Aquí en Laconada somos moito dos caramelos de esta marca. Ademáis non sei ben coma funciona a serendipia, pero veño de descubrir que Iago tamén merca de seguido os Ricola. Coma é que nos deu por iso ó mesmo tempo? Serendipia?
E por un momento pensei que algo pasar co "sabor original", porque tiven que ir a 5 tendas e en todas a parte onde debían estar esaba baleiro. Finalmente, din cunha tenda que tiña. Tampouco vou crear nengunha alarma. Seguramente non hai desabastecemento ... só que a xente é o que máis merca. ¿É así?Eu coñezo esta marca dende hai moito tempo. Pero non debía ser moi popular en España nos anos 80, porque lembro que cando pasei por primeira vez a Suiza (polo 88) trouxen unha bolsa de istas porque fíxoseme curiosa (e moi típica). O meu novo interés (de hai 2 anos) viu de saber que os caramelos Ricola son os elexidos pola Elbphilharmonie de Hamburgo para evitar que a xente tusa durante as obras, pero tamén porque o seu papel non fai ruido!
E xa rematar comentando que nisto dos caramelos eu tamén vos sou dende fai tempo dos Fisherman's Friends. Pero istes xa son outro choio, moi máis hard rock. Teñen un sabor forte, pero o certo é que despexan que meten medo (e ata levan capsicina, así que poderíanse considerar picantes e tal). E cara outro extremo (pero tamén con sabor intenso e que moita xente odia), gosto moito dos regalices, especialmente dos italianos. Os Amarelli de Rossano, ou por exemplo estes Ebro que fan en Barcelona e que manteñen un pouco a tradición da época. De feito vexo que de sempre en Laconada tivemos moito interés polo tema dos caramelos coma aquí no 2009: Minty Mints


No hay comentarios:
Publicar un comentario