sábado, 1 de febrero de 2025

Herencia Caval - Tercer Año - 2020 - Rioja


Pois estas semanas tivemos ocasión de abris un Rioja que mercara eu na Emoción dos Viños do 2023. Que aquel ano fora no mosteiro de Oia. E xusto nunha das mesas que estaba no exterior, con vistas ó mar estaban os rapaces de Herencia Caval dende Cuzcurrita de Río Tirón (Rioja Alta)

Segundo explicaron, na súa adega estan buscando un pouco recuperar os estilos antiguos que se estilaban en Rioja (por iso na etiqueta poñen: "Una mirada al pasado para mejorar el futuro"). Eso tamén explica un pouco que non estan usando as categorías que agora se estilan en Rioja de: Joven, Crianza y Reserva. Este Tercer Año era coma antiguamente se usaba para viños que tiñan un ano de crianza. Por tanto saian ó terceiro ano. Así que non chega a ser un Reserva dos de agora (que fan 2 anos) pero tampouco é coma moitos dos Jóvenes. 

Herencia Caval. 3er Año. Rioja. Tempranillo con Garnacha. 1 año en barrica. Cosecha 2020. 

Bueno, pois alá veu para casa e estivo un par de anos por aquí, ata que abrín hoxe no 2025. A ver que tal! No principio, supoño que por non darlle tempo a abrir so lle notaba moito o punto de taninos e algo de froita pasificada. Pero logo conforme foi abrindo funme dando conta que se ben mantén o caracter dun tinto ca súa potencia, tiña suavidade e eleancia. Do que din fresco? A min pareceume un tanto máis complexo ca fresco (se cadra o de pasar 2 anos na casa cambiouno un pouco). Na etiquena non indica as uvas pero eu vendolle a capa sospeitaba que non era 100% tempranillo (e non era). Ese toque da garnacha nótaselle ben. Conforme foi abrindo o viño o toque frutal (guinda e grosella) notabaselle máis. Gustoume moito. 


Buscando algo de información sobre o viño, descubrín que non ten moita referencia en Internet. Coma cando falara con eles dixeranme que eran un proxecto pequeno e bastante experimental, tiven un pouco de inquietude que decidiran abandonar. Por sorte din co seu Instagram: @herencia_caval. E estou vendo que teñen posts recentes e incluso estan subindo historias do seu traballo en viñas (hoxe mesmo  estaban podando). Así que por ledicia, pois continúan co do viño. 

O que sí, e que non teño nen idea donde mercar os seus viños. En Internet que topas de todo (ainda que sexa AGOTADO) non hai nada. Así que quedo cas ganas de mercar máis. A esperar e a ver se podo ter de novo ocasión de mercar máis botellas. Porque gustar, gostei. 

No hay comentarios: