Xa con ganas de EntreViños 2024!
A feira Entre Viños Muta foi "unha pasada"! 😊
Foi excelente e recomendo moito para que no próximo ano acudades.
Houbo moitas actividades e se ben o doming foi moito de probar viños e falar cos adegueiros, o sábado foi imprescindible porque tivemos unha sesión máis calmada onde poidemos probar viños e aprender moito de profesionais: Luis Paadin, Martiño Santos e Xosé Gontá.
Que non todo é probar viños se non entender tamén algo do contexto e coma estan os viños galegos con respecto os de outros lados e que lle fai falla ó sector.
O domingo xa foi o desparrame. A posibilidade de probar viños a eito (uns cataban e escupian pero eu non, así que tiven que ir máis amodo ca outros).
O interesante non foi só catar viños. Alguns dos viños que poidemos probar non están no mercado, ou teñen tan poucas botellas que probablemente nunca os tomaríamos se non. E interesante poder probar experimentos e coñecer cousas que veñen.
Pero o que complementa todo é ter ó colleiteiro/adegueiro e que explique o que fai, non só nos viños se non na viña e na terra. Cantas cousas aprendín!