Antes de cociñar e por suposto antes de comer, hai que conseguir o producto. Por iso é tan importante o traballo de toda esta xente que cultiva, mantén ou consegue os ingredientes que fan a comida. Por iso cando tiven a ocasión que os da
Cooperativa O Val en Narón invitaronme, apeteceume moitísimo.
Todo isto tivo lugar no
Tapas & Blogs: Conociendo el “Pemento do Couto” y el “Tomate Negro de Santiago”. Moitas gracias ós organizadores de Tapas & Blogs por ternos invitado, e máis ainda ós da Cooperativa, por ternos acollido tan ben.
De todas formas, xa aviso anticipadamente, que o traballo no campo e o cultivo de productos non é algo especialmente excitante (pero sí moi necesario e fundamental), así que non quero queixas de se é aburrido.
O Pemento do Couto
O Pemento do Couto, é un pementiño pequeno, verde, que se adoita a tomar frito (pero poderíase utilizar para outras receitas). Polo dito ata agora podedes estar pensando en que é o mesmo ca outro pemento de caracteristicas similares dunha vila de perto de Santiago. Pero o Pemento do Couto non é o mesmo, ten a súa pequena historia.
A historia comenza en México, pero iso xa é ir moi atrás no tempo e lonxe no espacio. A historia galega comenza no
Mosteiro de San Martiño de Xuvia ou Mosteiro do Couto. (Porque está nun sitio que chaman Couto). Pois eso, que este mosteiro, coma tiña relación con outros mosteiros da mesma orde en México, recibira sementes de pementos (ou chiles, coma prefirades), que sementaban na horta. E así estiveron aquí uns cantos anos, adaptandose ó clima galego.
A segunda parte da historia comenza nesta cociña, e ten que ver con
Frei Martín Sarmiento. Resulta que veu de visita por Xuvia, e estivo no mosteiro. Unha noite fixeron unha moi bóa cea (tomaron unha folla de bacallau enteira, co seu acompañamento). Na cea había pementos do mosteiro, e a Martín Sarmento picaronlle a dor, e quedou moi disgustado. (Nota, en aquel momento os pementos que tiñan no mosteiro eran ainda dos que "uns pican e outros non", e neste caso sairon picantes).
O prior do mosteiro quedou tan preocupado polo feito, que botou anos a cruzar e escoller as variedades que menos picaban. Ó final conseguiu que os pementos que antes picaban cando lles daba, xa non picaran nunca. Era o mesmo pemento que antes, pero sen picante.
E 10 anos despois voltou Martín Sarmiento e voltaron a poñerlle pementos, e desta vez non picaron.
Esta é a lenda, e abofé que é bóa lenda. Tedes máis información e moito mellor explicada na web da
DOC Pemento do Couto.
Ah, nun detalle encantador, cando chegamos a visitar o mosteiro, estabannos esperando cuns pementos fritos para lles meter o dente. Que mellor sitio ca o mosteiro para tomar Pementos do Couto!
Así que, sexa por unha razón ou por outra, o certo é que no Mosteiro do Couto conseguiron unha variedade de pementos que non picaban. Pasaron os séculos, chegou a desamortización o mosteiro foi abandonado...
... e o cultivo destes pementos mantivose porque uns cantos viciños coidaron a semente e seguiron cultivandoo para si, e en algún caso, vender en Ferrol.
De todas formas coma pasou en Galicia con moitas castes e sementes, tiñan o risco de desaparecer (sen ir máis lonxe, por voltar a cruzarse con outras variedades que sí son picantes). Neste caso, houbo a sorte que había unha Cooperativa en Narón, e esforzouse en extender o cultivo de esta variedade. E sobre todo, facela coñecida e distribuila para que poidese chegar a máis mercado e non quedar só coñecida en Ferrol.
A parte do cultivo do pemento é moi prosaica, pero é que ten que ser así. Os pementos cultivanse baixo invernadoiro, para controlar un pouco máis a producción e evitar problemas climatolóxicos. (Pero iso sí, non en invernadoiros pechados, se non aireados).
Coma curiosidade, os Pementos do Couto, ainda que se parecen en case todo a moitas das outras variedades, seica teñen unha cousa curiosa, que o froito crece cara arriba. (En outros pementos, o pedunculo ese é torto e maduran cara embaixo).
Tomate Negro de Santiago
¿Porqué De Santiago? A ver, a xente da Cooperativa de O Val quería complementar o cultivo do pemento con outras variedades. Entón estiveron en contacto co
Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, para localizar variedades galegas de tomate. A ver, esto parece algo moi fácil, buscar as variedades que está sementando a xente nas fincas e tal, pero, non é tan fácil, porque hoxendía xa case todo o mundo usa a semente mercada na tenda ou variedades de fora.
Entre todas as variedades que tiña identificado e gardado o centro de Mabegondo, escolleuse unha chamada "tomate negro de Santiago" ¿Porqué "de Santiago"? Pois porque onde primeiro localizaran esta semente fora nun lugar de Santiago (o cal non quere dicir que non a houbera en máis sitios).
Antes de que comencemos ca típica historia de
"tomates como los de antes" que resultou ser unha milonga para vendernos variedades novas de tomates que lles viñan ben ós que cultivaban nos invernadoiros porque aguantaban ben as pestes que tiñan coma o RAF ou os kumato estes....
Neste caso canda menos o tomate é unha variedade existente e tradicional. Ademáis ten caracteristicas moi salientables: ten moita carne, é moi terniño e ten un bó punto de dozura. O maior problema que ten non é de sabor: o froito é moi sensible e hai que terlle moito coidado, por iso vendese en caixas de plástico pechadas, porque non aguantaría o trato que teñen outros tipos de tomate.
E por suposto, ainda que a tempada estaba ainda comenzando, poidemos probar os tomates recén collidos da planta. E saben tan ben coma din.
Tal coma dixera, a tempada ainda estaba comenzado (esto foi a comezos de Xullo). E coma podedes ver ainda moitos estaban ainda sen madurar. Estes 2 últimos meses estiveron chegando ó consumidor.
Este é o primeiro dos posts sobre esta visita. Porque ademáis de aprender de onde veñen estas dúas variedades e ver coma se cultivan, tivemos ocasión de probalos e ver coma se poden combinar ca cociña ben interesante de
Casa Pendás, tamén en Narón. Proximamente, máis.