Unha das cousas chulas de ter un blog vello e que non desaparecera e que xa somos un pouco arquivo de cousas que cambiaron. O otro día vin que temos un post (do 2009!! parecía que non era fai tanto, pero coma vai pasando o tempo) sobre o Meson Orensano (o que está na Rúa Zamora). E ten unha foto da súa antiga fachada, que agora xa non existe así que xa só queda esa foto e algunha outra cousa máis por ahí.
Pois mira, aproveito esta lembranza para comentar que o Meson Orensano segue a funcionar, e segue a ter un pouco o concepto de sempre, bastante xenerosos no tema do pincho (non tanto coma no 2009, de aquelas as cousas eran diferentes) e moi bo trato en xeral.
Aqui tedes unha ración de orella (non era de pincho, pidimola). Nunha das mesas redondas, que teñen un deseño ben pavero.Pois eso, aquí tedes o interior do Meson Orensano agora. Que ainda que cambiado e modernizado segue a ser moi de madeira.
Por certo unha pequena curiosidade, a pesar de chamarse Mesón Orensano, e que todos pensemos que son de Ourense, en realidade son de entremedias. Son da Cañiza.
Lembrades que comenzamos a falar do tempo que pasou e comentar o da foto, pois xusto este ano celebraron o seu 50 aniversario: 1974-2024. Xa é tempo. Pois xa ten 50 anos de historia, e outro tanto que durará.
No hay comentarios:
Publicar un comentario