Non é que me preocupe demasiado, pero cando un escribe na rede sempre ten un pouco o medo ou a inquedanza de saber que vai pensar a xente dun mesmo. A saber que imaxe terá a xente dun: Un egolatra pretendendo saber de cociña e recomendando restaurantes? Espero que non volo pareza, porque tampouco son así (ainda que sí que levo un pouco mal que me leven a contraria, ouch).
Por qué escribo en Laconada:
- Porque gustame falar de comida, escribir sobre comida, … e tamén simplemente escribir
- Porque na vida é moi complicado saber o que está ben é o que está mal, pero ca comida non hai tal problema: gustache ou non che gusta
- Porque recomendar sitios que a un lle gustaron, pode servir de axuda a outros
Veña, un saudo a todos
No hay comentarios:
Publicar un comentario