Alá fomos de viños ..... á experimentar e probar cousas novas.
Comenzamos
cun Chardonnay de Vézelay, da adega La Soeur Cadette, que ten estas
cousas moi francesas de ter unha etiqueta enigmática que non aclara nada
(si esta dito na contraetiqueta). Unha comida que arrinca en Borgoña,
sempre vai a ben.
¿Viño portugués? Pero... un do que eu non
sabía nada (tampouco é que sepa eu tanto de viños). É un viño de
Bucelas, que é unha pequena zona vinicola pegada a Lisboa, xunta o río.
Viño Mira, 2018, uva Arinto. Quedei encantado con el, moi orixinal e
elegante. Apunto a ver se son quen de comprar algún de estes.
A
seguinte viaxe xa foi en barco... porque tomamos un Migan Tinto do Valle
de Orotava en Tenerife. Esta curioso coma alá tan ó sur (ainda que en
altura) conseguen uns viños que poden ser tan familiares para nós...
Cousa bóa.
E xa postos, cambiamos de continente e de hemisferio:
imos a Mendoza a probar os Polígonos del Valle de Uco. ¿E que uva
pensades? Pois Malbec. Neste momento xa estabamos ca carne, e facía
falta algo con este caracter.
E logo de dar voltas polo mundo,
imos a viaxar un pouco no tempo... ¿Lacima do 2011? ¿Estará bo un viño
galego con todo este tempo? Pois está de medo. Maravilla!
En canto á comida estivemos picoteando un pouco de todo, berberechos, xardas, cordeiro, tabla de queixos e postres.
Foi unha excelente tarde de domingo.