Supoño que todos teredes visto Las Crónicas del Taco, máis que nada porque está en Netflix e total xa estades pagando Netflix. (Eu personalmente coido que é moito máis interesante Todos Los Tacos, que está en Youtube e que é moito máis curto e concreto). Pero bueno... o importante é que xa veriades moitas imaxes de tacos e tamén da importancia e mítica que teñen os "locales de tacos" na cidade. Nunha cidade que ten un diametro de 40 ou 50 km e onde tardas un rato enorme en chegar ós sitios ... hai xente que vai a un sitio bastnate lonxano para ir tomar uns tacos específicos.
No documental dos Tacos Pastor, falan de que hai 4 tipos de Tacos Pastor. Pero hai un de eles dos que non amosan imaxes: "o taco pastor guisado". Pois ese taco é o típico da taquería Tortas El Paisa de Calle Coruña.
Por casualidades da vida eu estou aloxandome a 50 m da Calle Coruña así que podo ir andando ata alí a probar eses tacos. Que ó final resultou que tampouco estaba tan perto ... a Calle Coruña esta é longuísima e tiven que caminar coma 30 minutos.
Coma se ve no trompo este taco pastor esta feito de carne de porco e cebola a capas alternas (¿que coma fan para poñer a cebola e que non se desmorone todo? Pois é un gran misterio, pero o certo e que o fan é que funciona ben.
Estes tacos pastor son un tanto especiales porque xa veñen ca cebola cociñada. Non se lles engade nada. Tan só salsa (a verde pica moitísimo e a vermella é máis suave - vedes coma en México as cores das salsas non indican a forza).
Unha cousa curiosa ... en esta taquería decidiron que polo do COVID non se pode comer no sitio. Así que so dan tacos para levar. Por iso meteron os tacos en papel e tiven que traelos á casa. Ainda que so sexan 10 minutos ... o feito de ter os tacos pechados nun sitio... pois estropea bastante a experiencia dos tacos, que ven sendo a de poder tomalos ca tortilla ainda crocante e o recheo quentiño. Pero coma aquí van envoltos en papel ... pois nin tan mal (o papel é un tanto permeable). (Se estiveran envoltos en plastico ou papel aluminio ... pois serían incomibles).
Bueno, pois esto era a primeira parte a segunda parte é ...
Os locales de tacos que confunden ...
Hai unha cousa curiosa en Cidade de México (e en todo o país) que é que os nomes dos locales de tacos son moi similares e repitense moi habitualmente.
Deixo aquí unha pequena mostra que hai varios "El Paisa", varios "Güeros", varios "Manolos", e varios "Arandas"... e máis ou menos parecido con todos os nomes que se vos podan ocurrir.
Na maiorá dos casos non hai problema: son taquerías moi diferentes en partes da cidade moi diferentes e por tanto non causan confusión.
Pero na Calle Coruña, a 250 metros ... hai un sitio de tacos tamén chamado "Tortas y Tacos El Paisa".
Observade que estrictamente non teñen o mesmo nome: un é "Tortas el Paisa" e o outro é "Tortas y Tacos el Paisa". Pero o certo é que cando un non sabe (eu) son o suficiente parvo para ir a este.
E sí... teñen tacos pastor, e non estaban mal... pero "non eran os tacos pastor tan diferentes dos demáis que fan no outro sitio".
O que si que tiñan en este outro sitio era que servían tepache:
Tepache é unha bebida feita de piña (ananás) fermentado. Cortas a piña en cachos (ca casca) incluida: de feito probablemente esta feita ca casca que sobra de cando usas piña para outras cousas. Deixalo fermentar varios días e queda unha bebida que é doce e tamén áceda. Ten algo de alcohol pero bastante menos que unha cervexa.
Non podo asegurar que este outro local tente crear confusión e quitar clientes á outra taquería (estan bastante lonxe, e ambos parecen ter antiguedade parecida). Pero o certo é que hai en moitas partes da cidade onde hai taquerías que parecen querer atraer confusión. O maior exemplo de esto é o que pasa cas
Tortas del Recreo (coma xa contamos aquí en Laconada), que esta rodeado de negocios que tentan usar o nome (estan na Calle Recreo así que é fácil usar o nome de maneira disimulada). Ata o punto que só sabendo das co lugar verdadeiro e famoso.
E agora para rematar vou falar dun tipo de tacos que non salen en Cronicas del Taco, na Tacopedia e tal... pero que existen e son dos meus favoritos. Na rúa Coruña, un pouco máis adiante hai un puesto na rúa:
Este puesto prepara un tipo de tacos que teño visto en Ciudad de México pero que sobre todo teño visto na Zona dos Volcanes (sur-este de Ciudad de México): os tacos de bistec, cecina e cecina enchilada con cebola e patacas fritas. ¿Tacos con patacas fritas? Pois sí ...
E non, non é coma nos cachorros portugueses que meten patacas fritas industriales. Aquí no puesto de tacos friten patacas nun lado, e teñen unha plancha para a carne no outro. E cando cho preparan, levas carne e patacas. E logo engades a salsa e tachan.
¿Que vos parece este plan? Para min é xenial. Porque os tacos de bistec tenden a ser bastante aburridos. Estan un tanto resecos. Pero se lle pos unhas bóas patacas enton a cousa cambia. Patacas dan ternura e a carne da sabor. A min encantanme e cando vexo un changarro que ten este tipo de tacos, adoito a pedir. (Este tipo de tacos son puramente de rúa... ainda non vin unha taquería establecida que ofreza esto. Tal vez por iso tamén me fan máis chiste: son verdadeiramente populares. Non teñen versións e historias. )