Mostrando entradas con la etiqueta queso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta queso. Mostrar todas las entradas

sábado, 28 de septiembre de 2024

Fondillón (de Alicante) e queixo verde (e azul)

 Pois eu xa tiña lido sobre o fondillón de cando era rapaz. Non me preguntedes en que libros lera sobre elo, pero sen saber que tipo de viño era nen de onde era, sí tiña seguro que fondillón era un tipo de viño. E polo menos, coma aquí en Galicia nunca escoitara falar del, supuxen que era algo que xa non existía ou algo así. 

Así que non vexades a miña sorpresa cando hai un cantos de anos comecei a escoitar sobre o Fondillón de Alicante. Non só existía, se non que se producía en España! Sobre a orixe, a historia e tal do viño, mellor un par de enlaces:

E bueno, entre as lembranzas esas de cando era cativo nos libros, que son curioso cas cousas escasas e que gosto moito dos viños "generosos", pois busquei a ver se daba conseguido unha botella para probar (porque nos restaurantes non me cadrou de velo, Xerez, Portos e Madeiras, a eito, pero Fondillón, nada de nada). 

E mira hai uns meses din en Vigo cunhas botellas (Casa Hermo) de Fondillón Alone. E tampouco estaba tan caro (mirade por Internet e veredes que estes choios facilmente suben de 30€).  E viu para casa, a esperar que houbera ocasión para probalo (esperei para abrilo cando tivera visitas, home, que é algo bastante especial).  

Coma foi esta primeira proba do Fondillón?

Para nada o que eu esperaba! Lera en moitos sitios que falaban dun "vino dulce" e en outros sitios incluso o metían xunto cos "vinos fortificados". Pois non, non se parece nada ós viños doces habituas (sexa un mistela, un Sauternes ou un Tokai): porque non é apenas doce! Igualmente tampouco se pode meter cos fortificados porque apenas ten 15º. 

O nome máis correcto supoño que debe ser o de chamalo vino rancio. O que pasa é que comercialmente a ver que no vai chamar así! Nadie o mercaría, pensarían que esta estropeado. Pero a min encántame o nome: é ben rebelde. 




O viño en cuestión que tomei, é Fondillón Alone (Gran Reserva) Cosecha 1987 (BoCopA). De cor parda (caoba) e traslúcida (ainda que é de uva tinta, Monastrell). Os aromas na copa son moi diversos e dificiles de describir, todo tipo de especias, froitos secos, froita madura. Logo en canto a sabor pois o que comento como sorprendente é que arrinca moi suave, moi cremoso (non é alcoholico, nen se lle nota o doce de entrada). Outra cousa peculiar é que ten certa frescura (fai pensar outra vez máis que non parece viño de uva branca - que non é). E o final é notaslle sabores moi intensos e típicos de viños moi vellos (café, algo de coiro, madeira) pero subtiles e contraponselle (agora sí) os toques doces de mel, froita confitada.  




Un pouco o resumo que quero dar é que foi o que me encantou é que é que sendo moi envellecido, e moi complexo, mantén moito equilibrio e non se pasa en nengunha dirección: non se pasa de doce, non se pasa de oxidado, ten un chisco de ácedo, non ten moito tanino nen tampouco é tan alcoholico. Gustome este ter un pouco de todo. E sobre todo que é diferente dos viños doces e sos fortificados, ten un carácter moi propio. 



(Oes, non sei coma categoriza este Fondillón Alone cos outros Fondillóns. Que quede claro que iste é dos de precio máis contido así que vamos a supoñer que non é dos de calidade top. Dame a min que non hei ter demasiadas opcións de probar os outros, porque o choio está escasísimo, caro e non chega moito a Galicia.)


Fondillón contra o queixo azul. 

Semella que a maridaxe ortodoxa do fondillón e con postres e froitos secos. O dos froitos secos entendo ben (de feito xa comentei que o viño ten moitos aromas coma os de eles). Pero o dos postres non o entendín tanto porque coma dixen on me parece un viño doce. Coido que non presta tanto. 

Nalgún sitio lin que o queixo azul, de sabores tan intensos non se lle pode entrar con ningún viño. Excepto tal vez un Madeira, un Porto, un Sauternes ou un Fondillón! Oes, coma eu adoro o queixo azul e quedaba un pouco de Fondillón logo da proba do outro día. Organicei un pequeno picoteo de queixos. 

E para comparar millor pois incluín de invitado un Tawny de Porto (Burmester Jockey Club Special Tawny Reserve). Non non quero dicir que estes viños sexan comparables (non o son para nada), pero era o Porto que tiña na casa aberto, e tamén considerei que era mellor comparalo con outro non tan vexo, máis doce e máis afroitado.

Para queixos, un de cada casa! Un Roquefort DOP (Leite de Ovella). Un Gorgonzola DOP (Leite de Vaca). E un Valdeón DOP (Ovella e Vaca). Todos eles de marca non moi coñecida, bastante regular. Nada especial. Pero eso sí, todos da DOP. 

E coido que me lío moito nas explicacións. Deixo estes comentarios:

  • É curioso que se lles diga "queixos azuis" porque o Gorgonzola e o Roquefort teñen barolo verde! (Na foto non se nota tanto - cousa de ilusións visuais nas pantallas, que vos vou contar que a sabedes co choio do vestido). 
  • Cada un dos tres queixos é ben diferente co seu tema particular. o Gorgonzola polo do cremoso e fluido que se pon (case escorrega polo plato). O Roquefort ten uns buratazos enormes e é o que ten o sabor coma máis picantiño. E o Valdeon é bastante diferente dos dous, máis firme, máis curado e moitísimo máis azul. A parte bóa e que se gostas dos queixos azuis, merece a pena ir saltando de un a outro porque son realmente diferentes. 
  • Ainda que apenas eran 50g de cada queixo, a verdade e que comezas con moita paixon e os disfrutas moito, pero as súas sabores tan intensas acaban saturando. Se cadra non é tan bóa idea de facer unha taboa só de queixos azuis se non sempre poñelos en minoría contra de outros queixos.


  • E mira, aquí entra xusto o tema dos viños ¿poden estes viños co queixo azul? Pois mira ahí estuvo a cousa curiosa: eu considero que este Fondillón é bastante subtil e desvirtuabase con sabor intenso do queixo. Aparteino e deixeino para cando rematara. 

  • En iso si que o sabor doce, o alcohol máis cargado e os toques afroitados do tawny si que saian por riba do queixo. Co queixo tomei o Porto.
  • E isto non quere dicir que ise fora millor viño. De feito o contrario. Para min ese Fondillón estaba demasiado interesante e mellor non co queixo. E que nesto das maridaxes non sempre o mellor viño é o que presta máis. En moitas ocasións mellor o contrario. 


viernes, 3 de noviembre de 2023

Unha de queixos galegos "modernos"

 

Hai uns meses para o cumpleanos do noso Javi Polo, pois aproveitamos para quedar xuntos e o meu agasallo foron 6 queixos galegos.... Que tomamos facendo maridaxe con cervexas belgas (porque Javi é moi de cervexas belgas, e ademáis tiñamos a curiosidade de que hai toda unha tradición belga de maridaxe de cervexas e queixo). 

 

E mirade, así aproveitamos para falar das novas tendencias galegas de queixo. Porque xa hai máis cousas ca o Arzua/Ulloa, o Tetilla, o San Simon da Costa, o Cebreiro e o (ou os) Requeixos

Moitos dos queixeiros e gandeiros galegos están investigando e facendo queixos un tanto diferentes. Haberá xente que lles pareza mal porque non eran tradicionais de aquí, pero a min pareceme moi ben que teñamos variedade de queixos, e sobre todo algúns de estes queixos conseguen transmitir o sabor dos nosos pastos e da nosa terra de maneira igual de intensa ca os queixos tradicionais.

Aquí van os que probamos. 



Meniña de Donicio.

A gandería de Donicio esta xusto en Arzúa (A Coruña), e non fan queixo típico. De feito este Donicio que probamos é de cabra. E non é o "típico rulo", se non que é un queixo de estes pequenos e moi untosos, con codia de barolo. É super cremoso e moi graxo...  Donicio fan outros queixos, de cabra, de ovella e tamén de vaca. Teñen moita variedade pero eu non teño probado ainda todos.

https://www.casadonicio.com


Néboa de Quintian

Os de Quintián están no Páramo en Lugo. Fan queixo máis tradicional (pero non tanto) chamado Agarimo, un queixo fresco (iste non ten nome) e tamén venden leite fresco. Neste caso mercamos o Néboa, que é o seu queixo máis "afrancesado". Inicialmente tiña dúbidas de se mencionar semellanzas de estes queixos galegos con queixos estranxeiros, porque coido que ainda que podan usar as mesmas técnicas, xa só de estar en Galicia saelles un queixo diferente. Pero bueno, para que vos fagades unha idea de todos estes queixos o Néboa asemella a un Brie. Pero máis fresco e suave, e cun sabor ben herbaceo. 

https://www.ganderiaquintian.com


Xiros de Bisqato

O queixo Xiros é da zona de Guitiriz. Fano a xente de Bisqato, que coido que teñen un dos nomes máis preciosos xamais dunha empresa. Coma en todos os casos anteriores, fan queixo con leite crú (sen pasteurizar previamente). Isto é algo importante en coma queda o queixo despois, porque ó non estar pasteurizado, os queixos fermentan cas bacterias do lugar. Por tanto non van ser nunca iguales os de Quintian ou os de Bisqato porque son partes de Galicia un tanto diferente.

Bisquato fai varios queixos, os dous redondos, os dous con barolo na codia, pero ¡son diferentes! O Lúa é máis firme e non sei se dicir máis maduro (porque ás veces no mundo dos queixos máis tempo deixa o queixo máis brando e outras veces faino máis intenso e máis firme).

O que tomamos nós e o Xiros. Eu son un grande fan do Xiros, coido que é un dos meus queixos galegos favoritos, porque é moi moi graxo, manteigoso, cun miolo un chisco graudo... moi intenso (no seu sabor fresco, que é dificil explicar). Se coñecedes os queixos franceses eu compraríao cun Brillat-Savarin. Eu recomendo que se tedes ocasión probedes o Xiros porque é (na miña modesta opinión) unha das cousas máis orixinais que estan a facer en Galicia. Case ninguén fai queixos así en España. 

https://www.bisqato.com


Terra de Arias Moniz 

Veño de falar dun queixo que non fan en outros lados, pero o que realmente non ten equivalente ven sendo o Terra. Porque en parte pola leite (de vacas Jersey) coma polo barolo negro que leva fora, fai que sexa un queixo cun sabor moi intenso e unha cor marela no interior ¡que non ves en outros queixos! É un queixo graxo e intenso, cun toque forte da codia. Queixo para xente de gustos intensos. É moi especial.

Arias Moniz son de Chantada en Lugo. E tamén fan o famoso queixo azul Savel, manteiga e coido que algunha cousa máis porque non paran de facer cousas.
 

https://airasmoniz.com


Da Josefa

Diste se cadra non fai falla contar moito porque xa o teredes visto por Internet. Faise en Palas de Rei, que é xusto a comarca da Ulloa, pero non está na Denominación de Orixe, pero non por malo, se non por bó. É un queixo afinado durante máis tempo. Por iso ten este choio especial de estar moi "manteigoso". É un queixo do país, o seu toque ácedo e suave, pero cun sabor intenso.

Por non ter nen teñen web. Pero podedes ler sobre coma traballan o seu queixo. Podese comprar bastante fácil en queixerias e incluso en tendas online.

Marianne de Cortes de Muar

Ei, finalmente un que é un tanto diferente ós outros, nen barolo (bueno si que hai algo) nen miolo brando. Neste caso o queixo lembra ós queixo alpinos (un Gruyere, ou un Comté). Ten un sabor doce, coma a froitos secos... E coma vedes, e coma nos alpes ten buratiños!! Iste queixo foi o que máis lle gustou ós nenos e a todos. É un acerto. Se o podedes probar xa me dicides.

Cortes de Muar traballan en Silleda, Pontevedra. Ademais do Marianne fan o Marigold (que pode asemellar así polo tamaño e polo exterior pero é diferente). Tamén fan o Mimosa que é do estilo máis tradicional de queixo do país. Pero non paran ahí, tamén teñen o Marquesa. 

https://cortesdemuar.com



domingo, 22 de septiembre de 2019

As Cabras do Hío (e os seus queixos e o mel)

Onte se celebrou na praia de Limens a festa do cabrito. Que xa van 3 anos. A idea da festa é primeiro facer unha festa para os veciños. E tamén para axudar a promover o traballo que fai a cooperativa O Pouso da Serra. Os da cooperativa teñen colmeas e producen mel e outros productos apícolas. E tamén crian cabras e ademáis de facer queixo e iogures teñen carne de cabrito. Así ¡que mellor que unha festa ca carne dos cabritos!




A festa é moi interesante para axudar a dar a coñecer o traballo que fan nos montes do Hio os da cooperativa. Unha das súas actividades é ter colmeas. Que lles está a ser problemático pola chegada das vespas velutinas. Pero eles siguen insistindo e traballando cas abellas.


E logo tamén está o traballo cas cabras e os cabritos:


Fan un traballo múltiple porque por un lado crean unha actividade local para os veciños do lugar, por outro lado as cabras axudan a manter os montes limpos e evitar incendios, por outro lado serven para proporcionarnos uns bos queixos (aparte da festa dos cabritos, coido que non traballa para vender carne).

O queixo co leite de estas cabuxas faise e comercializase co nome de outra cooperativa, que está radicada en Moaña: A MeixoEira.

Cerca de 3.500 quesos de 41 países se presentaron en la edición del año pasado al certamen World Cheese Awards. Diez firmas gallegas se marcharon de allí con 16 distinciones. Entre ellas, una debutante: la cooperativa A MeixoEira, con una medalla de plata por su queso curado.Carlos Malvido, uno de los socios, recuerda que la empresa nació con una rama agrícola que derivó con el tiempo en una vocación ganadera con quesería y explotación caprina. Desde hace un año, en A MeixoEira están centrados en los quesos y en este momento elaboran cuatro tipos diferentes, todos con leche cruda de cabra: el queso curado por el que fueron premiados, uno fresco, uno tierno y un queso semicurado de dos meses, el mismo que el galardonado pero sometido a menos tiempo de maduración. También han puesto sus yogures en el mercado y próximamente añadirán alguna elaboración más a la lista que, por ahora, prefieren no desvelar.

O queixo teñovolo probado e recomendoo moito. (De feito mercosllo de maneira continua).


O queixo pódese comprar en algúns sitios de Galicia: a praza de abastos de Santiago, o mercado de Teis e Quesum en Vigo, no Mercado Mario en Hio, en Bueu, en Marín, en Moaña, en Redondela:





sábado, 2 de abril de 2016

Queixos (máis ou menos artesanos) de México

Antes de ir ó tema:

En México non hai demasiada proteción do orixen e dos queixos. Polo que se un vai a un supermercado ou unha tenda mexicana (u ó 7-eleven ou no OXXO), pois ides topar sempre algúnha "versión industrial" de queixo mexicano: Oaxaca, Doble Crema, Panela, Manchego, Asadero.... De feito imaxino que son este tipo de queixos os que exportan ó estranxeiro.
Non merecen demasiado a pena (na miña opinión). Todos eles teñen un sabor ben pouco particular, e en xeral todos teñen un punto chicloso (no caso dos frescos) ou son graxos (os de fundir). Son cartos tirados.
Por iso eu prefiro ir ós mercados e incluso postos de rúa (hai unhas camionetas que seica veñen dende Oaxaca, que venden quesos a granel) e mercar queixos cun carácter máis peculiar. O cal é sempre unha aventura, porque nunca sabes moi ben coma sairá o queixo. 
Pero, unha vez que tes localizado un vendedor xeitoso, teño un queixo de bó precio, de bó sabor - máis ou menos peculiar,  intuese unha orixe natural e podes imaxinar que estas colaborando cun pequeno productor e non andar a facerlle o xogo a un dos 4 o 5 conglomerados lacteos de México.
Un pouco de referencia sobre o queixo Mexicano no aspecto legal e da súa protección:
Bueno, pois aquí vai unha pequena guía ilustrada dos queixos mexicanos que compro.

(Curiosamente, un dos queixos máis populares de México, o quesillo ou queixo oaxaca)

Requesón 

Pois ahí non vos debería abraiar moito: o requeixo artesano do centro de México (descoñezo outras variedades, eu vivo nesta zona) asemella moito ó requeixo este dureiro que se fai no sur de galicia (requeixo estilo As Neves ou Celanova). De sabor, tenvos un aire. O requeixo é así graudo, pero de grau fino. Un chisco ácedo, e para o meu gusto - eu non vos son moito de sal - un tanto salgado.



O que si que observaredes que é diferente, é que tradicionalmente gardase envolto nunha folla da mazaroca de millo (cousa moi habitual no país, estas follas usanse para mil e unha cousas).


Ranchero o "de rancho"

Con este nome, venden queixos de diferente formato, pero de bastante parecido gusto e textura. Este da foto que vedes e comprei en Villa del Carbón. Neste caso vendiano coma queixos pequenos e non moi gordos. (Púxenvos un coitelo ó lado para facervos unha idea do tamaño) Vendiasen de 3 en 3. 

Neste queixo veselle ainda un certo emparentamento co requeixo que saiu arriba. Tamén se lle nota graudo. Pero neste caso vese que está un pouco máis compacto, e tamén que xa estivo un certo tempo a madurar. Ten máis consistencia. Ten un sabor un chisco ácedo, moi humido, pero xa vai collendo ese outro regusto máis a queixo. 

Hai outra versión de este queixo, que se vende metido nun aro (unha tubería de PVC destas gordas dunha baixada de augas cortada cunha serra ... veselles que prepararon o aro na casa porque ainda ven con rebordes de cando lle pasaron a serra). O queixo é parecido, pero neste caso, ven en pezas máis grosas. A textura é parecida ó de enriba.


Panela

Continuando ca progresión ... este ven sendo o seguinte en máis maduración dos queixos mexicanos. Non vos son experto na súa fabricación, pero podería ser que co leite callado dos queixos anteriores, cun pouco máis de presión e cun certo tempo máis de maduración quedase o panela.

Xa vos dixen que aquí usan a folla da mazoroca de millo para moitas cousas, aquí a tedes outra vez:

O panela ten de peculiar e identificativo (excepto claro está as versións industriais) que o queixo trae grabado todo ó redor a forma da cesta de palla onde se escurriu o queixo. De feito chamaselle panela, porque a cestiña díselle panela. 

Coma vedes, unha vez máis, un queixo branco. Neste caso xa é bastante compacto, pero se esta feito cun pouco de xeito (e non é unha trapallada indusrial) ten pequenos furados irregulares polo medio. O sabor neste caso e suave, e xa vai tirando a doce. Iste si que non é salgado.

Unha cousa que lles gusta moito ós mexicanos, é preparar panela de sabores. Por exemplo o meten en salsa de chipotle, e coma este queixo é poroso, acaba quedando co sabor do chipotle.

Outra cousa que lle fan moito, e prensalo con follas dunha planta que lles encanta ós mexicanos: o epazote. E un pouco de chile. E así queda un queixo cunha combinación de sabores curiosa: o epazote aporta o amargor, o chile o picantiño e o queixo ese toque doce e un chisco a froitos secos. 


E parte parece unha faciana... ¡¡¡Que curriño!!!


Quesillo

Iste todo o mundo o coñece coma queso Oaxaca, pero en Oaxaca fan máis tipos de queixos, así que habería que ser moito máis específico, e chamalo coma lle din os oaxaqueños: quesillo. Iste queixo é moi importante para os mexicanos porque é imprescindible para dous platos moi populares: as quesadillas (con queso) e as cemitas poblanas.  

Iste queixo é moi elástico e algo correoso. Ven así gordo coma unha corda, e vendeno arrollado en diversos tamaños (cheguei a ver para vender a granel, unha bola de estas coma de 8 ou 9 kilos). 

Tanto para fundilo, coma para tomalo crú, a xente o que fai é ir separanoo en fíos. Con paciencia saenche mil e un mundo de fíos. (Coñezo a algún que corta cachos del e rilla así directamente, pero parece ser unha cousa non típica). 

O máis habitual é tomalo fundido. Ten un certo aire a un mozarella dureiro e correoso. E de sabor semella ó que os gringos e os daneses venden coma mozarella pero que non é mozarella. Así que xa podedes imaxinar, sabe coma o das pizzas esas "de cadena".

O artesano ten un sabor cun pouco máis de carácter. Por desgracia ás veces quedalles moi ácedo. Non é o meu queixo favorito así que non o compro máis que se teño pensado facer quesadillas ou cemitas (porque é ingrediente imprescindible para que queden coma ten que quedar).

Chihuahua

Con todos estes realities e película sobre Amish xa sabedes todo sobre eles. Pois hai unha secta moi semellante ós Amish, que vive en México: os Menonitas. Pois o queixo Chihuahua é cousa dos Menonitas

 Iste é un queixo maduro. Ven envolto cunha capa de algo parecido a cera ou parafina.

De textura parecese a estes queixos casteláns de mezcla (ata se vedes, os buratos que ten teñen un certo aire). Pero de sabor é máis coma un queixo de vaca galego pouco cremoso. Bueno, tampouco tanto, porque é bastante salgado. 

Ainda quedan moitos máis queixos mexicanos dos que falar. Pero non vou falar neste artigo por varias razóns:
Un par de queixos de sabor moi forte é que non lles topo uso (aquí usanse moito coma aderezo):

lunes, 20 de diciembre de 2010

Villalba: tierra de queso y capón (en Mesón do Campo)

Despues de conocer la crianza de los capones, llegaba el momento de disfrutar del sabor del capón, y el lugar que escogimos fue un restaurante bien conocido en Villalba: Mesón Do Campo.

Si por algo es famosa la tierra de Villaba además de por sus capones es por el Queso de San Simón. Para comenzar nuestra comida pudimos disfrutar de una pequeña cata de quesos de San Simón de la quesería Prestes. Lo que había de especial era que teníamos quesos de tres curaciones diferentes:
  • 45 días (la que habitualmente encontramos en las tiendas)
  • 90 días (Prestes vende en sus tiendas algunos quesos con esta curación, preguntar por ellos y pedirle la prueba)
  • 180 días (esta curación muy especial se puede pedir por encargo a la gente de Prestes)
Tres curaciones diferentes de Queso San Simón da CostaQueso San Simón da Costa curado durante 2 años y medio

Los quesos a 3 curaciones son los de la derecha. A la izquierda había un experimento especial: la DOC de San Simón da Costa había guardado unos quesos durante ¡2 años y medio! Nunca se había intentado parecido, y tampoco había completa seguridad de lo que podía pasar con el queso. Nosotros nos ofrecimos de conejillos de indias. El resultado:
  • Lo malo: En la parte de abajo del queso se había formado moho, con lo que parte del sabor del moho quedó en el queso (si os gusta el queso azul perfecto). Pero viene lo bueno: en la parte superior y en el interior del queso, el resultado quedó al mismo tiempo fuerte, un cierto punto picante (comparable a los curados manchegos) pero manteniendo el regusto a frutos secos que tiene el queso. El ahumado si que se había perdido, en su mayor parte.
    Evidentemente, tal vez lo de los 2 años es un poco exagerado, pero puede que el queso a 6 meses tuviese bastante interes en probarlo (6 meses son 180 días, me refería a 1 año).

El resto de la comida preparada en el restaurante Mesón do Campo:
Mesón do Campo: boletus edulis a la planchaMesón do Campo: revuelto de grelos

Y el momento importante, el capón como nos lo preparó la cocinera de Mesón do Campo:
Capón al horno relleno de verduras y ternera hecho en El Mesón do Campo

La receta está publicada en el folleto de este la feria del Capón. Pero no me atrevo a transcribirla aquí, para evitar problemas. En cuanto aparezca en la página web de la Cofradía del Capón de Villalba añado el enlace.

¿Y como sabe la carne de capón? La carne de capón sabe fantástica. Es al mismo tiempo tierna y al mismo tiempo muy consistente. Una carne que como tiene bastante grasa presta muy bien para hacerse al horno: queda jugosísima. Realmente merece la pena.

Eso sí, no se para que cuento esto, porque ya ha pasado la feria del capón, y ya no hay ocasión. Bueno, si que hay, se pueden comprar capones todo el año a algunos productores.

Una maravilla y muchas gracias a todo el mundo.

Referencias:

miércoles, 8 de abril de 2009

30 días na vida dun queixo

30 dias da evolución dun queixo Arzúa-UlloaO cadro de enriba amosa a vida do queixo que preparamos o día 7 de marzo cando visitamos a Queixería Arquesán. Cada foto representa o estado en cada un dos 30 días que pasou na casa (os ocos foron días nos que non fixen foto - que foron uns cantos). Pois o queixo botou tan só estivo 30 días na casa (se non lembro mal, na denominación de orixe de Arzúa-Ulloa compren 35 para poder sair ó mercado). Así que cometemos un pequeno infanticidio e levamos o queixo connosco a París, a facer unha cata aproveitando que nos xuntábamos 3/6 de Laconada. (Ademáis a si cumplimos a tradición que nos comentou Nino cos queixos que preparan os nenos que visitan Arquesán: que os queixos que preparaban durante a visita, logo ían de peregrinación por toda Galicia, porque todo mundo tiña que ver 'o queixo que preparara o neno'. No noso caso levamolo á nosa familia parisina).

Antes de comentar o do queixo, falarei un pouco da súa vida. Unha vez chegado a casa, tiven o queixo na neveira. A temperatura da neveira (4-5ºC) é un pouco baixa de máis para a súa curación, pero a temperatura da casa (15-20ºC) era moito peor para o queixo. Así que o fixen pasar frío. Pero coma son un pai moi liberal, polas noites o deixaba andar de troula. Xa que pola noite na casa non facía tanto calor, pois o sacaba da neveira e o deixaba a que se atemperase un pouco. Así polo día pasaba frío, e pola noite tiña unha temperatura máis axeitada para a curación (aqueles días de Marzo no que as noites ainda andaban frías). O tempo do mes atemperou, eu esquencinme algún día de o sacar, e o certo é que xa nos últimos días do mes non o coidei coma debería. Así que se cadra é culpa miña se me saiu un queixo descarriado.

No día da primeira cata resultou ser un queixo bastante bó (sorprendentemente bó pola problemática curación que tivo, que coma expliquei non era a máis adecuada - moi frío na neveira). Tal coma xa comentaran outros 'pais' o queixo estaba salgado (Consuelo non calculou ben por ser unha cantidade de leite á que non está afeita a traballar), pero non tan salgado coma houbera esperado. Me lembrou moito ó queixo feito na casa que teño tomado algunha vez (que debían de pasarse un pouco co sal para axudar á conservación). Pero en xeral me sorprendeu que non houbese quedado tan mal. Eso sí, dinme conta que para facer un bó queixo hai que coidar todo detalle moitísimo (e non me refiro ó do sal).

Incluo aquí as catas que fixeron os outros 'pais' sobre os seus queixos:
Sinto non ter fotos do último día para que se poidera comparar o resultado final ca dos outros queixos. Podo comentar eso sí, que o queixo perdeu bastante volume dende o primeiro día. Pero sobre todo cando me olvidei del na neveira. Non sei se o frío fixo que se compactase máis. En calqueira caso, o interior se parece bastante ó dos outros 'pais'. Se alguén lle chama a atención os cambios de cór do queixo nas fotos, o certo é que si foi cambiando de cor. Os días que o tiña moito na neveira estaba pálido, e logo de telo pola noite fora, tornaba marelo. Por tanto dependendo de se facía a foto pola mañá ou pola noite o tono do queixo cambiaba bastante.

domingo, 8 de marzo de 2009

Hoxe sei algo máis do queixo...

Cuallo de queixo fresco listo para ser prensadoTal coma comentara fai uns cantos días tivemos a honra de ser invitados a un obradoiro sobre a elaboración de queixo Arzúa-Ulloa. A xornada foi fantástica en moitos aspectos (ata o clima aguantou un pouco). Así que veño con ganas de escribir, pero coido que serei breve, porque se ben todo foi positivo, ese día atacoume unha infección nos ollos, e agora mesmo non aguanto moito diante da pantalla.

As veces facer preguntas fai quedar a un como un pouco parvo, pero máis parvo é non preguntar e quedar sen saber. Eu descubrín que sabía menos da fabricación do queixo do que coidaba. Pero espero que agora sepa un pouco máis que antes. Ou debería ter aprendido algo. Porque o arte este de ensinar e aprender é sempre moi complexo. Por moito que Nino se explicase a mil maravillas (e moito, todo é dicilo, que non me vai dicir que non lle gusta falar un rato), se o que escoita non retén ben as cousas sale de ahí con entendementos equivocados. (Así que quen sexa que me corrixa, que a saber que burradas meto agora).
  • O paso inicial e esencial de formar o queixo é a fermentación bacteriana (lactica ou non) a función do cuallo é moito máis simple (darlle solidez).
    Vergonza me da de non ter claro este concepto. Máis que nada porque teño visto facer queixo na casa á miña abóa. O que pasa é que claro, a fermentación no queixo da casa non esta controlada: non se lle bota nada se non que se deixa (tal coma tamén explicou Nino) que as bacterias que trae o leite fagan a fermentación. E claro, coma eu vía que cando se lle botava o cuallo aquelo cambiaba visiblemente, ahí quedei eu fascinado da importancia do cuallo.
  • A fermentación inicial da leite para facer queixo pode deberse tanto a bacterias lácticas (que hai por todos lados, e moitas nos prados: de feito a fermentación da herba ensilada é láctica - outra cousa que non sabía) coma de bacterias colii (que hai sobre todo nas feces). Mentres que as primeiras bacterias danlle ó queixo cualidades que apreciamos, as segundas dan coma resultado cousas que non lle fan ben o queixo: sabor ácedo, aspecto limoso na codia do queixo, buratos e ocos no queixo (non os buratos e ocos no queixo que a todos nos gustan, outros máis desagradables). Ademáis dos peligros que levan de por si as bacterias colii (intoxicacións). Por iso non deixa de ser unha mala idea o da pasteurización do leite para facer queixos. (De feito xa case estou convencido que esto dos queixos de leite crú non ha ser tan bó coma moitas veces pensamos).
  • O leite pasteurizado para fabricar queixos non esta homoxeneizado. De feito non se parece en nada ó leite que mercamos para beber na casa (ogalla se parecese o leite UHT a este leite pasteurizado). Pero sí que hai algunha desventaxa ca pasteurización: unha vez pasteurizada,  desactivase parte do calcio do leite. (Por outro lado, tampouco ha ser tan terrible, porque estou de acordo cos que din que non é bo a obsesión que temos nestes últimos anos de meter calcio de máis en todos lados. Porque ó final, o calcio de máis acaba coma pedras nos riñóns, non nos fai máis fortes). 
  • O leite con máis graxa non fai un mellor queixo (nen un queixo máis graxo tampouco). De feito parte da graxa do leite se vai no callado (coma se vai tamén moita parte da lactosa). Así que o mellor leite para o queixo é o que ten unha cantidade normal de graxa (4% ou así). E o mellor leite sería o que provén de vacas que tomen pasto fresco (porque é naturalmente alto en ácidos Omega-3, sen lle ter que engadir cousas despois). 
  • Contradecindo o primeiro punto, o callado ten a súa importancia, porque permite extraer máis ou menos soro, e por tanto facer un queixo con máis ou menos porcentaxe de materia graxa. (E permite que algún queixeiro espabilado faga un pouquiño máis de queixo ca mesma cantidade de leite inicial, pero non co mesmo gosto final).
  • E tendo que ver co anterior: hai máis diferencias entre o tetilla e o arzúa-ulloa que a forma do queixo. O queixo de tetilla ten un pouco máis de extracto seco no principio. 
  • Que o queixo sexa máis mol non quere dicir que sexa un queixo recén feito. De feito o queixo recen feito é duro (porque acaba de sair dun prensado). E é co paso dos días nos que ese queixo vaise voltando mol. Así que os queixos moles non son recen feitos: é que levan o seu tempo xusto de maduración. Home, con máis tempo claro que se vai poñendo duro, e de feito os queixos maduros son coma un esperaría ben consistentes. 
  • Cando nas tendas vemos os queixos de Arzua-Ulloa envoltos en film transparente, estanlle facendo bastante mal. O queixo gusta de respirar e estes queixos que botan uns días nas tendas envoltos, perden parte das suas características. (De feito, segundo nos comentou Nino a Denominación de Orixe esta a tentar promover unha campaña para evitar este hábito nas tendas e que podamos disfrutar dun queixo nas súas condicións optimas).
  • Se algunha vez vos contan unha historia sobre un queixo especial baixo en lactosa, seguramente vos estén metendo un conto. O queixo de Arzúa-Ulloa e o tetilla son de natural baixos en lactosa. De feito a lactosa vai desaparecendo duranto o proceso de facer o queixo, a fermetación primeiro transforma a lactosa e logo outra parte da lactosa vaise durante o callado e o lavado do callo. Así que o queixo é dixestivo.
  • E finalmente, que non hai unha maneira boa de conservar o queixo na casa. As nosas neveiras estan feitas para conservar os productos a moi baixa temperatura (as queixerías conservan o queixo en cámaras a 8 grados). E nas cociñas modernas fai demasiado calor para o queixo. Así que me parece a min que o mellor ha ser comer o queixo mentras está bo e non gardalo demasiado.
Bueno, finalmente me lancei a escribir un bo rato. Pero bueno, coido que me ha ser mellor descansar un pouco a vista, e deixar máis historias sobre tan interesante xornada que tivemos para outra ocasión. 

Espero que ninguén me zumbe moito por ter escrito tantas obviedades...
  • Se xa sabiades esto, non me poñades un comentario dicindo que xa se sabía, porque non aporta nada.
  • Se escribin algunha burrada, en vez de me insultar, correxideme para que cambie o texto (¡Graciñas!).

martes, 3 de marzo de 2009

Obradoiro de Queixo en Arzúa

Queixo Arzua-Ulloa (de campeonato) da Queixería Arquesán
3-Marzo-2009
Este sábado que ven imos ter a sorte de poder participar nun
obradoiro de preparación de queixo (Arzúa-Ulloa) coma anticipo á (xa ben famosa) Festa do Queixo de Arzúa. Eu teño ben ganas de participar, porque é unha ocasión única para coñecer coma se prepara este tipo de queixo (e ver se son quen de non facelo mal de todo).

Un agradecemento a Marina, Ramón e Rodrigo por ter organizado todo.

Ademáis de queixo a visita a Touro vai server para poder botar unha ollada e (se hai ocasión, e hai para todos) un dente ás Beringelas en Escabeche (que é prato que sempre me gustou un rato, e que agora podo facer xa que hai un video ben instructivo).



9-Marzo-2009
Pois hei de dicir que o obradoiro foi moi entretido, e moi instructivo. Coido que unha actividade interesantísima. Para empezar un agradecemento ós organizadores: Marina, Ramón e Rodrigo (sí, é o mesmo link que enriba, pero é que so lle coñezo páxina web a Rodrigo: ¡¡Por Mis Fogones!!). Espero que a eles tamén lles parecera un éxito e sigan adiante con este tipo de actividades.

Agradecemento extensisimo, con todo tipo de louvanzas para Nino, Consuelo, e toda a súa familia (porque a todos amolamos un pouco). Ainda que espero que pasasen un bó sábado. ¡¡Canta amabilidade para nos acoller a uns completos descoñecidos!! Tamén agradecementos miles a todos os outros asistentes que non eran específicamente blogastrónomos (blogastrónomos somos todos).

Para aqueles con curiosidade do que sucedeu en Murgás:

Taller de elaboración de quesos

Taller de elaboración de quesos: cuajando leche y filosofía

Obradoiro de Queso de Arzúa-Ulloa.

E podedes ir seguindo os sucesos da xornada conforme vaian aparecendo videos en Por Mis Fogones:
(Máis que seguiran aparecendo, seguide visitando a páxina)

sábado, 17 de mayo de 2008

Mucho queso ¡fresco!

mel i matóEl otro día mientras estaba tomando este mató con miel (mel e mató) me surgió la inspiración para escribir sobre todos esta tremenda variedad de variedades del queso fresco. Y tambien para que escribais todos los que querais, porque cualquier comentario o corrección pues tambien pasará a formar parte de este post.

Para darle un toque original pues voy a fijarme en los diferentes tipos y familiares de los quesos frescos no tanto por el sabor si no por sus texturas. Poque una de las cosas que para mi hace especial estos quesos es aparte de su sabor, esa sensación táctil al tomarla.
  • Con una textura consistente y al mismo tiempo granulosa (un grano muy fino) el muy típico y peculiar túró húngaro. Aparte de servir como ingrediente fundamental para muchos platos como los Túrós Batyu o las famosas chocolatinas Túró Rudi. Pero a mi me gusta simplemente como relleno de unos palacsinta.
  • Si bien muchos consideran al anterior un tipo de quark, yo les encuentro demasiadas diferencias. Existe tanto quark muy cremoso (el que venden en España Nestlé o Danone) o uno consistente y grumoso al mismo tiempo (el que suelen vender en Alemania). Imagino que el segundo es el más respetuoso con la receta original.
  • Similar a esta segunda textura parece ser el mató catalán, que me gustó mucho siempre que lo he probado.
  • Y en cambio cremosos son los requeixos gallegos, o al menos los que yo he probado.
  • La textura más peculiar y que me es tremendamente desagradable (no me gusta nada) es la del cottage cheese anglosajón. Tiene muchísimos grumos, de hecho hasta lo suelen vender por el calibre del grumo. Al menos a mi me es tremendamente desagradable el tacto al comerlo. Pero bueno, sus aficionados tendrá...

... pues no he tardado nada en tener que corregir todo, porque