Cambiei de choio este verán, e no meu primeiro día tamén incorporou outro compañeiro. Eu viña de Vigo, e S. ven de Shanghai (ainda que leva vivindo en Madrid dende hai un par de anos). Comezamos a falar e coincidiu que os dous temos bastante afición polo tema do café. Se ben traballamos en sitios separados, cada mes coincidimos en Madrid, e eu levo algún café dun torrador galego, e S. comparteme algún dos seus cafés favoritos.
Os seus dous últimos agasallos fixéronseme super interesantes. Porque compartiume un par de cafés bastante especiais que lle trouxeron de China (da República Popular China mesmiña). E teñen outra cousa curiosa que coma veredes o envase é moi pouco informativo, ven escrito en Chino e pouco máis (o meu amigo para axudarme escribiu el a mán un pouco máis de datos).
Honduras Finca Moka
Con este levei unha sorpresa. Probeino e notei algo moi curioso: sabor a vainilla, caramelo, melaza, algo de madeira... todo tiña un sabor familiar pero que non me facía pensar en café. E fun mirar en Internet e descubrin que iste café é o Honduras Finca Moka Whisky. E ese sabor que le notaba é iso, sabor a Whisky, porque os grans de café verde fermentan en barriles onde estivo whisky. E entón collen sabores dos barriles. O choio é alucinante! De feito é un dos cafés máis aromáticos que teña usado nunca. Incluso gardo os pousos aparte porque seguen a soltar aroma a whisky durante varios días.
Panama Finca Santa Teresa Volcan Baru Geisha
Neste caso non había sorpresa porque si coñezo os Geisha de Panamá. Coñezo de oidas. Porque ainda non conseguira probalo ainda. Si tiña probado un Gheisha mexicanos (agora cultivan esa variedade en México). Pero un Panama Geisha dos "Pata Negra" ainda non. Sentínme bastante en débeda co meu compi de traballo porque é un café moi especial e estou moi agradecido que compartise conmigo (logo comentoume que non me preocupase, que non é un café barato pero non é dos extremadamente caros que teñen prezos prohibitivos).
Sobre os Geishas, é dificil describir coma é. Porque son ben ben extraños e diferentes. A ver, teñen este toque moi típico de algúns cafés etíopes, destes que se describen coma semellando un té negro. Eu non sei, non o vexo tan así. Ten sí unha parte especiada, outra parte como de marmelada, froitas exóticas moi inusuais e ... é moi doce. Pero moito moito.
A ver, o meu punto de vista sobre os Geishas polo pouco que teño probado, non me vexo coma gran fan de eles. Ben me dou conta de que son extra especiais, e non teñen parangón. Coido que a súa fama está ben merecida. Pero claro, son tan potentes e teñen un sabor tan inusual, que non os vexo coma un café para tomar día a día (tamén para o que costan non vas tomar 3 tazas así seguidas!).
Pois un pouco coma comentei, esta sendo moi interesante este xogo de intercambio de cafés. Sobre todo porque el estame facendo coñecer cafés dos estilos que triunfan en Asica: cafés con aromas a whisky (que aquí en Europa case non vexo que vendan) ou os Geisha que case exclusivamente van a Asia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario