas moi lexendarias, e colleu tal fama que foi crecendo pouco a pouco". Agora o negocio o levan as súas 3 fillas.

E interesante que co Google Street View podemos ir vendo coma foi cambiando o lugar, e vese que a "prosperidade" é algo recente. Ata hai ben pouco nen nome tiña escrito.

 2008
2011
 2015
 2016

Bueno, algún diredes que non cambiou moito ... pero: mesa con mantel amigos!!! Todo un luxo.

Supoño que estaredes ata o carallo de que falemos do local e da súa historia. Queredes ver porque ten tanta fama. Pois tratase dun posto que fai tortas (que é coma os mexicanos chaman ós bocadillos). Unha das cousas curiosas do lugar é que esta especializada nun tipo, non lle podes pedir outra cousa. Fai tortas de pierna al horno. En México cando falan de pierna refirense a xamón asado (alá, jamón usase para o xamón cocido).

Neste caso, di a lenda esta pierna esta cociñada durante 12 horas no forno. Logo pola tarde (por eso as fotos de Google aparece desertico, porque este sitio funciona pola tarde e o GoogleCar vai pola mañá) fanse as tortas:





 O que fan é quentar (dourar) a carne esmagada, con manteiga. E vaise preparando a torta:

  1. Pan (3 tamaños, o normal - que non é tan normal pola canidade que lle meten dentro - o grande - o que vedes nas fotos - e o xigante  - tamaño dun monopatín)
  2. Untaselle frijol refrito
  3. Ponse queixo manchego (mexicano, que non ten nada que ver co noso)
  4. Cebola a eito
  5. Engadese coma un kilo de carne 
  6. Un tomate grande 
  7. Un aguacate enteiro (ou dous)
  8. Toda a cantidade de queixo oaxaca que se poda



Outro dos segredos do lugar e esa salsa de chipotle que vedes en primero plano: tratase dunha salsa non moi picante (para México e moi picante para España) de chipotle e cacahuate.

O resultado é unha cousa tan esaxerada coma isto:


Pero supoño que vos interesa o veredicto....

O choio está ben, materiais de primeira calidade (tanto as froitas coma os queixos, coma a carne) pero tenvos algún pero:

  • Non hai quen lle meta dente a iso: hai que ter unha queixada desproporcionada. Hai que ir comendo pouco a pouco comezado por un lado. O que é unha foda, porque o que estaría ben era na mesma dentada tomar carne, tomate, cebola, aguacate e queixo. Por desgracia primero comes carne, logo tomate e cebola e logo o queixo e o aguacate. Cada ún o seu tempo. 
  • Non nos pareceu moi bóa idea que lle poñan tanta manteiga de vaca á hora de dourar a carne. Sabe moito a manteiga. E o xamón asado non é algo que vaia ca manteiga. Houbera sido mellor que lle puxeran un aceite máis neutro ou que usasen manteiga de porco. 
En calqueira caso, o invento hai que probalo. Os mexicanos veñen aquí ca moza a ter unha cea, e non pensedes que comparten a torta, cadaquén a súa. Que romántico!!

miércoles, 21 de diciembre de 2016

Adios Osushi, hola PurOSushi

Como decía Giuseppe Tomasi de Lampedussa (El Gatopardo 1958):
"Se vogliamo che tutto rimanga come è, bisogna che tutto cambi."
(Si queremos que todo siga como está, necesitamos que todo cambie)

En realidad es un poco retorcido usar esta cita, porque originalmente era muy irónica. Pero lo dicho literalmente aplica a este cambio: Osushi cambia de local y de enfoque para seguir siendo lo que era.

Así que el 2017, Osushi cierra y PurOSushi abre. Y muy cerquita del antiguo restaurante, así que no hay perdida. 

Fueron 10 años de Osushi, aunque yo sólo lo conozco desde 2009. Voy a ir poniendo un poco los diferentes menús de cada época para que se vea como fue cambiando y evolucionando la cocina de OSushi.

Aparte de que yo parece que la cámara ha mejorado, tambien se ve como poco a poco Andrés ha ido mejorando su arte. Y por otro lado se ven algunos platos que con los que se experimentó y que ahora ya no están en la carta. Una cronología de unos cuantos años de la cocina de Andrés. 

2009 - Bento de Sushi:

 2010 - Primer menú degustación
2011 - Visita veraniega



2011 - Xantanza en OSushi
2013 - Menu Niigata
2015 - Omakase veraniego
2015 - Fin de año en Osushi


2016 - Visita de primavera
2016 - Visita veraniega



 

viernes, 16 de diciembre de 2016

Eirado da Leña (2016)

O Eirado da Leña é un atleta de fondo. Xa leva moitos anos aberto na cidade e foi pouco a pouco convertindose nun lugar de referencia en Pontevedra. Este ano tiven a ocasión de ir de visita e ter unha bóa cea.

Habitualmente fago a valoración ó final, e antes tedes que ver as fotos, pero desta vez vou a facer a valoración ó comezo e logo ides mirar nas fotos.

  • Pedimos o menú corto (3 entrantes, un principal, queixos, dous postres e café).
  • Tamén solicitamos a maridaxe. A maridaxe estivo ben interesante, moitos viños portugueses que non tiñamos probado antes (unha das razóns para pedir maridaxe é probar cousas novas, ou non?). Gratamente sorprendidos cos viños.
  • Curiosamente coincidiu que todo o menú foi de peixe e mariscos (tamén moi contento por elo, non me cae a cría se non tomo carne).
  • Gustame o de que poñan queixo antes do postre (eu vivo nun país que non ten ese habito e botase a menos)
  • Se ben os entrantes tiveron moito sabor e diversión, o millor da comida foi o peixe á plancha. Pensade se tal que son un rancio, pero un bo peixe no seu punto queda fantástico. E non desmerece ó cociñeiro, que é ben complicado deixalo así de ben. 
  • Os postres moi golosos, e os petit-fours co café tamén
  • Moi recomendable tanto pola comida, porque os prezos non son inalcanzables e polo trato
  • O restaurante é pequeniño así que é recomendable reservar

Veña, van as fotos



Arrancamos cun petisquiño. Un destes famosos bao que estan moi de moda en España.

Logo viñeron unhas navalliñas nunha vinagreta cítrica. Arrincando cunha boa combinación de mar e sabores refrixerantes.

Vieira salgada e afumada: pero non tan salgada ou afumada eh!! Seguía sabendo totalmente a vieira.

 E logo adicado a un exiliado en México coma min, bonito un chisco picante (que non está tan picante, eh!)

Despois para min o que foi o momento máis sinxelo, pero ó tempo máis exitoso, un peixiño de calidad tope feito a ferro, de maneira moi axeitada.


Un platiño de queixos artesáns ...



Postriño de oreos e xelado de frambuesa...


 E unha moi deliciosa torrixa con xelado

E os petit fours... con varios tipos de chocolate

miércoles, 7 de diciembre de 2016

Café e chocolate ... mexicanos

¿Lembrades a famosa conversa de Vincent e Jules en Pulp Fiction? Pois México e España teñen cousas parecidas pero... diferentes.

Café de Olla

Vaia, estaredes pensando, isto sona moi parecido ó café de pota tan típico de Galicia. Pois sí, a idea é parecida, pero coma lle pasa a Vincent Vega, ten cousas diferentes.

Coma o café de pota, o café de olla faise quentando auga e metendo dentro cafe moido. Pero aquí remata a semellanza. Primeiro, a tradición mexicana é facelo nunha ola de barro. E logo a outra diferencia é que o café de olla leva doce e aromas:

  • canela para lle dar sabor (cousa nada inusual en México onde se lle pon canela a todo, encantalles)
  • piloncillo para facelo doce
Ainda que eu sonvos máis de cafe sen endulzar, adapteime moito ó sabor do café de olla. Non vaiades pensar que o sabor da canela notaselle tanto (vai mezclada con café, que xa ten un gusto ben forte). Tampouco ten un doce esaxerado. O choio parece unha infusión, notandose o sabor do café pero sen amargar en exceso.

Sendo este o xeito tradicional de facer o café, hoxendía os mexicanos consumen máis Nescafé (con leite evaporada ... que non condensada). Nescafé do normal, non do descafeinado, que en España algúns pensan que só fan do descafeinado. 

Fago un engadido sobre o piloncillo: o piloncillo é ingrediente fundamental da cociña mexicana. Faise ca caña de azucar (poderíase dicir que é o abó do azucre). Vale, cando estades lendo esto estades pensando que é coma azucar morena. Non, non tal. A ver, o primeiro é que a azucar morena que se vende en España (case todas as marcas que teño probado) non sei que carallo é, pero sabe coma caramelizado. O de caña sen refinar sabe ácedo e afroitado. E logo é que o piloncillo é ainda un paso previo, máis cerca do sabor da caña.


Porque o primero que hai que dicir é que a caña de azucar ten sabor, un sabor coma a lima e un pouco a herba. O piloncillo ten ainda un chisco de esta acidez e logo sabe coma a anis (sí a caña é ben curiosa en canto a sabores). Pois iso, o zume cocese, espesa e logo metese nuns moldiños pequenos e quedan estes conos cativos, que logo usanse para cociñar ou facer doces. (Hai que disolvelo en auga quente, o carafio este é dureiro).

 

Chocolate Mexicano

España aprendeu a facer o chocolate dos mexicanos e logo os mexicanos tamén adoptaron un estilo parecido de facer o chocolate quente. E cando digo parecido, é que eles tamén teñen preferencia por facer chocolate en cunca a partir de pastillas. (No resto do mundo usan pó).



A diferencia interesante é que en México popularizouse o facer tabletiñas pequenas, ca dosis individual para facer unha cunca. Isto pareceme un inventazo. As tabletas de chocolate a la taza, eran un bo lío de cortar. Outra cousa que me chamou a atención é a querencia por darlle forma circular ou poligonal. Se ben tamén as hai rectangulares. 

Onde si que hai diferencia é no chocolate resultante. Por un lado o chocolate mexicano non espesa (tampouco vaiades a pensar, o chocolate español faino porque lle engaden algún espesante), e por outro sempre quedan uns pousos que non se disolven, e por outro adoita a levar algunha especia (canela, unha vez máis). 

Nota, como en España hai as dúas versións de facelo con auga ou con leite. O que é diferente é que acostumbra vir xa doce. Moitas marcas teñen tamén unha versión "semiamarga". 

E para rematar con esta historia sobre o chocolate, hai que destacar que estas tabletiñas de chocolate teñen un uso aparte de para facer bebida. Compranse para preparar mole na casa (o chocolate é un ingrediente fundamental).  De feito, incluso ainda que un compre pasta de mole, podes engadirlle ti mesmo chocolate, para facelo menos picoso ou para facelo máis doce. 

lunes, 5 de diciembre de 2016

Narvarte al Pastor


Las veces que he pasado por la noche por la zona de Poniente de Narvarte siempre me ha llamado la atención la concentración de locales de tacos en un radio bastante reducido. Además, todas estas taquerías han mantenido la pureza de no abrir sucursales (bueno algunas han abierto cerquita).

Así que como queda muy cerca se me ocurrió que podríamos ir a probar un par de tacos pastor en cada una y ver cual es nuestra preferida:

El objetivo inicial era ambicioso, queríamos darle 6 taquerías, pero al final se quedaron fuera tanto El Vilsito como Tacos Beto (además Tacos Beto no es famoso por sus pastores).

(Despues descubrí que alguien ya había hecho un tour/comparativa parecido/parecida)  

Ahí va el tour:

 

Taquería Los Pericos

¡¡¡ 4 Pesos !!! ( ≥ 0.20 €)

Con ese precio no tienen competencia (hay tacos más baratos pero no es habitual en una taquería con mesa y sillas). No son más pequeños (la tortilla es la pequeña del tamaño pastor que usan casi todas las taquerías), pero si son muy economistas con la carne. Tal vez como defecto es que son un poco tardados en servir (casi mejor pedirlos de 6 en 6, dado lo que se tardan).

(No nos acordamos de hacer foto así que uso una de Internet):

 

Taquería El Naranjito

5 pesos ( ~ 0.20 € )
El Naranjito está a unos metros de Los Pericos, así que es obvio que no podían poner los tacos pastor caros. Parecidos al anterior, pero los sirven más rápidos y los traen un tanto mejor presentados.


 

Taquería Don Frank

11 pesos ( ~ 0,50€ ) 
Le va a saber mal a la gente de Don Frank, que tienen mucho más que tacos pastor (ofrecen cortes y tacos grandes con tortilla de mano), pero ... si venden pastor, se les puede comparar con los demás. Este pastor es diferente, porque además que no tiene el rojo del achiote, los cocinan menos y los cortan un tanto más grueso. Y el taco trae más carne.
 (Creo que en la foto se nota que el color es un tanto diferente)


Tacos Manolo

12 pesos ( ~ 0,55€)

En este caso eran los más caros, y como se puede ver en la foto, los más cargados y los más grandes. La salsa era bien picosa y la carne aún bien hecha, estaba jugosa.

 

¿Cuales fueron los preferidos?

Mis acompañantes dudaban entre Los Pericos y El Naranjito. Con preferencia por el segundo. El servicio fue bueno y que los tacos fuesen pequeños no les pareció un problema (todo lo contrario, virtud). 


En mi caso discrepo un poco. Si bien he descubierto que en México hay una pasión por el taco pastor muy coloradito y cocinado hasta lo máximo, a mi no me gusta, la carne queda reseca como si fuese un embutido (como si fuese pierna adobada). Por eso casi prefiero la versión menos cocinada de Don Frank. Y los de Tacos Manolo se les ve obviamente que son más abundantes y la carne es buena. Yo les daría una oportunidad a unos u otros dependiendo de como prefirais vuestros tacos. Pero diciendo que los tacos baratos son muy válidos.