
Aviso a navegantes, larpeiros, interesados na cultura galega e curiosos en xeral. Esta fin de semana se vai a inagurar en Santiago (Museo do Pobo Galego) a exposición:
Ao Pé do Lar.
Pareceme unha tarefa interesantísima, na que se fala da relación de Galicia ca cociña, que de sempre foi unha relación co lume: a lareira existe dende época dos castros e ata fai moi ben pouco (e en algún caso aínda o segue a ser) era a técnica favorita para cociñar.
Así que lembrade: dende o 5 de Febreiro ata o 7 de Marzo, a esposición permanecerá aberta.


Unha das cousas que a todo o mundo nos ha deixar impresionados vai ser a historia da
costrada, que ven sendo a mega-empanada: pescado, carne, pescado, carne. Un plato para xente de moi bó dente.
Unha das cousas máis interesantes de esta exposición é que en paralelo varios restaurantes de Santiago van a ofrecer versións de estes pratos:
Pratos con Memoria.
Máis información:
http://www.aopedolar.com/http://www.forumsantiago.com/