viernes, 16 de diciembre de 2016

Eirado da Leña (2016)

O Eirado da Leña é un atleta de fondo. Xa leva moitos anos aberto na cidade e foi pouco a pouco convertindose nun lugar de referencia en Pontevedra. Este ano tiven a ocasión de ir de visita e ter unha bóa cea.

Habitualmente fago a valoración ó final, e antes tedes que ver as fotos, pero desta vez vou a facer a valoración ó comezo e logo ides mirar nas fotos.

  • Pedimos o menú corto (3 entrantes, un principal, queixos, dous postres e café).
  • Tamén solicitamos a maridaxe. A maridaxe estivo ben interesante, moitos viños portugueses que non tiñamos probado antes (unha das razóns para pedir maridaxe é probar cousas novas, ou non?). Gratamente sorprendidos cos viños.
  • Curiosamente coincidiu que todo o menú foi de peixe e mariscos (tamén moi contento por elo, non me cae a cría se non tomo carne).
  • Gustame o de que poñan queixo antes do postre (eu vivo nun país que non ten ese habito e botase a menos)
  • Se ben os entrantes tiveron moito sabor e diversión, o millor da comida foi o peixe á plancha. Pensade se tal que son un rancio, pero un bo peixe no seu punto queda fantástico. E non desmerece ó cociñeiro, que é ben complicado deixalo así de ben. 
  • Os postres moi golosos, e os petit-fours co café tamén
  • Moi recomendable tanto pola comida, porque os prezos non son inalcanzables e polo trato
  • O restaurante é pequeniño así que é recomendable reservar

Veña, van as fotos



Arrancamos cun petisquiño. Un destes famosos bao que estan moi de moda en España.

Logo viñeron unhas navalliñas nunha vinagreta cítrica. Arrincando cunha boa combinación de mar e sabores refrixerantes.

Vieira salgada e afumada: pero non tan salgada ou afumada eh!! Seguía sabendo totalmente a vieira.

 E logo adicado a un exiliado en México coma min, bonito un chisco picante (que non está tan picante, eh!)

Despois para min o que foi o momento máis sinxelo, pero ó tempo máis exitoso, un peixiño de calidad tope feito a ferro, de maneira moi axeitada.


Un platiño de queixos artesáns ...



Postriño de oreos e xelado de frambuesa...


 E unha moi deliciosa torrixa con xelado

E os petit fours... con varios tipos de chocolate

No hay comentarios: