domingo, 29 de marzo de 2020

Comida de Reclusión: Empanada de millo corvo

Pois aquí continuamos probando a facer cousas na casa. Neste caso atrevinme cun tema que coñecía bastante pero nunca me animara a facer: unha empanada de millo. Si teño axudado á miña aboa a facer pan millo (hai anos), pero nunca o fixera eu. Máis que nada porque tampouco é tan fácil conseguir fariña milla. Pero ...

Hai uns meses topei á venda fariña de millo corvo.  Así que xa non tiña excusa para facer a miña empanada de millo (xa só necesitaba tempo). Por certo, merquei o millo corvo en Cangas, en Supermercados Mario en Hio, por se queredes conseguir (ainda que non sei se teñen todo o ano, ou só por épocas).
Coma podedes ver a fariña de millo corvo, se ven o millo corvo ten o gran moi escuro, case negro. A fariña por contra é dun color entre violeta e gris. Tirando a clariño. Isto é porque ainda que o gran do millo corvo sexa escuro, o interior do gran é de cor clara. Así que cando se moe, combinanse ambas cores e tira para o gris.

Hai moitas receitas de coma facer masa de millo, pero bueno, eu tirei de esta: empanada de millo de Carmucha. De todas formas nen fixen moito caso das cantidades nen nada. Pero sí tomei en conta o tema de que hai que levedar primeiro a fariña de centeo e logo engadir o millo.

Así que as foi. Metín a levedar un cuarto de kilo de fariña de centeo co levedo. Ó día seguinte, pois engadin a fariña milla, e con auga quente comencei a amasar. Como vedes usei unha espátula de pau, porque a masa de millo pega a todo (ás maus ainda máis). Coma vedes, ca auga a fariña miña pasa a ter unha cor ainda máis gris.

Coma dixen a masa milla non é cousa de traballar co rodillo e tal ... se non que fun estendendo nunha bandeixa aceitada:


A empanada ía ser de xoubas/bocareus (coido que eran bocareus) e puxenlle tamén un pouco de cebola e pementos:

E coma se pudo, tapouse ca masa, pero unha vez máis non extendida co rodillo se non un pouco cas máns:

Hala e vai ó forno. 45 minutos a 200ºC. (Outras receitas din que chegaba con media hora, pero na realidade eu vin e ainda lle faltaba, e puxena 15 minutos máis).
Comoa se ve, a masa cambiou de color a máis escura. Ainda que na foto pareza que ten cor castaño, en realidade a cousa era máis ben tirando a cor burdeos.

 A ver, non está super bonita, pero non era a intención. O que importaba era a sabor, e a empanada quedou ben, cocida no punto, con moi bó sabor da xouba.
E nada, así foi. Ah ... ¿e que diferencia ten o millo corvo? Hei ser sinceiro ... non se noita moita diferencia de sabor. Pero ... isto non quere dicir que non mereza a pena compralo. Porque neste caso o interesante é que é millo cultivado en Galicia e un ingrediente que non ides poder conseguir tan facilmente. E o toque de cor que quede na vosa empanada (se a facedes máis bonita ca miña en forma) vai a lucir ben.


domingo, 22 de marzo de 2020

Comida de Reclusión: Moussaka

Esta moussaka xurdiu de que cando cheguei ó super onte (logo de 20 minutos de fila con distancia de seguridade, coma ten que ser) vin que ninguén (e xa era sábado pola tarde) comprara nengunha berenxena. E coma unha bóa maneira de lle deixar comida ós que veñan detrás e mercar o que ninguén merca, cheguei a casa con dúas fermosas berenxenas.





Si, tamén merquei brécol. Pero ainda que virades memes en internet... o certo é que o brécol si se esta a vender (canda menos no meu supermercado) xa voara a metade dos que había.

¿E que carallo fago cas berenxenas? Pois tirei pola tradición de oriente medio que gostan moito do uso da berenxena. Vou facer: moussaka.

Baseime lixeiramente na receita que ten Jamie Oliver no seu Youtube. Pero só quedei cos tempos de cocción e pouco máis porque fixen unha moussaka moi extraña:

  • berenxena cortada en laminas e asada no formo por 20 minutos 
  • tomate e folla de cenoura picada para o recheo 
  • e unha bechamel que fixen con aceite de oliva (porque non teño manteiga e non podo ir mercar) se queredes probar a receita a verdade está ben (eu so lle puxen 30 cl de leite, porque quería que quedase espesa)

             (leva unha chea de parmesano porque vai a gratinarse, e coma leva parmesano, non lle puxen sal á bechamel, porque se non vai quedar moi salgada)


Monto a miñas capas de berenxena, co tomate polo medio e a bechamel porriba. (Non tiña molde máis axeitado... en principio faise nun molde ancho e baixo, e eu só tiña este estreito e alto).





20 minutos no formo co Grill a tope e ca bandexa no medio ... e voilá:

Hala ... bo proveito: