Mostrando entradas con la etiqueta santiago. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta santiago. Mostrar todas las entradas

jueves, 8 de agosto de 2019

Restaurante "A Tafona Casa de Xantar"

A Tafona (o restaurante que está no hotel A Tafona, en Santiago), xa leva unha certa cantidad de anos en funcionamiento (vexase esta crítica do 2010). Eu nunca tivera ocasión de acudir en todos estes anos, pero hai uns meses quedamos un grupo de amigos e xa houbo a ocasión de visitalo. 

Ademáis foi moi oportuno, porque xusto este ano o restaurante gañou a súa Estrela Michelin (pero non foi esa a razón pola que o visitamos, foi unha coincidencia). 

Pois comparto unhas cantas fotos para que vos fagades unha idea coma é o menú do restaurante. O menú que nos tomamos é o que chaman "MENÚ PRAZA DE ABASTOS". Que inclue 6 snaks, e logo 6 platos. 


Os Snacks



Os snacks que poidemos probar foron: 
  • "Airbag" de tomate con papada de ibérico  
  • Un bocadiño de muxo marinado con ponzu sobre limón (o limón non se comía, pero era para dar un toque ácedo cando chuchabas para tomar o peixe)
  • Croqueta de congrio
  • Escuma con sardiña
  • Canutiños de salsa de pementa vermella
  • A súa versión da empanada: unha empanada en en forma de esfera inflada de masa que había que tomar dun bocado. 

Os Pratos

Este era de peixe (listado) presentado con reducción de encurtidos.


Zanahorias, coco, ponzu e falso caviar de vinagre

Calabacín, esparrago, sardiña afumada, ajoblanco

(Hai 2 platos dos que non fixen foto, así que vou a usar as que fixo o amigo Foucellas)



Sanmartiño, cama tuberculos, chicharos, salsa meunière de manteiga afumada


Presa iberica, pera e bouquet de anisados


(Iste é o pre-postre, non esta incluido entre os 6 pratos - é un agasallo que se inclue no menú)
Mouse de ponzu, sopa de manzana con hierbas



Postre de mango Alphonso

Sobre este punto quero comentar, que o mango Alphonso é unha variedade de mango. E é considerada a variedade máis sofisticada dos mangos. Sobre to tema da fruta tiñamos que darlle un pouco máis de importancia, porque se todos nos preocupamos de se o peixe e dunha ou de outra especie, ou de se o marisco é de un sitio ou de outro, e sabemos todos que o sabor cambia moito con estas cousiñas... pois no mundo da fruta hai tantas ou máis diferencias. Por exemplo o mundo das variedades dos mangos é xigantesca (Hai moitas máis ca ese mango verde/vermello que vedes nos supermecados - ese que vedes pasa coma cos plátanos, é o que venden aquí porque é o que aguanta as viaxes. E de feito a min non me gusta nada ese mango que venden, e por contra si me gustan outras especies). 


Por suposto, cos cafés tamén nos trouxeron petit-fours, e estaban tremendos:



Os viños

E en canto ós viños, estivemos moi equitativos: 4 viños de 4 denonimacións de orixe diferentes.
  • Un Valdeorras: Audacia (branco)
  • Un Rías Baixas: Nicolás Tricó (branco)
  • Un Monterrei: Couto Mixto (branco)
  • Un Ribeiro: Chanselus (tinto)
Todos viños bastante peculiares porque son bodegas e proxectos peculiares e algo minoritarios.
Pero tal vez por iso é interesante acudir a restaurantes coma A Tafona: tamén por poder coñecer este tipo de viños.


sábado, 13 de julio de 2019

Comovino: viños e comida na zona vella de Santiago

O outro día coñecín Comovino, que está no centro de Santiago (na rúa do Vilar) e gustoume moito. O centro de Santiago tenme moi desencantado porque cada vez está máis turístico, pero Comovino non vai nese estilo se non que funciona máis para clientela picheleira. Só por iso, merece a pena.

E principalmente un lugar de viños, e en canto a viños ten moito e moi variado. Ten os clásicos galegos albariños, ribeiros, godellos e mencías ... pero non os típicos ou tópicos, se non de adegas e etiquetas máis orixinais e inusuais. E se tedes amigos de riverita/riojita, tamén podedes levalos, porque tamén teñen viños para eles.

Para os que teñades curiosidade polo viño francés, é un lugar a visitar: teñen moito viño francés, e cada semana teñen un viño francés diferente a copas.

Pero non só é un lugar para tomar viños, teñen cociña e moi bóa cociña. Todo é dispoñible a racións así que podedes ir e compartir cos outros comensais. Tamén é moi bóa opción para cear.


Por exemplo estes son unhas ameixas de carril con salsa de tendóns (mar e monte) cun chisquiño de chipotle. Estaban macanudas e a salsa estaba de mollar:



Tamén lles probamos unhas tostas de queixo (o Galesano) con trufa blanca:

Continuando co choio maritimo, pois un clásico: chipirón á plancha. Isto gusta sempre.


E para rematar outra pequena xoia que merece a pena ir a probar. Isto é costela de vaca premium, afinada 60 días. Prepararona a baixa temperatura durante moitas horas e logo deronlle un toque de brasa antes de servir. Unha chulada.


(De feito, que teñan Vaca Premium no menú coma ración xa é xustificación para ir, porque non hai tantos restaurantes que a ofrezan, e esta moi ben a opción de probala coma ración).


Viñoteca ComoVino https://www.facebook.com/comovinosantiago/
Rúa do Vilar 47
Santiago de Compostela




E coma non nos ha gustar a cociña de Comovino que ten unha ración de panceta... ¡¡Viva a panceta!!

miércoles, 7 de diciembre de 2011

Restaurante Acio: mimá ca pescada

(Non vos son de Santiago, así que entendede algún pequeno despiste no que diga a continuación). De tando gañar o concurso de Santiago e-Tapas eu tiña idea de que o Acio era un sitio enfocado a racións e tapas boísimas ... Pois hai tapas e racións, pero sobre todo é un restaurante, un restauranzazo.

O meu primeiro contacto co Acio foi memorable: tratábase dunha merluza de con puré de patacas pilpil ou algo así e salsa de grelos. En algún lado lin,  dun francés que dicía que había que valor un restaurante pola calidade do seu puré de pataca: un plato sinxelo permite ver de maneira máis obvia os defectos do cociñeiro. Iago Castrillón pasaría a proba do puré de pataca: boísimo (especialmente porque non se lle notaban o leite ou a manteiga: teño que admitir que a min gostame o puré de pataca que sepa a pataca e non a lacteos).

E vaiseme poñer celosa aquel lomo de merluza: enorme. Enorme polo grande que era (hai algunha xente que segue a pensar que a cociña moderna vai de racións raquíticas en pratos grandes: non tal, vai de producto perfecto, e racións axeitadas e preparadas no seu punto), e enorme polo punto fantástico da cocción, e enorme pola calidade do peixe en sí, fresquísimo e cun saborazo.

(De todo o plato, a salsa de grelos sí que quedaba un pouco insípida, pero: non importa nada. Un platazo lexendario)

A destacar:
  • a sala moi acolledora, pequena, e o boísimo trato do servicio
  • o pan (semella que o fan eles mesmos): bestial
  • calidade de peixe e punto de cocción
Pois un plato de peixe, máis pan, máis auga, máis un café e un Vermut Melquíades.... por menos de 25€. (A algún pareceralle se cadra caro, pero xa digo, peixe desta calidade e feito con este xeito paga máis cunha parrillada de marisco dese conxelado ou un arroz con bogavante trapalleiro que moita xente pagaría máis. Bah, paso de xustificar que a bóa comida non é cara, mentras que a mala sempre é cara)


Restaurante Acio Comedor
Comedor do Resturante Acio, por Naddock

Restaurante Acio (http://www.acio.es/)
calle Galeras, 28
Santiago de Compostela
telefono: +34 981 57 70 03

domingo, 27 de noviembre de 2011

A homenaxe cunqueirana, en imaxes

Xa vos anunciara o que viña (Cunqueiro e a gastronomía galega: unha homenaxe) , xa o contaron na prensa (Reivindican el realismo culinario en la narrativa de Cunqueiro), pero.... a que apetecen as fotos da comida?


Non quero menos falar da fantástica cata de viños galegos rememorando ás castes e estilos que tiñan os viños tal coma os coñeceu e prestixiou Cunqueiro. Unha cata fantástica que organizaron Antonio Portela e Manuel Gago. 


Aperitivo:


Capón con verduriñas, ó aroma de figueira (coma non había figos nesta época, o que fixo o moi enxeñoso Iago Castrillón foi usar fume de ramas de figueira). ¡¡Triunfazo!!


Xantanza:
(en Restaurante Pedro Roca)

Neste caso hai que destacar, para que digan logo de problemas de egos e cousas de estas, que colaboraron 5 cociñeiros: Pedro Roca, Marcelo Tejedor, Flavio Morganti y Chef Rivera . Pareceme un detallazo, tanto en honra de Cunqueiro, coma para a nosa sorte: un non ten oportunidade de disfrutar dunha colaboración de tantos quilates.


Lacón trufado con ovo fiado:
 Cantas lembranzas ten este prato: na miña familia hai tradición de facer nas festas este lacón prensado. O que si que non o acompañábaos con esta fantástica trufa (mirades que grande e fermosa é). E que pasou co ovo fiado, que xa non se ve por ningures? Prato para se sentir coma un gran señor de fai 100 anos.


Ostras en escabeche (con setas)

Outro plato fantástico de seculos pasados que xa case que perdeu. Eu xa só tiña lido referencias ás ostras escabechadas (agora xa só se estilan á maneira francesa). Dígovolo claramente: ogalla retornase este vello hábito (tanta historia ca ostra crua, nen que cociñala lixeiramente a estragase, que vá)



Bertóns recheos de salpicón de centola
Non vou insistir en que eu non vos sou de marisco, pero estaba excelente. O que quedei epatado foi co punto de cocción e a calidade desta berza. Unha das cousas que máis me impresiona dun cociñeiro (un aplauso Pedro) é o punto que lle dan á verdura.


Ancas de rá en preve verde
Pensábades que a cociña cunqueirana era previsible? Pois non, tamén disfrutamos con platos tan lixeiramente exóticos coma puramente galegos (con tanto río coma temos, coma non imos ter rás) coma estas ancas fritidas. (A algún deulle un certo repelús, que lle imos facer!)


Risotto de vaca vella 

Non hai foto!! Coma que non hai foto? Pois porque lanceime de tal maneira a xantar, que cando me din conta xa non quedaba nada. (Flavio, maior éxito ca ese non hai, conseguir que esqueza sacar foto)



Perdiz ao Espeto
Increíble, mira que sempren din que a caza é correuda, ou que ten sabores moi fortes, estas perdices que viñan ainda sanguinolentas eran tenriñas e sabrosísimas (e certificadamente de caza, que tiven un perdigonciño). Por certo, para todos os amantes da caza, non esquezades que en Chef Rivera están actualmente ca súa tempada de caza, e mellor sitio non vos hai. 




Requeixo con Mel
Tarta de Mondoñedo
Do requeixo, non hai postre tan sinxelo e tan fantástico, pero sen que lle pareza mal a tan bo postre, non podo menos que quedar alucinado ca reinterpretación que fixo Pedro Roca da tarta de Mondoñedo. Acolloante, un postrazo que confío que manteña no menú.

Melindres
Non esquezamos esas maus de Marcelo Tejedor, que fixo unhas rosquillazas/melindres. Cousiñas tan bóas, porque un só as pode tomar en ocasións especiais?  Mil gracias Marcelo!!


Contado con máis arte e mellores fotos: