miércoles, 6 de diciembre de 2023

Albanta, o peixe á brasa e pasear...

 

 Levaba tiempo querendo pasar polo Asador Albanta en Figueirido... e vaia, fun dar alí que casualidade.  O de que levaba tempo querendo ir, é porque soupera que en Albanta fan peixe á brasa estilo Getaria. E o de que caín de casualidade é que estaba andando de Vigo a Pontevedra (poñendome en forma cara o Camiño de Inverno), estaban pasando as horas e vía que non ía dar chegado a boa hora para comer en Pontevedra: saquei o Google Maps para ver que había perto do Camiño Portugués, e ¡estaba o Albanta a 5 km!

Supoño que xa escoitarades falar dos peixes á brasa estilo Guetaria (o seu exemplo máis famoso e Elkano). Eu sabía de eles, pero co paso do tempo fun dándome conta que trátase dun estilo moi peculiar e que case en nengún outro sitio fan. Así que tiña a opción de ir a Getaria (quédame un tanto lonxe) ou ir a un dos 3 ou 4 sitios onde se atreven a facer o rodaballo ou linguado a este estilo. E mira, hai uns meses soupen que Albanta ten na súa carta o rodaballo estilo Getaria. 

Albanta esta perto de Pontevedra, na estrada entre Pontevedra e Redondela, no concello de Vilaboa. É uha casa grande de pedra, con parking para que non teñades problemas de ir co coche e un xardín moi xeitoso para pasear logo do xantar. 

Pois nada alí cheguei eu, bastante sudoroso, cas pernas ben cansadas e cunha fame de lobo. E preguntei se había rodaballo, e había. O peixe a brasa non se pide por prato se non por unidade, e neste caso un dos rodaballos que había daba para dúas persoas. Eu dixen, que non hai problema: que traía fame coma dúas persoas. 😅

A carta de viños esta ben preparada para a ocasión. Teñen cousas moi interesantes, galegas, coma nacionais. E os prezos non me pareceron nada esaxerados. Eu tirei a unha bóa peza que tiña que ir tremendo co peixe (ainda non sendo da beiramar): o Campo de Pruebas 2018 de Quinta da Muradela (Albariño de Monterrei). 


Coma ía tomar dúas racións de rodaballo pedin un entrande lixeiro, unha ostra con touciño de porco ibérico... pero a ostra non era pequena eh. Moi ben por esa ostra e ese entrante. A combinación de ostra e touciño morno era delicia! 


E logo xa viu o momento esperado... o Rodaballo, que traen á mesa enteiriño e abren e separan en partes ahí diante túa. 




E vale, logo de tanta volta para pode probar este rodaballo... gustoume? Pois moito. a carne do peixe queda tenra e suculenta. Pero o máis interesante é que pola maneira de cociñalo nunha xaula na brasa, e que a pel vai enteira e queda moi crocante e sabrosa (os dous lados do peixe, porque nos peixes planos hai unha parte escura que é máis finiña, e outra branca da parte de embaixo que é máis graxa). Do rodaballo este disfrutase todo: a carne, o pelexo, as espiñas, a cabeza ... Quedei ben contento. 

E logo de postre, pois outra opción feita ó lume: flan da casa. Delicioso! 

Logo tomando o café tiven ocasión de falar un ratiño con quen leva o restaurante, e explicoume que o restaurante de Albanta naceu ca idea de cociñar todo á brasa. No tema das carnes, pois xa tiñan moita experiencia. Pero querían tamén ter pratos de peixe, e fixeron por aprender o estilo de Guetaria (para o peixe plano) e de Orio (para a casteñeta encarnada). E que claro, tiveron que facer moitos intentos aque que lle deron o punto. (E ben que mereceu a pena). 


Por certo para os que teñades curiosidade coma min do choio do "estilo Getaria" e do "estilo Orio", estiven mirando e aquí van dous videos:

Aquí lexendario Aitor Arregui (ex-fubolista e maestro nas brasas) do mesmiño Elkano, explicando todo o seu saber sobre o tema da preparación do rodaballo:  


 E este outro un tanto máis longo (podedes saltar a primeira parte na que se fala das traiñeiras), no que Jose Miguel Zendoia da adega (e restaurante) Katxiña explica coma preparan o besugo (que además de cociñarse diferente, leva un rustido): 

Asador Albanta

Dirección: Lugar de Balteiro, nº 47, 36140 Balteiro, Pontevedra
Teléfono: 986 04 59 95