miércoles, 18 de diciembre de 2024

Polvoróns (e Mantecados) a eito!

 Pois por estas datas é bastante habitual que a xente poña a rosmar sobre o que lle gusta e non lle gusta das comidas do Nadal. E é bastante xeralizado escoitar á xente que non lle gustan nada os polvoróns.

Pois hai (algunha) xente á que lle gusta (moito) os polvoróns/mantecados! 😝 Coma a meu afillado que vive en París. Así que dende o ano pasado como non pode vir polo Nadal, pois fagolle chegar unha caixa con polvoróns ou mantecados.

Pero coma son así de teimudo, pois non envío un só tipo se non de varios fabricantes, para que compare e para que cada rillada sexa diferente.

Este ano o envío levaba:


Os Felipe II (Vitoria), Que son brancos e teñen a amendoa moi fina. E seica todos os anos esgótanse a pesar de ser ben caros.


Dende o sur, os El Patriarca veñen de Estepa (Sevilla) e son outro choio, de canela e con ajonjolí.

E desde Jijona unha marca non tan extendida pero con moito nivel: La turronería. Aqui xa non son redondos e volvemos a ter amendoa, pero xa un pouco máis grauda (nótase ó comer).

Os Toro son de Tordesillas, e son un tanto máis cativos, pero ... veñen a representar a tradición de Castela. Estes son outra vez brancos e de miolo fino.

E para rematar os da Abuela Asunción que teñen o choio de que van nun celofán onde non se ve ben o nome. Neste caso ves clarísimo que son feitos a man ,e nen teñen forma de disco nen alongada. Son coma boliñas. E dentro de cada bóa hai 2 amendoas enteiras!

Bueno pois os polvoróns istes xa están en París. E ca cousa curiosa, que eu cando entreguei a caixa dixen que levaba polvoróns, pero a rapaza de correos puxo "decoraciones navideñas". 🤷‍♀️ Pero coma vedes os paquetes pasan por raios X, e alguén en Madrid xa corrixiu que que ían polvoróns. Chegar chegaron.

E para rematar, sempre me fixo moita gracia, que unha das marcas que compiten con Felipe II son os de Carlos I (Sevilla). Neste caso é curioso porque estas dúas marcas si que teñen mantecados moi parecidos en textura e sabor!

E para rematar, alguén preguntará ¿cal de todos estes é o meu polvorón favorito? Pois nengún de estes. O que máis me gusta é un de Navarra que fan os de Antonio Anaut, que son abraiantemente brancos e que teñen un sabor intensísimo a canela. Bruutal! A putada é que na tenda que mercara os Antonio Anaut, este ano non ós trouxeron Certo é que o ano pasado non os acabaran, pero eu fora e mercara todos os que quedaban! Este ano estiven esperando a ver se os traían pero agora xa estamos a mediados de Decembro e xa non teño. Para o ano que ven teño que ver de encargalos online ou algo así, porque francamente coido que son uns polvoróns moi especiais.


No hay comentarios: