Mostrando entradas con la etiqueta porto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta porto. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de junio de 2022

A Casa dos Presuntos O Xico, en Heroismo

 A Casa dos Presuntos "O Xico", o Porto que ainda deixa de lado o Turismo.




Pero xa lle queda pouco, porque apenas a 100 metros xa esta o Bonfin totalmente xentrificado cos seus cafés vexetarianos, comida vietnamita e "ateliers" de artistas.

Pero bueno, imos falar de "O Xico". Está fácil de encontrar, porque esta pegado a Metro Heroísmo, enfrente do cuartel da policía (esta cercanía asegurou a pervivencia do negocio, porque ... cada pouco entraba un policía a comer ou beber algo).






A historia do restaurante non é moi complicada, por un lado teñen embutidos de varios xeitos que venden para levar e logo tamén podes pedir racións ou sandes (bocatas). No meu caso eu tirei polo (non moi orixinal) de presunto, pero ostras ¡é o lema do sitio, hai que probar o seu producto estrela! Coma vedes os "sandes" levan mooito compango e son en boliños pequenos (iso é un clásico de Porto, e que en Galicia usamos barra).




E logo pedín leitao... que tiñan alí á entrada mirando ca cariña. O leitao é a mesma idea coma fan en castela, cociñado ca súa pel crocante. O interesante en Portugal, é que non tes porque encargalo nun restaurante, se non que esta xa listo e podes pedir en ración (máis económico). Viña cunha salsa de pementa e unto de porco ben picante, moi rica.




Isas dúas cousas (sande de presunto, ración de leitao), un "principe" de SuperBock, un "copo" de vinho verde novo (atención isto non é o vinho verde embotellado, é outro choio máis rustico e máis interesante) paguei 9€ e saín mantido.




O sitio ten máis opcións, máis embutidos diferentes (coma vedes na foto), queixos manteiga, e tamén ten guisos nunhas perolas que estaban a ferver. Hai que regresar para tomar máis cousas.

Apuntade o sitio, e ide por Heroismo!


sábado, 16 de febrero de 2013

Francesinhas en Porto: LadoB

De cando en cando teño que visitar Porto, e coma sempre que vou, teño a obligación de, canda menos unha vez tomar unha francesinha, e a ser posible nun sitio novo. Na rúa Pasos Manuel, non moi lonxe do clásico Santiago, hai un snack bar que xa tiña visto de outras veces, pero coido que se remozou e rediseñou neste momento. Agora está decorado con carteis relativos á música e teñen fondo musical. Un lugar perfecto para comezar a noite de festa en Porto.

En canto a tomar francesinhas, están bastante ok de sabor, pero teñen un problema estético importante.  Coma podedes comprobar nas outras fotos que estivemos poñendo co paso dos anos, unha das cousas que máis sorprenden é o milimétrico e perfecto que está o queixo fundido. Sempre se preocupan de que pareza o envoltorio dunha caixa. Neste caso isto é o que hai:


Coma podedes ver, non se esforzaron moito ó gratinar a francesinha así que quedou.

O interesante de esta francesinha é que en vez de ter bife, era de carne asada ( unha rondela de terneira asada ou algo así). A carne e as salchichas estaban ben.

Xa para rematar, o molho? Está ok. Pouco picante, para o que tedes medo da comida picante.


Recomendación:

  • Bo ambiente, bó horario (nunha cidade no que moitos snack bars pechan cedo, este esta aberto ata a medianoite, ou máis tarde)
  • Ben de cervexas e moitas opcións de xantar 
  • Francesina OK, pero só OK. Pero principalmente porque non é moi estética. (xente que necesite tomar una Francesinha espectacular ten nas cercanías outros sitios ben interesantes)

Para rematar o post ilustramos cunha das estampas típicas de Porto: Francesinha, Batatas fritas, e Super Bock.


Rua Passos Manuel, 192, 
Porto.
Lunes - Xoves9:00 am - 11:30 pm
Venres - Sábado9:00 am - 2:00 am

jueves, 13 de diciembre de 2012

Restaurante Cometa (Porto)

Vamos a falar dun restaurante de Porto que visitamos hai moitos meses. Xusto cando xa pasaron as dúas "pontes festivas" deste ano, xusto as datas na que os galegos para ir a Porto ou a Lisboa. ¡Non somos nada oportunos!

Ainda que... xa faláramos fai uns meses das gastro-tascas: Oporto (culinario) 2.0

Neste caso vou falar cun pouco máis de detalle no lugar que escollín para comer. Descubrín todos estes sitios un pouco de casual, pola única razón que quería estar o máis lonxe posible da Ribeira (que se transformou - se xa non o era - nunha trampa para turistas horripilante), e porque viña de descubrir a Rúa dos Taipas, que me parece preciosa.

E dando voltas por ahí, medio perdido fun dar con este sitio:
 Chulo, ¿eh? Arquitectura singular (un edificio estreitísimo) e a un tempo antigo e moderno (está todo renovadiño).

O interior mantén o aspecto retro e esta xeitoso:
E veña este foi o menú que caiu:

Aperitivo: Porto-Tonic (Viño Porto branco con tónica - asombrosamente sabe moitísimo mellor do que poda parecer), olivas e altramuces.

E o clásico pan con manteiga.


Sopa de verduras (ese clásico portugués)


Bacallau con verdura

E de postre: requeixo (ou queixo fresco, como queiras dicir) con confitura de calacú (e sementes de calacú)

Interrupción a todo isto:
Quedei moi abraiado cando me trouxeron o bacallau con verdura. Durante moitos anos, a miña nai fai un plato moi parecido: bacallau cocido, ovo cocido, nabizas ou grelos. Un pouco de aceite ou allada por riba, e xa está. Eu sempre pensei que era unha cousa que inventara a miña nai para sair do paso: nunca imaxinara que existía unha receita, e moito menos que era tradicional en Portugal.
Se ben parecese moito á idea da miña nai ten pequenas diferencias: a miña nai non lle pon os garbanzos, e por outro lado aquí en vez da típica llada galega con pementón o que levaba esta era sinxelamente aceite de oliva con allo case crú. Moi refrescante a idea (tamén moi repunante!) 
Meus favoritos da comida:

  • O Bacallau 
  • O postre (sonvos moito de postres de queixo fresco, gostame moito sabor refrescante, non doce e lixeiramente ácedo)
Coma podedes ver fun por unha cea lixeira, e moita comida non foi, pero tampouco foi barata, todo isto, máis auga con gas, máis unha copa de viño branco saiu por: 28€

Vamos a facer a valoración breve:
  • O sitio é moi chulo, moi enxebre, moi orixinal é o mesmo tempo super hipster
  • A comida é por contra nada sofisticada e moi tradicional, e moi ben feita
  • O problema é que é caro (e non serven 'doses' pantagruelicas, se non que son apenas 'meias doses')
Nota adicional:
  • Ainda que teña lido por ahí que o Cometa é un restaurante de moda entre a xente moderna de Porto, o certo é que o día que estiven eu (vespera de festivo, e por tanto día típico para que a xente de Porto cee fora da casa) só había estranxeiros.
Restaurante Cometa
Rua Tomás Gonzaga 87
4050 Porto, Portugal
222 008 77


Ver Oporto (culinario) 2.0 nun mapa máis grande

sábado, 27 de octubre de 2012

Porto (culinario) 2.0

No se si es cosa del crecimiento del turismo - LowCost o no, en los 8 años que llevo yendo frecuentemente a Porto, cada vez veo más turistas - o una nueva afición de los Tripeiros - que gusta de seguir disfrutando de la cocina tradicional, pero con un toque un poco diferente...

... pero en esta última visita a Porto he detectado por la zona de Sao Bento Taipas la aparición de unos cuantos restaurantes, que si bien son diferentes, tienen todos algo en común:
  • Aspecto exterior rustico y antiguo
  • Interior remozado (dendro de lo que se pueda) 
  • Aspecto un poco más renovado en los menús
  • Clientela extranjera
Les presento unos cuantos de ellos:



Casa Santo Antonio 
(Tasca Gourmet) 
Rua São Bento da Vitória, 80
(especializado en 'petiscos' de hecho se come en la barra)


Restaurante O Caraças
Rua Das Taipas Nº27
(para comer en plan restaurante)

Casa de Pasto Canastra Azul
Rua das Taipas 17 C
(enfocado a 'petiscos')

Restaurante Cometa
Rua Tomás Gonzaga 87
(enfoque de restaurante)

De todos los reseñados no hubo tiempo para visitar todos (aunque mi intención era al menos probar un petisco en un par de ellos). Pero al final, me decidí por Cometa, de lo que hablaré en un post futuro. Pero que esto no os prejuzgue a favor o en contra: creo que los 4 restaurantes podrían ser interesantes, cada uno con su pequeño toque diferente. O según el punto de vista contrario: los 4 restaurantes son un poco el mismo timo, y preferíais ir a comer en un sitio más barato y con raciones más abundantes (que hay a mil en Porto). Aunque en este segundo caso deberíais tener en cuenta el Caraças, que es el más tradicional de los 4.



Ver Oporto (culinario) 2.0 nun mapa máis grande

(Otro de esos legendarios posts mios en los que no se sabe si digo una cosa u otra, si estoy a favor o en contra ... Bueno, si lo he mencionado por escrito... por algo será)