O inverno pasado un amigo noso Pontevedrés comentárame: sabedes que hai un restaurante italiano fantástico en Pontevedra. Quedei co conto, e na primeira ocasión que fun por Pontevedra (e teño que ir moitas veces, porque a miña abóa ten saude fráxil e teñena que hospitalizar no Hospital Provincial moitas veces) non perdín a ocasión de xantar no sitio: tal coma me dixeran, excelente. Un italiano auténtico, auténtico.
Mare e Monti é un restaurante italiano, ou mellor dito, un restaurante de cociña Napolitana, ou incluso ainda máis, ... de cociña de Caserta. O seu propio nome indica a vocación: combinar cociña do mar (Mare), ca cociña do interior (Monti). ¿Que pode un contar da cociña Italiana que vos xa non sepades? No restaurante ofrecense pizzas, pasta, pratos de peixe e carne, básicamente en cociña de mercado e cun menú diferente segundo as datas. O consello é pasar por alí e pedirlles que propoñen. Case seguro que suxerirán algo fantástico. E o mesmo dito da comida, cos viños: animádevos e deixade que vos suxira os moi bós viños italianos que teñen.
A relación calidade precio é bóa (non é barato, pero a calidade é superlativa). O trato e fantástico. Algunha cousa máis: tentade chamara para confirmar reserva. O restaurante está case sempre cheo.
Restaurante Mare e Monti (
info)
Camiño do Ferro 6
Pontevedra
+34 886 21 48 94
Laconada no se fai responsable de que se che abra o apetito vendo as fotos que veñen agora.
Antipasti
 |
| Pan feito no forno de pizza |
 |
| melenzane a fungetti |
 |
| zucca grigliata |
 |
| parmiggiata di melenzane e carciofi alla romana |
 |
| mortadella gran bologna + provolone dolce |
 |
| Parmigiana di melanzane |
 |
| Disfrutando de todos los antipasti juntos |
Pizza
 |
| pizza 4 stagioni |
(tambien tomamos una pizza terra: jamón crudo con ruccola, pero no hice foto)
Pasta
 |
| Gocchi con salciccia e provola affumicata |
 |
| Troccoli con centolla |
Postres:
 |
| tiramisú |
 |
| panacotta ai frutti di bosco |
 |
| pannacota al caramelo |
 |
| pizza nutella |
 |
| millefoglie |
Dixestivos:
 |
| Limocello casero |
 |
| Amaro Averno |
(Foi unha gran comida)
Dedico unha sección especial ós viños. O restaurante propúxonos acompañar a comida con viños napolitanos e pugianos (bueno, non sei seguro coma é o xentilicio da xente de Pugia en galego). Quedei moi sorprendido por estes viños.
Foi una experiencia volcánica: porque case todos os viños proveñen de cultivos nas ladeiras do Vesuvio e outros volcáns da zona. Se podedes non deixedes de probar estes viños. Recomendo especialmente o Popoli, un tinto moi suaveciño e moi saboroso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario