viernes, 19 de abril de 2024

Terras do Navia: Bodega Panchin


Coma comentara o outro día sobre a miña visita a Negueira de Muñiz, informeime sobre que adegas se podían visitar e chamei a Bodega Panchin, e dixo, que ainda que xa rematara todo o viño da colleita podía visitar e incluso se tal probar a nova colleita. 

Cando entras en Negueira e colles a rua cara a praza do concello, un pouquiño antes de chegar a man esquerda ves un fermoso hórreo. Pois xusto ahí embaixo é onde ten a adega Manuel Panchín. 



Manuel recibiume e poidemos ver un pouco a adega e falar do viño da rexión Porque eu tiña moita curiosidade un pouco da súa historia. Tradición de viño ten que ter en Negueira ¿non vedes que no seu escuro hai dúas viñas? 

Manuel contoume que ainda que poda parecer que non, o val de Navia ten un clima moi axeitado para as vides: frío en inverno e ben cálido no verán, con bóa insolación e terras axeitadas para o cultivo. E sempre houbo tradición de ter viño ahí. Non sei se vendían moito fora, pero todos os de alí tiñan viño para si. 

Pero nos anos 50 comenzaron a construir o encoro de Grandas de Salirne no Navia e o choio cambiou. Durante os anos que se estivo construido houbo moita xente traballando. E esta xente quería beber e por suposto querían do viño. Pero, para dar abasto a tanta demanda comenzaronse a plantar vides máis rendibles e en terreos non demasiado axeitados. O viño foi baixando de calidade e tamén remataron as obras e xa non había demanda para o viño. Abandonouse un tanto a producción. Tamén neses anos os viciños foron emigrando e a despoboarse o concello co que tamén foi abandonadose o coidado das viñas. 

O choio é que cando chegamos ó século XXI pois a elaboración de viño en Negueira esteba un pouco desaparecida. Pero uns cantos entusiastas (viciños que coma outros tiveran que marchar a traballar a outros lugares pero que mantiveron o traballo no viño) quixeron elaborar viño para a venta e quixeron tamén estar dentro dunha denominación. A burocracia é complicada e deron moitas voltas e tardaron moitos anos, e en lugar de denominación constituironse nunha Indicación Xeográfica Protexida de Terras do Navia




E agora falamos un pouco dos viños de Manuel Panchín. Que coma dixera non lle quedaba nengunha botella do ano paso. Todo vendido e pode que todo bebido. Coido que é bo sinal. Canda menos si está tendo éxito en conseguir que se tomen os seus viños. 


Vendo a súa adega como vedes ten unha chea de tanques de aceiro. E cada unha etiquetada cunha información diferente. Pois porque logo duns anos vinificando as uvas de diferentes leiras todas xuntas, coma se fixo sempre tradicionalmente, coidou que era bó ir venco coma era cada un dos terreos e coma son as características. E así fixo, cada viña esta no seu tanque. E poidemos probar estes viñes recen fermentados e ainda non listos pero... claramente xa se lle notaba moita diferencia. Coma comenta Manuel el xa sospeitaba de estas diferencias por haber diferentes tipos de terreo (ben de lousa ou ben de arxila), e logo tamén pola disposición ou a idade das cepas. 

Actualmente tiña coma 5 ou 6 brancos diferentes, cada un no seu tanque e outros tantos tintos. A ver, xa nin tiña sitio para máis a saber coam fai. Tampouco ten decidido se vai ensablalos logo de cara a metelos en botella ou se van a venderse cada un por si. Teño curiosidade en ver coma vai esta colleita. 


 
A ver sabendo que son viños ainda recen rematados de fermentar e faltándolles a min gustaronme moito os brancos. Uns viños tiñan unha mineralidade intensa, outros máis voluptuosos. Todos prometían moi bo ano. 

En canto ós tintos puiden probar os seus mencias e os seus merenzaos (que en Negueira chaman Verdello tinto). 

Bueno coma dixen xa non tiña botellas pero si había estas de mostra de outros anos. 

Plans para visitar Negueira de Muñiz e as súas adegas:

martes, 16 de abril de 2024

Terras do Navia: Adega Sidrón

Hai un par de anos apareceron as novas IXP de viño en Galicia: Terra de Betanzos, Ribeiras do Morrazo, Terra de Barbanza e Iria, Val do Miño-Ourense e Terras do Navia. E de todas estas unha das que máis curiosidade me daba era a de Terras do Navia

Eu non coñezo moito a rexión do val de Navia, pero a idea de que se poidese dar viño a pe dos Ancares facíaseme moi exótico e extraño. Extraño porque eu non sei tanto de viños e por outro lado tempos un pouco de prexuizos (en Francia e Italia, pegado ós Alpes teñen viños ben prestixiosos). 

O choio é que quedaba ca curiosidade porque non daba probado os viños, non os via por ningún lado e non sabía coma serían. Pero todo cambiou de maneira curiosa cando fun o outono pasado á feira Castes en Vilagarcía

Alí entre todas as mestas topei con estas botellas: eran os viños de Adegas Sidrón é detrás da mesa estaba Rosa deixando probar os seus viños: 

E aquilo foi toda unha sorpresa. Cando probei os viños, eu esperaba (estando tan ó norte e alí nas montañas) que serían viños de estes con pouca graduación, moi frescos (ou ácedos se queredes ser malos). Pero non...  probei os viños eran moi cálidos. Potentes, con boa estructura, e cunhas uvas e uns aromas moi orixinais (especialmente nos brancos lexítimos). 

Quedei co folleto e quedei ca idea de achegarme por Negueira de Muñiz para coñecer ese val, e de poder ser posible visitar a Adega Sidrón. No caso de Sidrón a cousa está fácil porque comparten Adega e Restaurante: Adega Sidrón e o Restaurante Sidrón. Así que en decembro arranxei unha viaxe, reservei para comer no restaurante e visita á adega. 

Moitos coñecedes Negueira de Muñiz e o val de Navia. Se chegades alí dende a Fonsagrada, baixades por entre uns bosques pero cando estades chegado ó encoro, na marxe leste do val veredes que hai hortiñas, froiteiras e ... de cando en cando pequenas pareclas con vides. Tal coma me contara Rosa, esa parte do val ten un clima moi moderado que lles da para cultivar moitas cousas. 

Do restaurante Casa Sidrón xa escribin un post, e hoxe voume centra na adega. As vides de Sidrón están localizadas no lugar de Pieiga (de feito os viños levan o nome do lugar: DPieiga) nos arredores da casa da familia. E cousa curiosa (e que é así porque a casa esta construida nunha ladeira) que a adega esta por riba da casa:  


Para os que teñades visto adegas comerciais de Rias Baixas e Ribeiro, vanvos parecer pequenos. Pero claro aquí é outro conto. Son adegas pequenas, e con pouca producción (pero co tempo a cousa xa crecerá, e xa verán coma fan).

Coma xa é standard en Galicia, fermentación en inox. E para algunhas das súas elaboracións máis selectas, pois os viños pasan por barrica. 


De feito aquí en primeiro plano tedes as barricas dos tintos A Valía (monovarietal de Tinto Sorodo) e A Marcada (Mencía, Albarín tinto, Merenzao). E ó fondo esta onde envellece o Pizcos (monovarietal de Blanco Lexítimo). 


Eu cando estiven alí de visita bebín media botella do Pizcos e trouxen unha para casa. (Coma vedes na etiqueta, non vai a haber moitas botellas de esa por ahí adiante, hai que aproveitar). O que me encatou do Pizcos é que por un lado está a parte aromática moi orixinal que ten a Blanca Lexítima, voluptuoso no sabor e con boa estructura. Fresco pero ben equilibrado. Eu coido que vai a permitir moita gardas. Así que esa botella quedará na casa uns anos, e xa veremos coma foi. 


E non podía marchar de alí sen traer máis botellas. Coma digo, non esta sinxelo comprar viños de Terras de Navia. Así que viuse conmigo esta moi orixinal A Valía. Iste é un viño de esto que din "de pago", porque son todas uvas da viña A Valía, e de Tinto Sorodo. Uva da que non sei moito, pero vou ver se aguanto as gans de probar. Coma co Pizcas a miña idea é deixalo un tempiño que vaia afinando na botella. Promete, promete moito. 

Coma xa comentei ó principio eu quedei ben sorprendido cos viños de DPieiga. Se cchegachedes ata aquí se cadra estades pensando en conseguir algún... Bueno, xa buscaredes online pero non son viños baratos. Fan ben, son producción moi escasa e supon bastante coste producilos. E o resultado coma dixen da viños con complexidade e boa capacidade. E lóxico que lles poñan o precio que merecen. 

Se queredes facer a visita e se queredes ir polo restaurante pois recomendo chamar e acordar con eles se queredes reservar ou visitar: Casa Sidrón

Por certo deixo aquí uns cantos enlaces por se queredes saber algo máis sobre Adega Sidrón e os viños de Terra de Navia: 

sábado, 17 de febrero de 2024

Nadie o esperaba xa, pero retomamos as Xantanzas: Albanta

Por diversas cuestións (e moitas de elas é que os Blogogastrónomos espallaron polo mundo, unha das máis importantes para o caso) interrumpiranse a tradición de facer xantanzas e ir comer xuntos, falar e coñecer os restaurantes de Galicia.

Pois nada, neste 2024 voltamos a estar todos en Galicia, e celebramos cunha xantanza. Escollemos o restaurante Albanta en Figueirido (pegado a Pontevedra). Un restaurante especializado en cociñar todo á brasa: carnes e peixes. 

De feito sendo un restaurante de carne, observaredes que o menú degustación que nos ofreceron é principalmente ¡¡peixe!! Todo co seu toque de brasa pero aplicada a peixes, verduras e postres. 

https://albantacocinadelena.com


Mantequilla e pan de patata.



Anchoa e tomate fermentado.



Foie e caramelo acido de manzana.



Yema, apionabo e trufa negra.



Gamba blanca andaluza con grasa de vaca.



Vieira con pollo en escabeche.



Cocochas de merluza con guisantes tiernos



Ventresca de atun rojo.



Fabes con pulpo.



Bogavante con huevo e patatas fritas.


Lima con melón.



Flan e nata agria.


Bica con chocolate blanco y mousse de café.


E de beber:

Teñen unha adega moi ben surtida, galegos, nacionais, e internacionais. Nós poidemos probar unhas cantas cousiñas. 





lunes, 22 de enero de 2024

Baroleando (e esperando)

 

Este ano e polo Nadal aproveitando que temos uns enviados vivindo en Piamonte, aproveitei para meterme no lío do mundo dos Barolos. Eu de Barolos non sei, moito. De feito nunca probei un (Probei Nebbiolos de Piamonte: Barbarescos e algún de Alba. Coñezo a uva, coñezo o estilo - Barbaresco é moi comparable cun Barolo - pero nunca probei o verdadeiro bicho. Veña, pois imos gastar un pouco de cartos e traer para a adega un par de botellas e ver que pasa. 

E cando digo traer para a botella, é porque se ben estes viños xa sairon ó mercado para beber, tamén é certo que se recomenda darlle 6 ou 10 anos para que sigan afinando en botella e que os podas disfrutar mellor. E mira, eu non teño problema (e si moita curiosidade) en deixalos que pasen tempo na adega fresquiña da casa dos meus pais. 

Eu pedín que me trouxeran estes dous. Seguin o consello de piemonteses (e non tanto caso a Parker), pero sobre todo a idea era mercar viños a menos de 50€. Seguramente hai viños máis famosos e prestixiosos pero... estes dous parecen moi bós e curiosamente as súas dúas adegas teñen importancia na historia moderna do Barolo: 

- Ratti Barolo Marcenasco 2018. As vides estan en La Morra, de onde veñen os Barolo máis perfumados, con taninos máis suaves. E ademáis é un viño dunha soa finca (Marecenasco).


¿Cal é a relevancia de Renato Ratti? Pois resulta que tradicionalmente (dende o século XIX, realmente) o viño Barolo elaborabase combinando uvas de diferentes fincas (e coma moito indicando a vila onde se elaboraba). 


Pois resulta que Renato Ratti chegou a Barolo nos anos 60, e comprou unhas terras. E tivo a teima de que había que estudiar as características das fincas da rexión e crear un mapa indicando cales eran mellores. Fixo un primeiro mapa das fincas do Barolo e tamén comenzou a vender o seu viño indicando o nome da súa finca. 
Inicialmente non caiu nada ben esta idea entre os outros adegueiros. Pero o home teimou, e teimou (e era moi diplomático e convincente) e agora mesmo a propia DOCG Barolo asumiu o tema e calificou as fincas. Agora mesmo hai un equivalente ós "crus" (Menzioni Geografiche Aggiuntive). 

A parte irónica de todo isto é que esta primeira finca de Ratti (Marcenasco, a de esta botella) non é unha das tops (facer o mapa para beneficio dos outros adegueiros e non el).... pero é das mellores. Un bó viño, e este viño é o herdeiro de ese primeiro Marcenasco que naceu nos 60s. 


- Domenico Clerico Barolo 2019. Este viño é de Monforte D’Alba, de onde son os Barolo máis concentrados e tanínicos. Ademáis iste viño aplica o outro tipo de vinificación oposto: é un blend de Nebbiolo de diferentes fincas, pero todas da zona de Monforte. 

Domenico Clerico ten parte da seguinte revolución no Barolo: os Barolo Boys e as Barolo Wars. Nos anos 80, os fillos novos (e supoño que novos propietarios que viñeron de fora) quixeron modernizar o Barolo. Porque tradicionalmente o Barolo deixabase macerar durante moitos días, logo envellecía en barricas moi grandes (durante moito tempo, necesario porque era moi tanínico), e daba un viño moi potente e ás veces un pouco abrumador á hora de beber.
 

Os novos querían un viño máis fresco e lixeiro, e entón cambiaron a elaboración (menos maceración, barricas máis pequenas). O choio é que isto non foi un cambio aceptado por todos e ademáis había discrepancias dentro das propias adegas e entre viciños. Así que a cousa escalou a moitas discusións e enemistades. 

Pois bueno, Domenico Clerico era un dos Barolo Boys (os que querían cambiar) máis importantes. A parte irónica (outra vez máis) é que co paso do tempo volveuse a tentar facer os viños máis coma era tradicional, ou canda menos facer os viños dun estilo intermedio. E resulta que esta botella que teño é do Barolo estilo tradicional que fai Domenico Clericó.  

Así que estes dous viños serviranme de introducción ó mundo do Barolo (cando chegue o momento) e de momento xa me serviron, informándome sobre as súas adegas para coñecer máis sobre a historia, os terroirs e os estilos de elaboración dos Barolos. E xa antes de bebelos! 



martes, 2 de enero de 2024

Casa Sidrón, en Pieiga, Negueira de Muñiz

Maravillosa paisaxe, moi bó xantar e uns viños que han sorprender. Casa Sidrón en Negueira de Muñiz.

Eu coñecin de Casa Sidrón polos seus viños (viños no norte de Lugo, da IXP Terras do Navia), e tamén falando fun sabendo un pouco máis do seu val, do viño e do restaurante. E quedei con antollo de ir, e ... cando tiven ocasión tirei cara Negueira.

O val do Navia é unha beleza. Ahí encaixado entre montañas... ainda que estando perto de A Fonsagrada non é tan frío. O que si é un tanto neboento polo do encoro. Negueira é un concello pequeno con pequenas aldeas. E Casa Sidron está en Pieiga a uns kilometros da capital do concello.

O restaurante é na casa familia remodelada, unha fermosura e moi ben rehabilitado. Na pranta baixa hai unha barra, e logo subes polas escaleiras e teñen un salón para comer ben grande, con vistas e unha lareira.

E en canto á comida, pois tedes cociña tradicional, pero feita cun toque moderno (pero moi respetuoso ca tradición). Vai gustar ós que queredes a cociña de sempre, pero tamén a os que andades un tanto cansos de sempre o mesmo. Hai no menú opcions de año e de cabrito ó forno. E tamen hai pratos de cociña asturiana (porque Asturias está o lado, e porque a cociñeira é asturiana).

Eu tomei as troitas, o año (lechazo) asado e de postre una torrija con xelado de mandarina.




E sobre os viños, pois tedes que probalos. Os viños de Adega Sidrón traballan cas castes tradicionais da zona (Branca Lexitima, Verdello Tinto, Tinto Sorodo) e a máis extendida Mencía. Estas castes propias fan que o seus viños teñan un aquel diferente e moi orixinal. Son viños que non teñen comparación. A pesares de que vexades a Negueira tan ó norte no mapa... son viños cálidos, porque é un lugar moi quente no verán e por estar en terreos de lousa (que garda moita a calor). Eu dinlle ó Pizcos, un branco lexítimo de cepas vellas con crianza que ten o carácter para poder con carnes e o que sexa.