A estrea do meu forno facendo pastelería, e todo foi feito co que se puido conseguir (non hai maneira de mercar rápido formas para o forno - estábamos en pandemia neste momento e só se aconsellaba sair para mercar o básico). Este queique parecía problemático porque ... ten moita fruta e porque non teño levadura química (usei bicarbonato e limón). Tiven que darlle un pouco de lume de máis porque quedou sen cocer no interior. E ainda así segue a estar pouco feito ... Pero ... máis ca un defecto, é unha virtude. Nunca tomaredes por ahí un queique tan terniño e con tanta mazá. E case un cruce entre un queique e unha tarta de mazá.
Receita na que me inspirei ainda que lle cambiei algunha cousa:
Bizcocho de manzana y nueces, esponjoso y casero
A canela, ainda que sei que hai xente que lle repugna ... é un puntazo. Fai máis saborosa ainda a mazá. Dalle un aquel. Coido que algunha outra especia (noz moscada) pode que lle fora ben. Pero ahí vai o gusto de cada ún.
No hay comentarios:
Publicar un comentario