Ainda que... xa faláramos fai uns meses das gastro-tascas: Oporto (culinario) 2.0
Neste caso vou falar cun pouco máis de detalle no lugar que escollín para comer. Descubrín todos estes sitios un pouco de casual, pola única razón que quería estar o máis lonxe posible da Ribeira (que se transformou - se xa non o era - nunha trampa para turistas horripilante), e porque viña de descubrir a Rúa dos Taipas, que me parece preciosa.
E dando voltas por ahí, medio perdido fun dar con este sitio:
Chulo, ¿eh? Arquitectura singular (un edificio estreitísimo) e a un tempo antigo e moderno (está todo renovadiño).
O interior mantén o aspecto retro e esta xeitoso:
E veña este foi o menú que caiu:
Aperitivo: Porto-Tonic (Viño Porto branco con tónica - asombrosamente sabe moitísimo mellor do que poda parecer), olivas e altramuces.
E o clásico pan con manteiga.
Sopa de verduras (ese clásico portugués)
Bacallau con verdura
E de postre: requeixo (ou queixo fresco, como queiras dicir) con confitura de calacú (e sementes de calacú)
Interrupción a todo isto:
Quedei moi abraiado cando me trouxeron o bacallau con verdura. Durante moitos anos, a miña nai fai un plato moi parecido: bacallau cocido, ovo cocido, nabizas ou grelos. Un pouco de aceite ou allada por riba, e xa está. Eu sempre pensei que era unha cousa que inventara a miña nai para sair do paso: nunca imaxinara que existía unha receita, e moito menos que era tradicional en Portugal.
Se ben parecese moito á idea da miña nai ten pequenas diferencias: a miña nai non lle pon os garbanzos, e por outro lado aquí en vez da típica llada galega con pementón o que levaba esta era sinxelamente aceite de oliva con allo case crú. Moi refrescante a idea (tamén moi repunante!)Meus favoritos da comida:
- O Bacallau
- O postre (sonvos moito de postres de queixo fresco, gostame moito sabor refrescante, non doce e lixeiramente ácedo)
Vamos a facer a valoración breve:
- O sitio é moi chulo, moi enxebre, moi orixinal é o mesmo tempo super hipster
- A comida é por contra nada sofisticada e moi tradicional, e moi ben feita
- O problema é que é caro (e non serven 'doses' pantagruelicas, se non que son apenas 'meias doses')
- Ainda que teña lido por ahí que o Cometa é un restaurante de moda entre a xente moderna de Porto, o certo é que o día que estiven eu (vespera de festivo, e por tanto día típico para que a xente de Porto cee fora da casa) só había estranxeiros.
Restaurante Cometa
Rua Tomás Gonzaga 874050 Porto, Portugal
222 008 77
Ver Oporto (culinario) 2.0 nun mapa máis grande
No hay comentarios:
Publicar un comentario