miércoles, 5 de febrero de 2025

O menú Xeitoso no Restaurante Enxebre 😀

Idesme permitir titular iste post con esta frase non parece verdade. Pero sucede que en Vigo existe (dende o 2022) o Restaurante Enxebre. E un dos dous menús degustación chamase Xeitoso (o máis longo dos dous). Así que a frase ten moito sentido. 😇

Un pequeno spoiler porque xa o comento ó final. Eu estaba un pouco desapegado do tema do menú degustación. Non por unha razón específica, tampouco vaiades a pensar de máis, un pouco non cadrou e un pouco non apetecía. Pero mira, esta experiencia en Enxebre gustoume moito e rexurdiu en min as ganas de volver a darlle a este tipo de menús.

Menu Xeitoso (50€): 4 entrantes + peixe + carne + postre.

 

Alcachofas Confitadas con Sabayon (+ Manzanilla + Cecina)



Mini Empanada de Zamburiñas


Sande de Xarrete e Trufa


Lasaña de Centola con Bechamel dos seus Corais



Arroz Verde con Ameixas

(Fora de Menu: Grelos, Pescada e Beurre Blanche)

Cervo (Caza) con Crema de Zanahorias e Xenxibre

Crumble, merengue citrico, crema de maracuia

(Fora de menu: Tarta de Queixo)

Para beber, un Torrontes Arxentino: Alta Vista Estate 2019

O menú ten nivelazo, moi bós todos os entrantes pero sinto que a súa cociña expresase mellor nos principais.


O arroz verde con ameixas (e os gabians dos chicharos, que non deixedes de comer porque teñen un sabor ben peculiar, de feito en moitas cociñas do mundo consumense tanto coma as sementes), que se esta a preparar continuamente e chega no seu punto recen feito a cada mesa.

Outro momento ben exitoso é a merluza con grelos (grelos da súa horta, outros cociñeiros que tamén son agricultores!). Ahí afrancesanse un pouco e atreven cunha beurre blanc (sacrileixo durante moitos anos que non se podía cociñar con manteiga en Spain😂) ca sua manteiga fumada. E fixo ben! Gostoume moito.

E brutal tamén o punto de preparación e o sabor da carne de cervo. Xa só por ise prato merece a pena parar de visita. (E claro, eu non mirara a fondo o CV dos rapaces, pero claro, habendo traballado en Lera... coma non vai saber preparar caza!).

Recomendo sen dúbida (e eu que andaba un pouco evitando os menús degustación, recúo un pouco, menús coma os de Enxebre merecen moitísimo a pena!)



No hay comentarios: