Boa experiencia facer coñecer ós visitantes algo tan tradicional de Vigo coma a comida da xente dos asteleiros. O Novo Astillero (e outros bares e restaurantes de ese rumbo) levan anos dando comida e acollida ós traballadores do naval.
¿Como acabamos ahí? Pois foi un pouco imprevisto, pero non improvisado. O afillado desembarcaba en Bouzas á hora do xantar e eu inmediatamente pensei que se viña con fam3 e tiñamos apuro, os bares dos asteleiros eran o adecuado.
Atención profesionales, ises dous cachazos de bocadillo forman un “medio bocata”. Se pedides o bocadillo enteiro tedes que ir con moita fame. Probámoslle o de filete, o de bacon con queixo (a destacar que o bacon ben torradiño, un must) e o de xamón asado. E chegamos no bó momento, porque en 10 minutos aquelo echeu de rapazolos ben fortes na pausa do bocadillo. Ambientazo e moi bóa papanza.
A ver non imos entrar na parida esa dos tops de sitios, pero por moitas razóns (e os bocadillos e o trato unha de elas), o Novo Astillero é un dos sitios de Bouzas que hai que ir algunha vez.






No hay comentarios:
Publicar un comentario