jueves, 4 de febrero de 2010

Ao Pe do Lar

Lareira en Casa Otilia

Aviso a navegantes, larpeiros, interesados na cultura galega e curiosos en xeral. Esta fin de semana se vai a inagurar en Santiago (Museo do Pobo Galego) a exposición: Ao Pé do Lar.

Pareceme unha tarefa interesantísima, na que se fala da relación de Galicia ca cociña, que de sempre foi unha relación co lume: a lareira existe dende época dos castros e ata fai moi ben pouco (e en algún caso aínda o segue a ser) era a técnica favorita para cociñar.

Así que lembrade: dende o 5 de Febreiro ata o 7 de Marzo, a esposición permanecerá aberta.

Costrada: unha receta tradicional galega que ven sendo a mega-empanadaRecreación moderna do plato de costrada no restaurante Maruja Limón

Unha das cousas que a todo o mundo nos ha deixar impresionados vai ser a historia da costrada, que ven sendo a mega-empanada: pescado, carne, pescado, carne. Un plato para xente de moi bó dente.

Unha das cousas máis interesantes de esta exposición é que en paralelo varios restaurantes de Santiago van a ofrecer versións de estes pratos: Pratos con Memoria.

Máis información:
http://www.aopedolar.com/
http://www.forumsantiago.com/

1 comentario:

Xose Ramos dijo...

Non o comentei no artigo (pero máis que nada por non extenderme moito no texto é non encher todo de anécdotas), pero as fotos que se ven son de Soledad Felloza. Que vos hei contar se xa sabedes que fai unhas fotos fantásticas. Gran parte do traballo de esta exposición é cousa súa (e de outros/outras fotografas) e tamén de Manuel Gago (e supoño que de algúen máis: que me disculpe a xente se me esquecin de mencionalo).