martes, 27 de diciembre de 2016

Moi grande: Tortas El Recreo (Originales del Vaquita)

Moi bóas, meus queridos lampantíns galegos. Xa sei que vos coidades que coma se come en Galicia (dimension: cantidade) non se come en ningún lado. Pois apuntade na vosa lista México, porque sonvos tamén de coidado.

O lugar chámase Tortas El Recreo. Pero coma na cidade de México tomanse moita liberdade á hora de copiar o nome de outros sitios (hai 12 Tacos El Paisa ou 9 ou 10 Tortas/Tacos Beto sen negunha relación entre eles), pois engadenlle un sufixo, así que queda cun nome ben longo: Tortas El Recreo Las Originales del Vaquita.


Están situados un pouco en terra de ninguén: Itzacalco, a delegación máis pequena de Cidade de México. Non é precisamente a zona máis visitada da cidade, ainda que esta perto do Mercado de Jamaica (que si que xa é unha zona culinariamente máis coñecida).

A historia deste lugar é de maneira resumida: "había un tenderete na rúa que tiña un señor (el Vaquita) onde facían unhas tortas moi lexendarias, e colleu tal fama que foi crecendo pouco a pouco". Agora o negocio o levan as súas 3 fillas.

E interesante que co Google Street View podemos ir vendo coma foi cambiando o lugar, e vese que a "prosperidade" é algo recente. Ata hai ben pouco nen nome tiña escrito.

 2008
2011
 2015
 2016

Bueno, algún diredes que non cambiou moito ... pero: mesa con mantel amigos!!! Todo un luxo.

Supoño que estaredes ata o carallo de que falemos do local e da súa historia. Queredes ver porque ten tanta fama. Pois tratase dun posto que fai tortas (que é coma os mexicanos chaman ós bocadillos). Unha das cousas curiosas do lugar é que esta especializada nun tipo, non lle podes pedir outra cousa. Fai tortas de pierna al horno. En México cando falan de pierna refirense a xamón asado (alá, jamón usase para o xamón cocido).

Neste caso, di a lenda esta pierna esta cociñada durante 12 horas no forno. Logo pola tarde (por eso as fotos de Google aparece desertico, porque este sitio funciona pola tarde e o GoogleCar vai pola mañá) fanse as tortas:





 O que fan é quentar (dourar) a carne esmagada, con manteiga. E vaise preparando a torta:

  1. Pan (3 tamaños, o normal - que non é tan normal pola canidade que lle meten dentro - o grande - o que vedes nas fotos - e o xigante  - tamaño dun monopatín)
  2. Untaselle frijol refrito
  3. Ponse queixo manchego (mexicano, que non ten nada que ver co noso)
  4. Cebola a eito
  5. Engadese coma un kilo de carne 
  6. Un tomate grande 
  7. Un aguacate enteiro (ou dous)
  8. Toda a cantidade de queixo oaxaca que se poda



Outro dos segredos do lugar e esa salsa de chipotle que vedes en primero plano: tratase dunha salsa non moi picante (para México e moi picante para España) de chipotle e cacahuate.

O resultado é unha cousa tan esaxerada coma isto:


Pero supoño que vos interesa o veredicto....

O choio está ben, materiais de primeira calidade (tanto as froitas coma os queixos, coma a carne) pero tenvos algún pero:

  • Non hai quen lle meta dente a iso: hai que ter unha queixada desproporcionada. Hai que ir comendo pouco a pouco comezado por un lado. O que é unha foda, porque o que estaría ben era na mesma dentada tomar carne, tomate, cebola, aguacate e queixo. Por desgracia primero comes carne, logo tomate e cebola e logo o queixo e o aguacate. Cada ún o seu tempo. 
  • Non nos pareceu moi bóa idea que lle poñan tanta manteiga de vaca á hora de dourar a carne. Sabe moito a manteiga. E o xamón asado non é algo que vaia ca manteiga. Houbera sido mellor que lle puxeran un aceite máis neutro ou que usasen manteiga de porco. 
En calqueira caso, o invento hai que probalo. Os mexicanos veñen aquí ca moza a ter unha cea, e non pensedes que comparten a torta, cadaquén a súa. Que romántico!!

No hay comentarios: