Si, tamén merquei brécol. Pero ainda que virades memes en internet... o certo é que o brécol si se esta a vender (canda menos no meu supermercado) xa voara a metade dos que había.
¿E que carallo fago cas berenxenas? Pois tirei pola tradición de oriente medio que gostan moito do uso da berenxena. Vou facer: moussaka.
Baseime lixeiramente na receita que ten Jamie Oliver no seu Youtube. Pero só quedei cos tempos de cocción e pouco máis porque fixen unha moussaka moi extraña:
- berenxena cortada en laminas e asada no formo por 20 minutos
- tomate e folla de cenoura picada para o recheo
- e unha bechamel que fixen con aceite de oliva (porque non teño manteiga e non podo ir mercar) se queredes probar a receita a verdade está ben (eu so lle puxen 30 cl de leite, porque quería que quedase espesa)
(leva unha chea de parmesano porque vai a gratinarse, e coma leva parmesano, non lle puxen sal á bechamel, porque se non vai quedar moi salgada)
Monto a miñas capas de berenxena, co tomate polo medio e a bechamel porriba. (Non tiña molde máis axeitado... en principio faise nun molde ancho e baixo, e eu só tiña este estreito e alto).
20 minutos no formo co Grill a tope e ca bandexa no medio ... e voilá:
Hala ... bo proveito:
No hay comentarios:
Publicar un comentario