martes, 20 de abril de 2021

Mala Uva Wine Bar (2021)

Polo meu cumpleanos... regaleime uns viños (especiais) e uns pinchos (moi ricos).

O lugar foi o MalaUva. É un sitio que lle tiña moitas ganas. Por un lado estiveron pechados varias meses e non había take away (ainda que se lles podían encargar viños, pero non sabía). De todas formas a experiencia bóa para min e ír ali, deixar que che escollan viños ó seu xeito e probar unha copa dun e unha copa de outro.

E esta vez a cousa foi así. Comendo os petiscos (fantásticos) que teñen e probando diferentes viños.  

Xarda & boliño - Cun pinot noir (sí un viño tinto) de Borgoña (perdonade, non podo dicir que adega é porque non o apuntei, e coma vedes pola botella non hai maneira de ver a adega).

 

Bocadiño de cacheira a baixa temperatura - Chenin blanc moi inusual do Loira. Les Cocus - 2018. 

 


Tabla de queixos: galego de leite cru, comté e gorgonzola, e neste caso houbo unha comparativa entre 2 estilos de facer Rieslings. Un Weingut Wolf seco... cun caracter moi especial, e un Dr. Loos do Mosela. 


E de postre, torija e un Barbeito Madeira. 




Todos os viños unha maravilla. Todos diferentes, todos moi especiais.
Non podo menos que dar ganas ó taberneiro é a cociñeira, e dar gracias a MalaUva por existir.