martes, 29 de octubre de 2024

Comendo no Madrid "conceptual".

 
 
Este ano estou viaxando habitualmente por traballo a Madrid e teño que quedar uns días por ahí. As viaxes de traballo que parecen unha cousa moi chula, en realidade son un pouco coñazo. En ocasións incluen ter que quedar a xantar ou a cear con clientes/compañeiros cando se cadra preferías quedar na casa, e en outras ocasións coma me pasa a min, os compañeiros marchan para casa e quedo eu no centro de Madrid tendo que ver que facer esa noite.


E mira entón estaba eu por Madrid en Agosto, eu pensei

"vou aproveitar para pasear por Madrid e ver coma están os barrios onde eu vivín hai 20 anos, e tamén aproveito e vou visitar un pouco os poucos bares e restaurantes de vello que había nos barrios antes de que desaparezan"

E o plan saiume coma o carallo! Porque claro, era Agosto e a maioría dos pequenos negocios de Madrid pois pecharon por vacacións (e fan ben, a súa clientela é a xente do barrio, e en Madrid casi todo o mundo escapara, así que non tiña sentido estar aberto). 

 Así que finalmente e porque non quedaba outra: 

Estiven paseando por Madrid e visitei o que eu clasifico coma "conceptos de negocio". Que xa naceron con intención: ofrecer un tipo de cociña ou algo particular que non había ou que habendo esta de moda, en que a decoración xa se pensa de partida e cousas de esas. E bueno, non era algo que inicialmente tiña eu moitas ganas porque bueno, tampouco é tanto o meu estilo, pero logo teimei: oes, se tan ben funciona isto e está de moda, hai que ver de que van, non? 

 E bueno, se vos parece un pouco esaxerado andar paseando e mirando sitios e non ir ó primeiro que cae cerca ou os que teñen moita xente, pois xa non sigades lendo. Porque Eu si tento ver e coñecer un pouco os lugares. E canda menos mirar que outros negocios hai porque xa me ten pasado mil veces de ir a un e ter un máis interesante ó lado! 

Piri Piri Frango

Pois mira que curioso, levo anos escoitando do Nando's pero nunca me cadrou cair nun. E non fai falla ser un lince para sospeitar que este ven sendo a versión de aca dese concepto. O local botaba por fora un cheirume a carbón co cal prometía. Por sorte dentro non afumabas, estabábase ok. 


Eu non andiven fedellando moito, isto ten que ser sinxelo: medio frango, ca salsa piripiri que pica (si, hai que non pica!), unha batata asada (podía ter pedido as patacas, pero bueno) e unha cervexa. E cumple co prometido. É frango á grella e a salsa esta rica. Esta careiro, pero bueno, canda menos a guarnición vai incrluida no prezo. 

Cumple! E o frango está rico e eu prefiro ó polo frito.

Por certo que coma é de esperar, teñen máis cousas no menú. Teñen "brochetas" para os repunantiños (cando o polo bó e o que leva oso!), unha hamburguesa e uns bowls. A que carallo andamos amigos! Un sitio de frango á grella, é para o que se vai. E logo está isto de que podes pedilo con salsa que non pica... andamos á xogar ou que?

Natas Artesanos

Esta visita a Madrid foi coma moi "portuguesa". E faiseme interesante porque hai uns 10 ou 20 anos, na Espanha non había coma moito interés en facer cociña portuguesa. Todos coñecíamos Portugal porque todos viaxamos alá, pero logo nunca había ninguén tentando ofrecer cociña de alá. Agora vese que a cousa comeza a exportar un pouco (o piri piri en realidade coido que é máis ben africano). 

Bueno pois mira, resulta que por onde Metro Lista, polo barrio de Salmanca hai unha confitería coma mí enfocada ó choio dos Pasteis de Natas. E de hai 5 anos a esta parte, en todos lados (incluindo en todos os supermercados de España) hai sempre uns pasteis de nata.... horribles!

