domingo, 30 de julio de 2023

Enoteca Pacengoto (Pacengo, Lago di Garda)


 Estabamos nun camping nun pequeno pobo na beira do Lago Garda. O pobo chámase Pacengo. As cousas que me chamaron a atención: era moi pequeno (nen banco tiña xa), que ademáis de campings a maioría das terras estaban a vides e oliveiras, e que había moitos restaurantes ou tendas que vendían viño (pero nengunha tenda de ultramarinos). Por certo, moi interesantes todos os restaurantes e moi xeitosas as tendas en canto a viño. 

Un día de casualidade, facíaseme tarde e o único sitio que topei aberto ainda no pobo era esta pequena (bueno, non tan pequena) enoteca: Pacengoto (entendo que é o xentilicio da xente de Pacengo). E foi entrar e ver que o sitio merecía moito a pena, e que tiña que ter pasado antes. Moi ben surtido de viños interesantes e bóas opcións de comer. 

Coma eu chegara a 10 minutos de que pechara no de comer non puden ser moi exquisito, pedín que me fixeran un prato de embutidos e encurtidos. 


En canto ós viños aquí ven unha cousa curiosa. Fixadevos na lista de viños por copa.

Se observades nas categorías de espumosos (bollicine), brancos (bianchi) e tintos (rossi), hai unha opción que non ten nome e que chaman "Pacengoto, Selezione Alla Cieca". Que ven sendo o que intuimos: o taberneiro escolle unha botella e os clientes catan o viño a cegas. Supoño que incluindo o xogo de tentar descubrir que viño é. Por certo que a aposta é arriscada porque se vedes en todos os casos, o viño a cegas é o máis caro da opción (8€). 

A ver, eu estou de paso e non hei voltar e teño moita curiosidade así que pedín o branco e o tinto da selección sorpresa. 

O branco francamente entantoume. Sendo fresco e agudo, tiña corpo e notábase tempo, pero o que máis me sorprendía era que tiña (entre outros sabores a froitas) un sabor moi intenso a laranxa doce e algo que a min me lembraba a algunha herba de cociña coma o tomillo ou a albahaca. 


O tinto tamén era ben curioso. Fresco pero cun golpe de taninos, así como cunha parte que parecía un viño atlántico pero que logo pegaba forte (forte pero gustoso, hehe). Quedei tamén ben curioso que viño sería. 


Pois os dous viños misteriosos eran: 

Co Monte delle Saette non acertei a tope, pero si ese sabor que lle notaba a algunha herba aromática si que din nas notas de cata que ten aromas a salvia, e a froitos tropicais (se cadra é o que me pareceu a min o tema da laranxa).  

O Ripasso de Valpolicella resultou ser un viño moi interesante. Interesante pola súa preparación sobre a que lera algo, pero nunca probara: en Valpolicella fan un viño moi intenso chamado amarone. Co bagazo de fermentar este viño aproveitan para usalo coma base para facer un viño tinto diferente do amarone pero que hereda o corpo intenso de este viño. Vaia, pois por iso notaba esa combinación curiosa de viño fresco pero corpo intenso. 

Para rematar, e porque me portei ben pois tomei de postre unha copiña do espumoso sorpresa que tiñan na carta: 


 Neste caso o viño sorpresa era un Lessini Durello Spumante Método Clássico DOC - Muni. Da denominación de orixe Lessini Durello DOC que está entre Verona e Vicenza. 


Pois eso, que quedei moi contento, probei uns viños moi interesantes da zona de Verona e arredores. 
Non sei se caeredes por Pacengo, pero en calqueira caso o Pacengoto tamén ten tenda online. 


Pacengoto


viernes, 28 de julio de 2023

Osteria Marengo (Lago di Garda, Provincia de Verona)

 

Gosto moito que para os italianos a casqueria é algo normal en calqueira restaurante. (En España hai, pero… en restaurantes específicos e… cando foi que vichedes figado nun menu?).

- lucio do Lago de Garda con polenta
- fegato alla veneciana (figado encebolado, pero con herbas e especias)
- cafe e amaro
- o viño era un branco Lugana (adega Montonale)

E se cadra o que non vos vai chistar tanto... 50€. 

O sitio é a Osteria Marengo, nun pequeño pobo na beira do Lago de Garda (Pacengo), a 50 km de Verona. 







miércoles, 26 de julio de 2023

Pois Venecia non está mal!

 

O típico de Venecia é dicir que está abarrotada, que é moi cara e que cheira mal. 

Pero eu non vou contradecir as 3 cousas. Había sitios que non se podía ca xente, pero en xeral a maior parte da cidade (que é moi grande) estaba super tranquila e ata un tanto desertica. Nengún problema de cheiros excepto 2 sitios. E en canto ós prezos vimos cartas de 11€ por un xelado, pero en xeral café a 1.2€ e xelados a 2.5€. Nen sequeira hai que buscar moito. 

A verdade contaranme tanto e tan mal de Venecia que nin gañas tiña de ir, pero logo dunha visita un tanto fugaz (viaxamos con nenos nunha vaga de calor), quedei contento do sitio, e xa estou planexando arranxar unha visita de fin de semana en outono e inverno (aloxandome na cidade se pode ser). 

Museos, bós sitios de comer e beber, e moito que pasear e fotografiar.