Neste caso eu vin que estaban ahí preparando os pasteis á vista e forneando cada pouco, e pensei: pode que estén ben, porque o choio destes pasteis de nata e que estén fresquiños. E acertei. Así que se tedes antollo de pasteis de nata, ou se queredes un petisco dulce por Goya, e non queredes caer nun cronut ou na proxima moda que veña dos USA, estes pasteis son sempre o mesmo pero nunca están mal.


E non hai queixa, os pasteis de nata estaban ainda morniños, non enfriararan (e estabamos a media mañá, así que van facendo ós poucos). A crema estaba suaviña, non moi apelmazada. E coma detalle bó (que a moitos vos será igual) teñen canela e azucre glas. Eu é que o natas, con canela millor. 


O Natas Artesanos está OK, ademáis teñen café Delta ben feito.


Cachivache Taberna

Paseando pola cidade de Madrid pois ves moitos sitios que teñen así unha decoración moderna e levan o nome de Taberna (ainda que non sempre reparo moito na parte de Taberna). Supoño que é a nova categoría que dan en chamar NeoTaberna ¿Ou son outros sitios? 

No caso de este Cachivache, segundo mirei logo para informarme do sitio, ven sendo un dos que inaguraron este fenómeno: de feito fora pon que xa cumpliron 10 anos. Oes, pois mira, iso é bo sinal de que funciona ben. Ademáis de iso dos aniversarios, observei que martes, mercores ou xoves... ¡¡estaba sempre cheo!!
 
 
Así que mira, para coñecer unha neotaberna, este era un bó sitio. E quedei bastante contento. En cociña non é que me abraiase tanto (no sentido que xa imaxinaba que ía por este roio), pero si me abraiou o amplia que é acarta (coido que máis de 30 pratos). E tamén gostei moito do acolledores e o atentos que eran todos. Non porque esperase o contrario, se non porque en sitios con tantos clientes ás veces non da para atender a todos, pero aquí, hai moito servicio e hai moi bó ambiente entre eles. 

En canto á comida o chicharron este que fan recen feitiño, ainda morno, moi ben, pero a orella á brasa en plan pulguita encantoume. Xa sei que non ten moita historia como cociña, pero é que sabía moi ben.

Gustoume moito e mira, ainda quedan unha chea de cousas por probar. Voltaría!

De comentar cousiñas un pouco fastidiosas, pois aquí (e en moitos outros sitios de Madrid) o viño por copas faiseme un tanto careiro. Non sei se pedindo a botella sairía mellor, pero observo que en Madrid subese de 4€ por copa case por calqueira viño de gama media.


Hong Kong 70 in Chinatown

Vaia que estou vendo que no Instagram amosa todo o texto así que en moitos casos repítese o texto, así que aquí non vou explicar outro choio. Fun visitar Usera para ver coma era o Chinatown e con gañas de comer alí. Ainda que hai un par de rúas que si son todas de negocios chinos, Usera é bastante máis variada e hai negocios de outros tipos e incluso bares tradicionales. Todo mezclado. Faise moi interesante. 

Fun cunha lista de sitios que recomendaran e estiven paseando e vendo. Nos restaurantes chinos do barrio son moito de poñer fotos no exterior dos pratos (unha amiga chinesa comentoume que non o fan para nós, se non para eles mesmos, que gostan de ver coma é a comida antes de pedila) así que puiden ver máis ou menos o que había. Está interesante e conto con regresar. Pero vin que había unha certo estilo maioritario e ... 

Non había moita cousa estilo Cantonés coma no HongKong. Así que ainda que parecía o máis "feito a propósito" e un tanto decorativo, pois alí lle fun. 


Por certo unha cousa bóa, e que puden levar o que non din comido nun tupper e xa arranxei a comida do día seguinte. Foi moi bóa visita. 

Resumo

Coido que estivo ben a experiencia. Puden comer bastante rico en todos os sitios e un pouco coñecer as cousas que estan cocendo (que apropiada a expresión!) en Madrid. Coido que a algún de estes sitios non hei poder voltar fácilmente (o Cachivache, por exemplo, coma dixen esta cheo case sempre, foi case unha casualidade conseguir sitio). Ó que máis estou voltando é ó das Natas Artesanas, porque esta moi perto do traballo e un café e un natas é un almorzo rápido e bastante ok.